Venres. 19.04.2024
El tiempo

Arliña lucíu un mostacho en favor da loita contra cancro de próstata

Arliña lucíu un mostacho en favor da loita contra cancro de próstata
Mostacho polo cancro de Prostata en Arlina

O “Jalo-vén” de Muxía viu marcado por fines solidarios. A activa directiva muxiá artellou un fermoso partido solidario co gallo da ponte dos Defuntos, e o fixo facendo un partido no que os xogadores luciron un mostacho en favor da loita contra o cáncer de próstata.

Un equipo muxián formado por 21 ex xogadores, veteranos, corpo técnico, “torcebotas” varios e adestradores disputaron un vivido partido contra os Veteranos do Soneira SD. Un cento de persoas achegáronse ao Novo Arliña a ver o espectáculo, todo un éxito dadas as condicións meteorolóxicas da fin de semana.

Ao final, 3-3 no marcador, pero máis importante é que se recadaron uns cartiños para apoiar Asociación Española contra o Cancro. Unha cita que se poderá repetirá cun partido de volta (o "Jalo-volve") e que servíu para medir as posibilidades de que o cadro muxián se poña a facer un equipo de Veteranos.

Os xogadores muxiáns foron: Antonio do Claudio, Ángel do Claudio, Alberto do Feso, Manel Municipal, Roger, Miguel Lajińo, Manel Sánchez, Yuni, Yiro, Trillo, Chori, Miguel Nioco, Camarón, Danieliño, Man, Breo, Jose Vilela, Jonathan, Manolo Romaní, Santiajo de Susa, Álvaro do Coral e Santi Papi.

Do Soneira formaron Cosco, Antelo, Mauro, Mauri, Costa, Toño Atlántico, Chocolate, Yordi, Chema, Mario e Jose Figueroa.

 

Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios