Venres. 26.04.2024
El tiempo

As cadetes do Volei Dumbría tamén saben remontar

As cadetes do Volei Dumbría tamén saben remontar
Cadetes do Volei Dumbria ante o Teis Cadetes do Volei Dumbría ante o Teis

Unha vitoria e unha derrota foi o saldo dos partidos das rapazas da familia do Volei Dumbría da semana pasada.

2º División Cadete femenino

  • Resultado: Voleibol Dumbría - Teis 3-0
  • Parciais: 26-24, 25-12, 25-15.

Vitoria das cadetes do Voleibol Dumbría nun partido moi serio que lles costo entrar no partido no primeiro set que tiveron que remontar un 21-24, pero a partir dese momento xogaron con seriedade e amosaron a súa superioridade ante o equipo vigués.

2º División Infantil femenino

  • Resultado: Manuela Rial Mouzo - Ies Ames 0-3.
  • Parciais: 6-25, 19-25, 11-25.

Derrota das infantís do Manuela Rial Mouzo ante o equipo de Ames nun equipo que aínda necesita moita melloria para gañar algún partido acusan as baixas de varias xogadoras.

Vindeira cita

Este sábado xoganse os seguintes partidos:

  • En A Coruña:
    - 10:30h - 1º División Infantil masculino: Calasancias - Manuela Rial Mouzo.
    - 10:30h - 1º División Xuvenil masculino: Calasancias- Voleibol Dumbría.
    - 12:00h - 1º División Cadete masculino: Calasancias- Voleibol Dumbría.
    - 16.00h - 1º División Senior masculino: Calasancias- Voleibol Dumbría.
  • No Conco en Dumbría:
    - 12:30h - 2º División Cadete femenino: Voleibol Dumbría- Ribeira Sacra.
 

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

  • Volei Dumbría.

Comentarios