Arranca en Irún a Copa de España de Slalom con 6 piragüistas dumbrieses
Irún volve a ser o punto de inicio da Copa de España de Slalom. O Campo de Slalom de San Miguel, en Irún volve a acoller a proba inaugural da Copa de España de Slalom. O río Bidasoa volve a ser excenario tres anos máis tarde dunha competición da Copa de España. E alí estará unha expedición da Costa da Morte.
O CDM Piragüismo Dumbría acude a esta competición un pouco para ver onde están os seus palistas a nivel nacional, despois de que nas competicións autonómicas e test de pretemporada os resultados aínda que os resultados fosen manifestamente mellorables, indicaban que se estaba traballando no bo camiño.
Tamén hai que ter en conta que este ano debido á disputa dos Xogos Olimpicos a tempada é máis larga do habitual pechándose o 15 de Agosto coa disputa dos Campionatos de España de Slalom en Ponts.
O Equipo enviado polo CDM Dumbría está formado por Aarón Núñez no K1 Senior, Andrea Pérez no K1 Xuvenil, Marco Oreiro no C1 Cadete, Laura Antelo no K1 Femenino, e Iago Canosa e Xabier Trigo no K1 Cadete masculino.
O Piragüismo Dumbría xa en twitter
Co inicio da competición a nivel estatal, coa disputa da primeira competición da Copa de España de Slalom en Irún (Guipuzcoa) o CDM Piraguismo Dumbría acaba de crear unha conta de Twitter @PiraguismoD coa que pretende ter informados a tódolos seus seguidores en tempo real do seu desempeño nas competicións, ademais das diversas novas que xurdan no seu día a día.
Máis información
Novas relacionadas
- Dumbría acollerá dúas probas nacionais de piragüismo.
- Dúas medallas en casa para rematar un gran ano de piragüismo.
- O CDM Piragüismo Dumbría estrea páxina web.
- Unha nova Ruta BTT en Dumbría con personalidades para seguir promocionando o ciclismo.
- A chegada ao Mirador do Ézaro non será a última vez que se faga.
- As rampas do Mirador do Ézaro agardan a invasión do pelotón.
- Máis de 170 embarcacións tinguiron de branco a ría de Corcubión.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do Concello de Dumbría.