Martes. 15.10.2024
El tiempo

As cadetes do ACB manteñen a boa liña e os Sénior case dan a sorpresa

As cadetes do ACB manteñen a boa liña e os Sénior case dan a sorpresa
Os senior do ACB estiveron a piques de dar a sorpresa-Foto- Jorge Parri ES Bazarra patrocina da crónica da Liga da Costa - Coñece as nosas ofertas en www.bazarra.com

Esta pasada fin de semana os equipos da familia do baloncesto costero tiña completa xornada. Os dous equipos de cadetes e senior, deixando tan só unha vitoria, a das cadetes, que seguen coa súa boa xeira. Os sénior estiveron a piques de dar a campanada ante o 5º, pero caeron no último segundo.

3ª División Sénior Masculina, 14ª Xornada

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE - ENSANCHE (67-69).
  • Parciais: 20-14; 12-14; 18-22; 17-19 (Acumulado: 20-14; 32-28; 50-50; 67-69)
  • ACB COSTA DA MORTE: Iván, 6 ptos; Deril, 17 ptos (1tripla); Fabián, 14 ptos; Manuel, 3 ptos (1tripla); Tinín, 16 ptos (1tripla)– quinteto inicial - ; José, 11 ptos (2 triplas); Sergio, 0 ptos.

Segue mellorando o equipo de Cee, e neste partido a punto estivo de dar a sorpresa sobre o quinto clasificado (empatado co terceiro a vitorias)
Partido emocionante, cun inicio de partido moi bo dos de Cee. Foron capaces de manterse por diante no marcador case todo o partido ata que a falta de dous minutos o equipo de Santiago foi capaz de poñerse por diante. A falta de 5 segundos para o remate do partido, os de Cee conseguían empatar o encontro, pero neses 5 segundos finais os visitantes foron quen de conseguir a canastra sobre o pitido final que lles dou a vitoria.

2ª División Sénior Feminina, 13ª Xornada

  • Resultado: PULPALIA - E.S. BAZARRA, S.L. ACB COSTA DA MORTE: (54-45).
  • Parciais: 15-10; 9-15; 15-8; 15-12) (Acumulado: 15-10; 24-25; 39-33; 54-45)
  • E.S.BAZARRA ACB COSTA DA MORTE: Goretti, Yaiza, Fani, Esther, Andrea– quinteto inicial –; Sandra, Melissa, Lidia, Iria.

Partido moi ben xogado polas rapazas do ES Bazarra, pero que no inicio do último cuarto, con malas eleccións en ataque permitiron que as xogadoras de Lugo foranse os 14 puntos, e a pesar de seguir ben na defensa os fallos no ataque non lles permitiu ter opción a vitoria, caendo por 9 puntos.

2ª División Cadete Masculino, 12ª Xornada

  • Resultado: SANTO DOMINGO DE BETANZOS - ACB COSTA DA MORTE: (93-13).
  • Parciais: (24-5; 25-2; 26-4; 18-2) (Acumulado: 24-5; 29-7; 75-11; 93-13)
  • ACB COSTA DA MORTE: Felipe, 4 ptos; Cristian Marcote, 3 ptos; Dani, 0 ptos; Nando, 0 ptos; Pedro, 6 ptos – quinteto inicial - Christian Vázquez, 0 ptos.

Partido sen moita historia, no que o equipo costeiro viaxaba con tan só 6 xogadores, e donde o 2º árbitro axudou, cas súas decisións, a que o equipo rematara o partido con tan só catro xogadores.

2ª División Cadete Feminino, 13ª Xornada

  • Resultado: ABACO ACB COSTA DA MORTE - CAMBRE (65-10).

Partido fácil para o equipo das rapazas de Cee que conseguía a única vitoria para o cadro costeiro na fin de semana. As ceenses marcharon no primeiro cuarto e o partido non tivo complicación.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do ACB Costa da Morte.

Comentarios