Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Preferente: Descalabro do Santa Comba nunha xornada negativa para os equipos da Costa

Preferente: Descalabro do Santa Comba nunha xornada negativa para os equipos da Costa
Mala xornada a 21ª para os cadros da Costa, cun só gol entre os catro equipos. E perigosa sobre todo a situación do Santa Comba, que colleitaba a 4ª derrota consecutiva que fai tremer os cimentos do cadro laranxa. Onte caían na casa ante un Bertamiráns bastante inerte. Unha derrota que fai revisar os obxectivos de comezos de temporada. Ademais, o Soneira rompía a boa liña de resultados ante un Santiago de Compostela ao que podería ter alonxado a 6 puntos, pero que agora iguala cos vimianceses. Pola súa banda, o Dumbría volvía de baleiro de O Val mentres que o Xallas continúa deixando unha fantástica imaxe polos campos do país e volve cun punto de Chantada.

Santa Comba - Bertamiráns (0-1)

  • SANTA COMBA: Diego, Agustín (David Blanco, min.46), Roberto Amoedo, Angelo, Gonzalo, Jota, Doro, Toni (Noli, min.46), Baña, Julián e Colón (José Ángel, min.60).
  • Gol: 0-1, min.83.
Está moi tocado este Santa Comba trala 4ª derrota consecutiva. Unha derrota que fai reprantexar obxectivos pois os postos de ascenso vanse escapando. E non merece perder estes partidos o Santa Comba, pero en canto reciben un tanto o equipo decae e desaparece do campo. Ademais, a mala sorte tamén aparece e o Bertamiráns marcaba case na única ocasión que tivo durante o partido Primeira metade controlada polo cadro laranxa, cun Bertamiráns que non facía dano ningún, pero os xalleiros tampouco tiñan as ideas claras. As chegadas eran a arreóns pero sen demasiada elaboración. Na segunda metade comezaron as presas e o equipo desordenouse bastante, baixando moito a rendibilidade daquel equipo que catalogaban dende a Mariña como o Barça da Costa hai uns meses. E por se fóra pouco, co Santa Comba completamente volcado nos últimos 20 minutos, o Bertamiráns, que apenas chegara á meta de Diego, aproveitaba un despexe longo da defensa, collía a espada da defensa, e tras un despexe do porteiro fóra da área, o balón quedaba aos pés dun xogador visitante que levantaba o balón e marcaba dende 35 metros. Aí xa o cadro local se descompuxo totalmente e non houbo tempo para a reacción.

S. de Compostela - Soneira (3-1)

  • SONEIRA: Pose, Ferreiro, Víctor García (Ricardo, min.75), Martín, Vecino, Mauro (Iago, min.60), Brais, Míchel, Javi, Kike (Mayor, min.60) e Vía Rápida.
  • Goles: 1-0, min.44: tras un pase atrás ao porteiro que roubou o dianteiro e machacou; 2-0, min.49; 2-1, min.62: de penalti; 3-1, min.70: Míchel.
  • Expulsión: o adestrador Miguel por protestar.
Era un partido importante este para o Soneira que podía supoñer o estirón definitivo para escapar da zona baixa. Pero mantense con 21 puntos tras esta derrota e aínda non se pode despistar nin moito menos. Non foi un mal partido dos de Miguel, pero regalaron o partido, con erros atrás e adiante. Os vimianceses fixeron cousas moi boas pero tamén cousas moi malas como os regalos dos dous primeiros goles. Ademais arriba, fixeron moitas ocasións (puido ser un partido de 5-5) pero onte non estaban acertados os dianteiros. Javi tivo dúas diante do porteiro, e Vía Rápida tamén dúas claras ademais de outra de Brais que non estivo fino.

Chantada - Xallas (0-0)

  • XALLAS: Cheli, Ismael, Iván Forján,, Becerra, Rubio, Ricardo (Brais, min.74), Rubén Forján, Martín, Beiroa, Luís (Adrián Prol, min.73) e Alexandre.
Segue na boa liña de xogo e de resultados dos últimos tempos o equipo de Iván Cancela. Onte levou o dominio de balón e do partido pero ao final case o paga caro. Só faltou o gol, e iso que os xalleiros tiveron boas ocasións, como unha de Alexandre nunha contra que cruzou moito, unha de Beiroa arriba, unha de Becerra de cabeza só que marchou tamén arriba, ou unha de Rubio ao longueiro tras unha falta de Rubén. E con tanta ocasión perdoada, ao final case volve de baleiro o Xallas, e tamén sacou un balón baixo paus Ivan Forján no min.94, que puido significar a vitoria local.

O Val - Dumbría (3-0)

  • DUMBRÍA: Juan Purrúa, Iván Pequeño (Roberto, min.65), Tantán (Jesús, min.80), Suso, Aarón Fdez., Aarón López, Adrián Mackaay (Alberto,min.46), Piri, Iago, Eloy (Cacho, min.65) e Luisisto.
  • Gol: 1-0, min.52: en propia meta; 2-0, min.65; 3-0, min.75.
Dúas caras dos dumbrieses, que na primeira xogou de marabilla e perdoou, pero que na segunda desapareceu do campo. Na primeira defendeu moi ben, e mesmo tivo momentos de bo xogo tocando e con ocasións para Adrián Mackaay que non acertou a rematar dous centros de Piri. Iván tamén puido marcar pero o marcador era de 0-0 ao descanso. Na segunda desapareceu o equipo costeiro sobre todo a partir do gol en propia de Iván Pequeño aos 7 minutos da segunda.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios