As maiores do ACB seguen en marcha



A familia do ACB Costa da Morte desputou esta pasada fin de semana unha Xornada completa de deporte. Aí estiveron os infantís, alevnís, cadetes, e sénior, con ata 7 partidos en liza.
2ª División Sénior Feminina, 13ª Xornada
- Resultado: E.S. BAZARRA ACB COSTA DA MORTE - LARACHA (66-23).
- Parciais: 13-7; 14-8; 14-2; 25-6 (Acumulado: 13-7; 27-15; 41-17; 66-23).
- E.S. BAZARRA ACB COSTA DA MORTE: Goretti (2); Yaiza (9); Sandra (10); Esther (13); Melissa (6)-quinteto inicial –; Iria (13); Andrea (2); Lidia (2); Fani (9).
Partido fácil para o equipo de Cee, que rompeu o partido no 3º cuarto de forma definitiva, e no último cuarto puido xogar sen presión e disfrutando do xogo, dando minutos a todas as xogadoras. De feito, todas anotaron.
Bo partido de todas no traballo de defensa, e no aspecto ofensivo destacar as aportacións de Esther e Iria, con 13 puntos cada unha, destacando ademais o feito de que todalas xogadoras que participaron neste encontro anotaron.
3º División Sénior Masculino, 10ª Xornada
- Resultado: BONAVAL - OSO POLAR ACB COSTA DA MORTE (60-44).
- Parciais: 14-2; 7-22; 24-8; 15-12 (Acumulado: 14-2; 21-24; 45-32; 60-44).
- OSO POLAR ACB COSTA DA MORTE: Iván (1); Deril (15); Fabián (2); Tinin (17); Manuel (8) -quinteto inicial- José (1).
Novamente o equipo de Cee acudiu a disputar un encontró con tan só 6 xogadores, debido a baixas por traballo e lesións.
Na primeira metade o cadro de Cee amosou dúas caras totalmente distintas: un primeiro cuarto no que a única canastra conseguiuse faltando 38 segundos, para facer un 2º cuarto espectacular: boa defensa que daba paso a rápidos contraataques conseguindo a remontada no resultado.
Tralo descanso, non foron capaces de manter o ritmo e o partido parecía que xa se rompía. Con 13 puntos de vantaxe no inicio do último cuarto, os de Bonaval chegaron a ter unha máxima diferencia de 22 puntos a falta de 6 minutos, pero os de Cee foron capaces de poñerse a 11 puntos faltando 2 minutos. Neste momento unha tripla dos de Santiago e o cansancio, fixo que xa non fora posible a remontada, e o equipo de Santiago mantivo a diferencia ata o remate do encontro.
2º División Infantil Masculino, 5ª Xornada
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE-BASQUET CORUÑA 00 (43-42).
- Parciais: 14-4; 13-0; 18-2; 12-12 (Acumulado: 14-4; 27-4; 45-6; 57-18).
- ACB COSTA DA MORTE: Iván (3); Cristian; Luciano (3); Tomás (6); Adrián (6) -quinteto inicial- Anxo; Iago (2), Jorge García; Jorge Quintáns.
Partido que non perdeu intensidade ata o final, no que os rapaces do equipo de Cee conseguiron a canastra do triunfo no último segundo, despois de ir case todo o partido por diante no marcador e ver como o Basquet Coruña remontaba no último cuarto.
2ª División Cadete Masculino, 7ª Xornada
- Resultado: BASQUET CORUÑA 97 - ACB COSTA DA MORTE (64-21).
- Parciais: 20-2; 18-8; 12-4; 14-7 (Acumulado: 20 - 2; 38 - 10; 50 - 14; 64-21)
- ACB COSTA DA MORTE: Dani; Nando (6); Cristian Marcote (4); Pedro; Santi (2) -quinteto inicial- Iván; Adrián (9), Cristian Vázquez.
Outros resultados:
- 2ª División Infantil Feminina - OBRADOIRO - ACB COSTA DA MORTE (44-19).
- Minibasket Alevín Masculino - FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE - BASKET CORUÑA2 (56-32).
- Minibasket Alevín Feminino - FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE - COMPAÑÍA DE MARIA (16-43).
Máis información
Novas relacionadas
- Nova xornada para os pequenos do ACB Costa da Morte.
- As cadetes salvan a fin de semana da familia ACB Costa da Morte.
- Fin de semana completa para a familia ACB.
- 3 derrotas e 2 vitorias foron o balance do ACB na fin de semana.
- Xornada para esquecer da familia ACB Costa da Morte.
- Comeza un ano completo de baloncesto para o ACB Costa da Morte.
- As infantís do ACB xa son campionas intercomarcais.
Fonte
- Nota de prensa do ACB Costa da Morte.