Venres. 04.10.2024
El tiempo

As Sénior do ES Bazarra manteñen o pulso do ACB Costa da Morte

As Sénior do ES Bazarra manteñen o pulso do ACB Costa da Morte
Equipo Senior Feminino do ES Bazarra ACB Costa da Morte ES Bazarra patrocina da crónica da Liga da Costa - Coñece as nosas ofertas en www.bazarra.com

Nova fin de semana con 7 equipos da familia ACB Costa da Morte en liza. E se ben os resultados non foron os mellores, os equipos seguen en proceso de formación. As que seguen na mellor das liñas, son as sénior do ES Bazarra.

3ª División Sénior Masculina, 13ª Xornada

  • Resultado: INFORTECNY - ACB COSTA DA MORTE (46-36)
  • Parciais: 13-11; 16-9; 8-6; 9-10 (Acumulado: 13-11; 29-20; 37-26; 46-36).
  • ACB COSTA DA MORTE: Iván, 3 ptos; Deril, 10 ptos; Fabián, 5 ptos; Manuel, 6 ptos; Tinín, 11 ptos – quinteto inicial - ; José, 1 pto.

Partido no que, debido a lesións e traballo, o equipo de Cee desprazou tan só a 6 xogadores. Así e todo, foi o mellor partido disputado polo equipo de Cee nesta liga a pesar da derrota. Un moi bo traballo en defensa, que permitiu ó equipo do costeiro estar ata o final disputando o partido, obrigando o equipo de Santiago a pedir un tempo morto a falta de 3 minutos ó estar recortando a diferencia no marcador, e poñerse a tan só 6 puntos. Dous ataques dos de Cee fallados, con tiros baixo canastra que non entraron e houberan apretado ainda mais o marcador, déronlle aire a Infortecny para levarse o partido.

2ª División Sénior Feminina, 13ª Xornada

  • Resultado: E.S. BAZARRA ACB COSTA DA MORTE - C.B. DO LEA (46-32).
  • Parciais: 10-6; 12-13; 4-8; 15-11 (Acumulado: 10-6; 22-19; 26-27; 41-38)
  • E.S.BAZARRA ACB COSTA DA MORTE: Goretti, 0 ptos; Sandra, 6 ptos; Fani, 13 ptos; Esther, 9 ptos; Melissa, 2 ptos – quinteto inicial –; Yaiza, 9 ptos; Andrea, 0 ptos; Lidia, 2 ptos.

Partido no que en ningún momento houbo diferencias superiores os 6 puntos para calquera dos dous equipos. No último cuarto, estando por debaixo no marcador as rapazas de Cee conseguiron remontar nos 3 últimos minutos e manter unha vantaxa que permitiu entrar no último minuto co partido gañado.

Segue o equipo cunha dinámica moi boa en defensa, aínda que hai pequenos erros que hai que correxir e mellorar para próximos partidos.

2º División Infantil Masculino, 11ª Xornada

  • Resultado: ARTEIXO - FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE (57-22).
  • Parciais: 8-11; 13-3; 17-4; 19-4 (Acumulado: 8-11; 21-14; 38- 18; 57- 22)
  • FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE: Anxo, 0 ptos; Luciano, 2 ptos; Tomás, 0 ptos; Adrián, 18 ptos (1 tripla); Christian, 2 ptos.

Partido no que tan só acudiron 5 xogadores a disputalo partido. No primeiro cuarto foron capaces de gáñalo parcial, pero a partir dese momento, o non ter cambios o cansancio foi pasando factura, perdendo claramente o partido.

2ª División Cadete Masculino, 12ª Xornada

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE - FRUTAS ESTHER SANTYAGO (25-92).
  • Parciais: 3-28; 2-28; 14-14; 6-22 (Acumulado: 3-28; 5-56; 19-70; 25-92).
  • ACB COSTA DA MORTE: Adrián, 2 ptos; Cristian Marcote, 10 ptos; Dani, 2 ptos; Nando, 2 ptos; Santi, 7 ptos (1 tripla) – quinteto inicial - Luciano, 0 ptos; Christian Vázquez, 2 ptos.

Partido difícil, contra un equipo que non dou ninguna opción o equipo de Cee. No terceiro cuarto o equipo de casa conseguiu plantar cara, conseguindo empatar dito cuarto a 14 puntos.
Moi bo traballo dos 3 infantís que tiveron que xogar co equipo cadete ante as baixas que este tiña para o encontro.

2ª División Cadete Feminino, 12ª Xornada

  • Resultado: COMPAÑÍA DE MARIA – ABACO ACB COSTA DA MORTE (45-31)

2º División Infantil Feminino, 10ª Xornada

  • Resultado: SALGADO MONTROVE – FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE (49-18).

A pesar do marcador, bo partido das rapazas do Ferroatlántica ACB Costa da Morte.

Outros resultados

  • Minibasket Alevín Masculino (x.8): FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE-ADFRO (2-0) (vitoria dos ceense por non presentarse o equipo contrario).
  • Minibasket Alevín Feminino (x.8): FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE - VALES VILLAMARIN (45-37).

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do ACB Costa da Morte.

Comentarios