As Ligas Escolares de Fútbol Base xa en QPC
12:09 02/12/10
E se estes días abríamos o nososeguemento deportivo na Costa á Liga de Fútbol Sala de Cee, hoxe facemos o propio coas Ligas Comarcais de Fútbol Sala base Costa da Morte (LCFs Costa da Morte).
Son 8 os concellos da bisbarra que participan: Fisterra, Corcubión, Cee, Camariñas, Muxía, Vimianzo, Carnota, Dumbría. E as xornadas establécense por clubes. Isto é, se un clube ten equipos nas categorías alevín e infantil, xogarán os dous equipos esa semana onde toque.
Con 5 equipos o Concello de Fisterra é o máis participativo, demostrando a canteira inagotable da vila do Cristo. O C. Fisterra ten 2 equipos en benxamíns, 2 en benxamíns e 1 en infantil, onde, por certo tan só hai 4 equipos.
Xa están pola 4ª xornada. EFB Vimianzo e Cee mandan en alevíns. Dumbría e Carnota en benxamíns, e en infantís tan só o Concello de Muxía non sumou aínda.
Novas relacionadas
- Xornadas 1 e 2: En marcha as Ligas Escolares de fútbol sala “Costa da Morte” 2010/2011.
- A Liga de Fútbol Sala de Cee xa en QPC.
- Os pequenos de Carnota estrean sudaderas no campo e reciclan xogando na biblioteca.
- O frío non parou aos pequenos atletas de toda a bisbarra en Cee.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Fotografía de Víctor Santos.