Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Arrincou con esperanza o proxecto dos equipo feminino dos Miúdos

Arrincou con esperanza o proxecto dos equipo feminino dos Miúdos
11 bravas uníronse en Muros á primeira chamada do equipo feminino dos Miúdos, que contou co apoio do Depor ABANCA 11 bravas uníronse en Muros á primeira chamada do equipo feminino dos Miúdos, que contou co apoio do Depor ABANCA

Co esperanzador anuncio da FGF de apostar por unha Copa da Costa Feminina, comeza na bisbarra o primeiro proxecto de fútbol 11 feminino. Se ben xa sabemos que a Costa é toda unha potencia en materia de Fútbol Sala Feminino, e que xa está en marcha o Combinado feminino da Costa, é a familia de Os Miúdos a que se lanza por un equipo feminino de F11.

Os Miudos de Futbol feminino conta co apoio do Concello de Muros Os Miúdos de Fútbol feminino conta co apoio do Concello de Muros

Esta pasada fin de semana foi a posta de longo. Houbo unha presentación no Concello, na que contaron coa colaboración municipal, e coa xente do Depor ABANCA. “Teño que destacar a cercanía e a profesionalidade da xente do Depor ABANCA, Manu Sánchez, Miriam e Alba Rodríguez, que estiveron como si do seu propio equipo se tratara... un luxo para nós”, recoñecía Fran Figueroa, un dos seus promotores.

Pola tarde, tocou estrear o céspede do Eleuterio Balayo. Para algunha das 11 bravas que acodiron a esta primeira chamada era a primeira vez que calzaban as botas de tacos, pero as gañas por xogar sobre o verde poden superar calquera obstáculo.

Parece ademais que hai unha boa base para ter un equipo compensado, e xa están pensando na vindeira cita do sábado 8 no campo de Agra da Filgueira de Louro, onde agardan que o boca a boca provoque que sexan máis rapazas as que se unan a este proxecto. A última fase desta primeira fornada de sesións será o sábado 15 no Xosé Luís Vara de Esteiro, e a este ritmo semella que xa poderán facer un partido de 11 contra 11.

Toca tamén comezar a buscar apoios dos concellos da contorna e dos negocios, pero esta fermosa aposta por un fútbol feminino en imparable crecemento fai ser máis que optimistas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios