Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Resultados do Futboldacosta.com

Resultados do Futboldacosta.com

Fin de semana de estreno. Polo menos para nós e todos os seguidos do fútbol da Costa. Xa podedes ollar dende onde queirades a actualizadas ao último segundo todas as táboas (resultados, clasificacións, tendencias e cruces e ata a Liga de FS de Cee actualizada cada venres) en www.futboldacosta.com.

E comezamos o repaso desta xornada de 28 e 29 de xaneiro pola Preferente, con malas novas para os nosos 4 equipos. A máis preocupante a 4ª derrota consecutiva do Santa Comba, que non gaña dende o 2011. Hoxe caía ante o Bertamiráns e xa está na 7ª praza. Sumou outra derrota o Soneira, que levaba unha boa racha pero que non podía nun encontro ante o Santiago que podería ter suposto o empurrón definitivo para os de Miguel. E o Dumbría tampouco trouxo nada positivo de O Val. O único que sumou un puntiño foi o Xallas no complicado campo do Chantada.

Na parece que a derrota do Cee ante o Silva (4º) deixa tocados aos ceenses, que cada día ven máis lonxe a salvación. Ademais a vitoria do Villestro ante o Victoria aumenta a distancia cos de arriba. Pola súa banda o Ponteceso segue na súa liña máis positiva e vencía fíra de casa ante un dos de arriba, o Arteixo, e xa se sitúa na metade da táboa, case máis preto dos de arriba que dos de abaixo.

Na Liga da Costa non varían as cousas por arriba tras esta 20ª xornada. Se o Club do Mar vencía onte ao Pindo, semella que con algo de prepotencia segundo se queixan os carnotáns, o Camariñas respondía onte e de xeito contundente en Sofán. Por detrás o Fisterra solventaba a papeleta ante un Castriz que sempre ofrece a súa mellor cara lonxe de San Pedro.
Malpica, Corme e Baio forman xa o claro grupo de perseguidores, cun Muros que non se quere descolgar e vencía, con apuros iso si, ao Buño. Os malpicáns vencían ao Corcubión en Pedra Queimada mentres que cormeláns e baieses ofrecían un fermoso espectáculo no Cairo que remataba con empate.
Por abaixo, segue o San Lorenzo metido no pozo, e hoxe perdía unha boa oportunidade ante un Zas que vai en ascenso e xa saca 4 puntos aos de Verdillo. A derrota provocaba a dimisión de Chema Eirís no banco, pois considera que "para aliñar 11 xogadores cada semana non fai falta un adestrador". O Nantón arrincaba un punto de Esteiro mentres que o Mazaricos volvía de baleiro do Conco. Ata o Corcubión, 12º con 21 puntos, non se pode despistar ningúen porque son só 5 puntos os que o separa do propio San Lorenzo (17º).

A xornada na tamén foi intensa. O Cabana non fallaba onte ante o Muxía. Si o facía o Coristanco que non pasaba do empate ante un Laxe que no seu campo se crece. A atención hoxe estaba en Lombáns, onde o Carnota dou conta do Montelouro e se afianza na segunda praza. Por detrás segue de preto o Outes, que maetía unha manita ao Fisterra B, e que se mete definitivamente na loita é o Volantes tras vencer en Lira con claridade. O Cerqueda, que descansaba esta semana, e o Porteño, que non podía co Soneira B, quedan algo descolgados.

Remataron xa as Ligas Xuvenís, xa con todo decidido. Polo norte aínda quedaba ver quen era o campión e o Malpica dou conta do seu podería atacante e meteulle 9 a todo un Dumbría B. Ambos, xunto a Camariñas (caían os de De la Sierra ante os de Mato nun encontro que tivo absolutamente de todo, como contaremos o martes) e Baio pasarán a seguinte fase, unha liguiña cos 4 primeiros do sur, da que pasarán 2 equipos á Fase de Ascenso á Liga Galega.
No, Sur, eses equipos serán o Cee (que certificaba a súa imbatibilidade na liga e uns números realmente bos), Fisterra, Santa Comba e Soneira.

Preferente, xornada 21

S.de Compostela 3-1 Soneira
Santa Comba 0-1 Bertamiráns
Chantada 0-0 Xallas
O Val 3-0 Dumbría

1ª Autonómica, xornada 20

Cee 0-1 Silva
Atl. Arteixo 1-2 Ponteceso

2ª Autonómica, xornada 20

Fisterra 2-1 Castriz
Club do Mar 4-0 O Pindo
Malpica 2-0 Corcubión
Esteirana 0-0 Nantón
Dumbría B 2-0 Mazaricos
Zas 1-0 San Lorenzo
Muros 2-1 Buño
Corme 3-3 Baio
Sofán 0-3 Camariñas

3ª Autonómica, xornada 24

Laxe 1-1 Coristanco
Camelle 3-1 Corcoesto
Cabana 3-1 Muxía
Indep. Carballo 3-3 Alcaián
Lira 0-3 Volantes
Carnota 3-0 Montelouro
Fisterra B 0-5 Outes
Soneira B 1-1 Porteño
Xaviña 1-1 Atl. Pereiriña

Liga Nacional Xuvenil, xornada 19

Bergantiños 0-4 Calasancio

Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 18

Corcubión 5-1 Esteirana
Mazaricos 9-1 Muros
Outes 3-2 Fisterra
Soneira 3-1 Santa Comba
Cee 0-2 Dumbría

Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 22

Baio 2-2 Zas
Cabana 8-2 Corme
Ponteceso 5-4 Camariñas
Malpica 9-1 Dumbría B
Muxía 5-1 Laxe

División de Honra Cadete, xornada 19

Colegio Hogar 3-0 Bergantiños

2ª Cadete, xornada 20

Cabana 3-3 Ponteceso
Coristanco 2-5 Baio
Esteirana 4-1 Santa Comba
Fisterra1-1 Soneira
Muxía 0-4 Muros
Zas 1-4 Outes
Malpica 2-3 Cee
Dumbría 12-0 Porteño

2ª infantil, xornada 20

Cabana 10-3 Ponteceso
Coristanco 5-1 Muxía
Corme 0-13 Dumbría
E.M.F. Vimianzo 2-2 Outes
Fisterra 0-3 Santa Comba
Esteirana3-2 E.D. Os Miudos
Con. de Carnota 10-0 Baio

Ligas de Veteranos, xornada 18

1ª División

Nantón 4-1 Bergantiños
Bértoa 3-1 Ponteceso
Vimianzo 1-4 Castriz
Xv. Bergantiños 2-0 Camariñas
Cabana 1-2 Baio
Buño 0-6 Corcubión
San Román 1-0 San Lorenzo

2ª División

Sofán Aprz. Corme
Porteño 5-1 Dep. Carballo
Malpica 2-1 At. Milagrosa
Leiloio 1-2 Corcoesto
Agualada 1-2 Coristanco
Muros 3-1 Cerqueda
Camelle 3-1 Club do Mar

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios