![A organizacion cubriu con rodas unha boa parte do circuito de baixada das carrilanas de Trasouteiro]()
A organización cubriu con rodas unha boa parte do circuito de baixada das carrilanas de Trasouteiro
As Carrilanas de Trasouteiro - Vimianzo - cumplen este sábado 25 anos de celebración ininterrompida. Son moitas as novidades que acompañan a esta proba que terá lugar mañá sábado. Unha das principais é
a organización do evento que recae na A.C. Cherinkas.
Ás 17 horas dará comezo a
primeira baixada contrarreloxo por un circuito cuberto, en boa parte, con rodas co fin de extremar as medidas de seguridade. Outras das novidades son a celebración de
adestramentos libres pola mañá, comida, a cargo da organización, para todos osparticipantes e colaboradores, e un gran despliegue de medios nos puntos de maior concentración de público para que a xente poida seguir de inmediato como está a descorrer a competición e tamén facer seguimento do desenlace do campionato nacional de Liga.
Na proba poderán participar todo tipo de carrilanas que non teñan ningún outro medio de propulsión que a súa propia inercia, ou a axuda dos pilotos e que teñan as rodas e o chasis de madeira e o sistema de lubricación das superficies eixe-roda sexa con graxa consistente ou similar. Será obrigatorio o uso de casco integral.
Sistema de competición
Pola mañá realizarase unha quenda de adestramentos libres opcionais para as escuderias. Xa á tarde realizaranse dúas quendas oficiais, unha primeira clasificatoria de saída individual na que se tomarán os tempos, e unha segunda conxunta que servirá para determinar as posicións do podio.
Para todos os participantes inscritos a organización ofrece gratuitamente a comida previa ao comezo da competición oficial. Aqueles que desexen asistir deberá facer previamente a súa inscrición e confirmar a asistencia a comida. Para poder participar os pilotos e copilotos deben ter cumpridos os 18 anos e usar casco integral con suxeición e peto de protección - estilo motocross -.
Horarios
11:30-13 horas: Adestramentos libres
13:00-16 horas: Comida para participantes e voluntarios
17 horas: Quenda 1: Clasificación
18 horas: Quenda 2: Carreira
18:30 horas: Entrega Premios
Premios
Os tres primeiros clasificados das carrilanas homologadas recibirán un trofeo elaborado artesanalmente pola carpintería Loureiro. Tamén se premiará á carrilana con mellor deseño que deberá participar nalgunha das probas oficiais.
Máis información:
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Cherinkas