As LCFs xa teñen intensos finalistas


Esta pasada fin de semana o pavillón de Cee acolllía ás semifinais da XV Liga Comarcal de Fútbol Sala “Costa da Morte”. Uns encontros nos que a intensidade foi tremenda, pero que nunca debemos esquecer, como sinalan dende o clube organizador, que "o importante que é ser humildes na vitoria e dignos na derrota", tanto nos xogadores coma nos pais, que seguimos falando de cometicións de formación.
As Escolas de Corcubión e as de Carnota protagonizarán a final alevín, tras vencer a Dumbría e Vimianzo, respectivamente. Mentres que en benxamís, Fisterra B e Cee vencían con claridade a Vimianzo e os camariñáns das Baleas.
Así, xa queda configurada a Xornada Final, que se celebrará en Corcubión, na que primeiro se xogarán as finais de consolación (3º - 4º posto) en categoría benxamín e alevín e posteriormente as finais en categoría benxamín, alevín e infantil. Haberá trofeo para os 4 equipos participantes en cada categoría (agás en infantil que solo ai dous equipos) polo que todos deberán esperar a que se remate a competición para recoller o seu premio.
Ademais, os vecendores en cada unha das categorías clasificaranse para xogar a Fase Intercomarcal cos vencedores da zona de Noia.

Novas relacionadas
Máis información
Crónicas da semana
- Xuvenil Sur: Pensando na seguinte Fase e na Copa.
- Xuvenil Norte: Malpica super campión.
- Confirmadas a Liguilla de ascenso e a Copa Xuvenís.
- 3ª Autonómica: Os 3 de arriba non fallan e o Volantes chega con forza.
- 2ª Autonómica: 3 diante e 4 por detrás.
- Preferente: Descalabro do Santa Comba nunha xornada negativa para os equipos da Costa.
- 1ª Autonómica: O barco do Cee afunde e o Ponteceso sae a flote.
- Resultados do Futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa do Clube Deportivo Costa da Morte, da man de Víctor Santos.