As Junior do Dimolk Basket Xiria tamén xogarán a fase de Ascenso a Liga Galega


Hai un mes o Vázquez y Reino metíase na Fase de Ascenso á 1ª Autonómica no ano da súa estrea. A comezos de semana anunciabamos que o Basket Xiria vai disputar a Fase de Ascenso á Liga EBA. E as boas novas carballesas non paran de chegar. Tamén certificaron as Junior do Peugeot Dimolk Basket Xiria, a súa presencia na fase de ascenso a Liga Galega.
Se as Sénior parece que cumpliron o seu obxectivo pero a día dehoxe teñen complicado o ascenso (atópanse 5ª na Segunda Fase Norte), as Junior Dimolk afrontarán esta Fase Junior Feminina Grupo Norte. Terán que quedar de 1ª, para ascender a 1ª División Junior Feminina na tempada 2017-2018.
Un Dimolk Basket Xiria que durante este ano tivo que facer fronte a varias baixas por problemas de saúde. O equipo será completado con xogadoras do equipo Cadete Feminino, segundo as necesidades do equipo Junior.


Máis información
Novas relacionadas
- O Calvo Xiria xogará, por sexta vez, a Fase de Ascenso á Liga EBA:
- A un partido da Fase de Ascenso á Liga EBA.
- Unha xornada de escándalo.
- Unha de compromiso social.
- Basket: O Xiria xogará a Fase de Ascenso.
- Mirando en fite as fases de ascenso.
- O Vázquez y Reino métese na Fase de Ascenso no ano da súa estrea.