Luns. 07.10.2024
El tiempo

As mulleres manteñen a senda da vitoria para o ACB

As mulleres manteñen a senda da vitoria para o ACB
Equipo Senior Feminino do ES Bazarra ACB Costa da Morte ES Bazarra patrocina da crónica da Liga da Costa - Coñece as nosas ofertas en www.bazarra.com

As Sénior do ES Bazarra ACB Costa da Morte manteñen o pulso ben arriba na 2ª División trala súa boa vitoria ante o Cambre. Mentres, os Sénior fixeron un mal partido ante o Noia.

En Cadetes, vitoria das chicas e derrota dos chicos igualmente.

2ª División Sénior Feminina, 14ª Xornada

  • Resultado: E.S. Bazarra S.L. ACB Costa da Morte - Cambre (83-43).
  • Parciais: 11-15; 14-9; 27-4; 31-15 (Acumulado: 11-15; 25-24; 52-28; 83-43)
  • E.S. BAZARRA ACB COSTA DA MORTE: Goretti, 8 ptos; Yaiza, 11 ptos; Sandra, 10 ptos; Esther, 12 ptos; Andrea, 2 ptos – quinteto inicial –; Fani, 28 ptos(2 triplas); Melissa, 6 ptos; Lidia, 2 ptos; Iria, 4ptos.

Partido igualado ata o descanso, pero tralo mesmo, o equipo de casa saiu cunha forte presión en defensa e, que xunto co acerto en ataque, permitiu que as rapazas de Cee romperán o partido e que no último cuarto remataran o traballo, gañando ademais o basketaverage particular ante o equipo de Cambre, xa que no partido de ida perderan por 10 puntos. Destacar que tódalas las xogadoras aportaron puntos e fixeron un gran traballo en defensa.

3ª División Sénior Masculina, 15ª Xornada

  • Resultado: ACB Costa da Morte - Noia (46-71).
  • Parciais: 11-22; 11-16; 7-13; 17-30 (Acumulado: 11-22; 22-38; 29-51; 46-71)
  • ACB COSTA DA MORTE: Iván, 11 ptos (1 tripla); Deril, 12 ptos; Fabián, 8 ptos; Manuel, 9 ptos (2 triplas); Tinín, 3 ptos – quinteto inicial - ; José, 0 ptos; Sergio, 0 ptos; Andrés, 3 ptos (1tripla).

Partido para olvidar dos de Cee, máis pendentes de guerras persoais que de xogar un partido de baloncesto como equipo. Un paso atrás despois dos partidos xogados nesta segunda volta, onde o equipo estaba a dar unha moi boa imaxe, a pesar das derrotas.

2ª División Cadete Feminino, 14ª Xornada

  • Resultado: CB As pontes - ACB Costa da Morte (15-71).

Partido fácil para o equipo das rapazas de Cee.

2ª División Cadete Masculino, 13ª Xornada

  • Resultado: ACB Costa da Morte - Basket Coruña 97 (39-62).
  • Parciais: 9-7; 9-18; 15-9; 6-27 (Acumulado: 9-7; 18-26; 33-35; 39-62)
  • ACB COSTA DA MORTE: Santi, 10 ptos; Cristian Marcote, 9 ptos; Dani, 1 pto; Nando, 6 ptos; Pedro, 7 ptos – quinteto inicial - Christian Vázquez, 2 ptos; Luciano, 4 ptos; Adrián, 0 ptos.

Partido no que o equipo de Cee aguantou o resultado ata o inicio do último cuarto, onde o cansancio foi determinante para o marcador final cun parcial de 6 - 27. Final da primeira fase para este equipo.

Outros resultados;

  • Infantil Feminino: Basket Coruña Maristas A - ACB Costa da Morte (70-12).
  • Infantil Masculino: Ferroatlсntica Acb Costa da Morte - Xiria Basket (Aprazado).
  • Alevín Feminino: Ferroatlantica ACB Costa da Morte - Emilia Pardo Bazan (61-49).
  • Alevín Masculino: Ferroatlantica ACB Costa da Morte - STA. Maria del Ma (40-33).

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do ACB Costa da Morte.

Comentarios