Mércores. 24.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: 3 diante e 4 por detrás

2ª Autonómica: 3 diante e 4 por detrás
Continúa a marcha da Liga da Costa na mesma liña. Camariñas, Club do Mar e Fisterra continúan implacables (algún tivo que surfrir máis que outros e outros souberon gañar con máis elegancia ca outros), e por detrás seguen un grupo de 4 equipos formado por Malpica, Corme, Baio e Muros. Por abaixo xa houbo consecuencias. A clave derrota do San Lorenzo en Zas conleva a dimisón de Chema Eirís en Verdillo, cun equipo que queda penúltimo, pero iso, si, a só 2 puntos da salvación. Así, entre os de verdillo e o Corcubión (12º) hai só 5 puntos polo que nin os de Manín, nin Zas, Castriz, Mazaricos e Nantón se poden despistar.

Corme - Baio (3-3)

  • CORME: Susiño, Diego (Gonzalo, min.63), Adolfo, Jesús, Pandi, Alejandro, Martinciño, Adrián Doldán (Dani, min.87), Juan Chans (Abel, min.71), Lucas e Iago.
  • BAIO: Manuel, Matías, Iván, Iago, Ramón (Fermín, min.65), Fachal (Rubio, min.60), Mario, Javi Suárez (Martín, min.60), MC, Canai e Alberto.
  • Goles: 1-0, min.2: Lucas de córner ensaiado; 1-1, min.7: Javi Suárez cun golazo pola escuadra de tiro lonxano; 2-1, min.49: Iago en velocidade; 3-1, min.60: Iago a pase de Juan; 3-2, min.65: MC; 3-3, min.80: Fermín.
  • Lesión: os baieses Javi Suárez cun "bocata" e Ramón.
Empate xusto, con dous moi bos equipos facendo bo fútbol e con moita entrega, nun choque con alternativas no marcador e no xogo, intenso, e con máis xente do normal (250 e moitas chegadas de Baio). I é que como sinala a clasificación son dous equipos moi parexos, con defensas algo frouxa e moi fortes en ataque, con xogadores moi noviños e algún veterano de excepción, como Alejandro e Martín. Así foron os ataques os que se impuxeron ás defensas. O Corme adiantouse nunha xogada ensaiada tras un saque de esquina que Lucas enviaba á rede, pero de contado Javi Suárez mandaba un trallazo á escuadra para facer o empate. Á volta do descanso o Corme facía dous tantos seguidos gracias á rapidez do xa totalmente recuperado Iago, e parecía que o Corme tiña o partido sentenciado. Pero co 3-1, saíu Martín ao campo, e puxo ás pilas aos seus. MC recurtaba e finalmente Fermín puña unhas táboas xustas. Os dous equipos protestaron varias xogadas de fóra de xogo.

Sofán - Camariñas (0-3)

  • SOFÁN: Richar, Adrián, Gustavo (Eloy, min.60), Meniño, Juanjo, Pensado, Alemán, David Pensado, Edu, Berti e Gurita (Suso, min.75).
  • CAMARIÑAS: Pombo, Alberto Ogando (Nico, min.75), Maikel (Doyle, min.80), Manuel, Diango, Paco, Carlos, Brais, Javi (Nené, min.75), Juan oBello (Adrián, min.85) e Leo.
  • Goles: 0-1, min.8: Brais de cabeza a centro de Leo; 0-2, min.15: Alberto Ogando de falta; 0-3, min.41: Juan oBello de falta.
Aos 15 minutos 0-2 con dous despistes dos sofanistas, e o Camariñas asentouse no campo a pesar das baixas de Moriño e De la Sierra. O Sofán intentou recurtar e tiveron varias ocasións na primeira pero o meta camariñán Pombo estivo fino en sendos man a man. Ao fío do descanso Juan oBello sentenciou o partido e a segunda foi de trámite.

Fisterra - Castriz (2-1)

  • FISTERRA: Joselu, Piti, Gus, Manuel Cartamil, Pana (Marco do Cabo, min.70), Eddy, Guardiola, Roco (Munitis, min.93), Roa (Santi, min.89), Dudo (Tata, min.60) e Mané (Rivas, min.60).
  • CASTRIZ: Herrera, Michi, Sergio Pose (Martín, min.85), Alejandro, Toniño, Toño, Mauri, Iván, Johny (Prego, min.50), David Agra e Sebas.
  • Goles: 0-1, min.20: Toniño; 1-1, min.80: Tata recolle de espalda a porteria e marca dandose a volta; 2-1, min.84: Marco do Cabo tras unha falta dende o medio campo botada por Guardiola.
Custoulle moitisimo gañar ao Fisterra a un Castriz que sempre ofrece a súa mellor cara lonxe de San Pedro e que ata que faltaban 10 minutos contaba cos 3 puntos. E iso que os xalleiros apenas chegaron con claridade, pero nunha das poucas ocasións que tiveron no primeiro tempo asinaron un 0-1 que puxo nervos durante moitos minutos en Ara Solis. O partido comezaba con dominio alterno, e minutos de tanteo entre os dous equipos. Xa acababa a primeira metade cun Fisterra volcado e así foi toda a segunda metade. Boas ocasións dispuxeron os Roa e Piti, pero tamén o meta Joselu tivo protagonismo salvando o 0-2 nunha xogada de Sebas. Cando todo parecía que ía rematar coa vitoria rossonera Tata e Marco apareceron para darlle a volta ao marcador.

Club do Mar - O Pindo (4-0)

  • CLUB DO MAR: Iago Dans, Pincho, Fran Borrazás, Repi, Luis Lareo (Álex, min.85), Juan Lareo, Johny, Santi Silva (Manu, min.72), Diego (Chechu, min.46), Bertín (Chori, min.84) e Vituco.
  • O PINDO: Garrido, Ángel (Juan Vilela, min.60), Juan de Dios, Juan Fis, Diego Trillo, Eloy, Bicho Jr (Bicho, min.80), Carlos Leis, Manolito, Hipólito e Diego Riolo.
  • Goles: 1-0, min.30: Vituco de penalti; 2-0 min.60: Johny; 3-0 min.75: Bertín; 4-0 min.85: Vituco.
Vitoria clara do Club do Mar ante un pechacancelas que aguantou unha hora de partido as embestidas caionesas. Foi o meta Diego Garrido o mellor nos visitantes, que por certo, marcharon moi descontentos coa actitude chulesca dalgún membro do cadro directivo do Club do Mar. Critican dende O Pindo a actitude "prepontente e chulesca" do segundo adestrador, ante un equipo que malia estar sufrindo por manter a existencia non dá unha soa patada. Iso si, ao tempo, os carnotáns louban a actitude do presidente caionés que ata pedíu desculpas publicamente aos visitantes por estes feos detalles. O propio aludido, Francisco Collazo, como 2º adestrador do Club do Mar facíanos estas declaracións a través do Facebook de QPC: "1º: en ningún momento quixen desprezar a ninguén; 2º: o noso equipo quere ter a mesma forma de xogar contra O Pindo que contra calquera outro equipo; 3º: o que lle dixen ao adestrador do Pindo era que xa lle valía de estar toda a tarde protestándolle ao árbitro (contestándome se quería ser o adestrador do mes). Iso foi todo o que pasou. É máis, ao terminar o partido saudei a varios xogadores do Pindo sen ter problema ningún. O que non acabo de entender que en varios campos pásanos o mesmo co público (non cos clubs) e nós creo que somos un equipo que respectamos a todo o mundo."

Malpica - Corcubión (2-0)

  • MALPICA: Suso; Charly, Víctor, Iago, Andrés, (David Álvarez, min.70), Rancaño, Neucha, Cheo, (Avelino, min.73), Pablo, (Casais,min.63), Tato, (Manu Pardo, min.78) e Charro.
  • CORCUBIÓN: Andrés; (Cristian, min.75), José da Atalaia, Papi, Conguito, (Jhony, min.60), Sergio Manín, (Paulo, min.60), Alán, (Balucho, 53), Eduardo, Camacho, Mario, (Tarrela, min.65), David Lourido e Miguelón.
  • Goles: 1-0, min.10: Tato; 2-0, min.35: Tato a pase de Pablo.
Partido complicado para o Malpica que lle permite quedar na 4ª praza co grupo de perseguidores dos 3 de arriba. Foi xa a 8ª xornada sen perder dos de Baña, mentres que o Corcubión ve cortada unha boa liña de resultados. Manín prantexou o partido dende atrás, coma de costume, cun 11 ben armado atrás e un home rápido e outro forte arriba, como son Lourido e Miguelón. O Malpica saíu dominador e pronto se puxo por diante. O brasileiro Tato abría o marcador tras unha boa xogada persoal dende o centro do campo. A xogada clave do partido sucedía a 10 minutos para o final da primeira metade. O corcubinés Mario vía como lle anulaban un gol, e á saída, Cheo enviaba un balón longo que Pablo cedía atrás para o 2-0, que case que sentenciaba o partido. A partir de aí o Corcubión tivo que adiantar liñas pero só chegaba con balóns aéreos buscando a Miguelón.

Dumbría B - Mazaricos (2-0)

  • DUMBRÍA B: Anxo, Yerai, Samuel, David Carreira, José Manuel, Tati, Esteban (Jesús, min.60), Riki (Josiño, min.70), Miguel Poyo, Toni (Jose Carreira, min.85) e Rodrigo (Ivanete, min.80).
  • MAZARICOS: Juan, Casais, Chico (Nakata, min.65), Marcos, Matías, Ramón, Rodri (Aldo, min.18), Estéfano (Tubi, min.78), Rafa (Esteban Pereiro, min.50), Brais e Kevin.
  • Goles: 1-0, min.5: Rodrigo a pase de Toni; 2-0, min.84: Toni a pase de Miguel Poyo.
  • Expulsión: Josiño por dobre e riguroso cartón e ao adestrador César Ferrío por protestar na expulsión (min.82).
O Mazaricos saiu demasiado relaxado, un mal que vén sendo demasiado habitual. Así, a primeira metade foi cómoda para os dumbrieses, que se adiantaban de contado por medio de Rodrigo. Ademais Poyo tivo unha boa ocasión para aumentar a renda que non puido aproveitar. Pouco a pouco o Mazaricos foi entoándose e a defensa dumbriesa tivo que sacar un balón baixo paus tras un saque de esquina. Na segunda apretou o Mazaricos, e o Dumbría tivo que correr detrás dos mazaricáns, pero estes non definiron en varias ocasións de Kevin, Aldo, Estéfano. E ao final Toni sentenciou á contra a pase de Miguel Poyo.

Esteirana - Nantón (0-0)

Comentarios