Aprendendo a gozar do tenis de mesa
En marcha está o novo Club Vimianzo Tenis de mesa, e para poñerse a andar realizou un completo Campus Deportivo. Participan 19 rapaces e 1 nena entre 8 e 16 anos procedentes dos concellos de Cabana de Bergantiños, Mazaricos, Zas e Vimianzo. Todos puideron desfrutar de varios deportes dirixidos por monitores e adestadores cualificados e que lles fixeron chegar as bondades de outros deportes. Incluso no último día contamos coa presenza dun xogador profesional e en activo de tenis de mesa, o nixeriano Ahmed Kazeem, que xa leva 12 anos en España dedicándose profesionalmente a este deporte e nos que recorreu Cataluña, Pais Vasco e actualmente en Galicia. Kazeem adestrou cos rapaces toda a maña do venres e demostrounos o moito que nos queda poor aprender e quedou satisfeito polas gañas de facelo por parte dos rapaces.
Todos os participantes recibiron un diploma do campus e en todos os deportes houbo competicións nas que os mellores levaron a medalla correspondente. Dende o Vimianzo Tenis de Mesa queren agradecer ao Concello de Vimianzo o apoio prestado así como a o clubs ACB Costa da Morte e AD Zas pola súa colaboración nas actividades.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).