Sábado. 21.09.2024
El tiempo

As Torres Xemelgas

As Torres Xemelgas
Corme e Baio, dominadores da Liga da Costa, enfrontan nun encontro no que poñendo a lupa pódense atopar innumerables coincidencias na estructura dun e outro O Corme buscará ser forte na casa - Foto: Fin Lema O Corme buscará ser forte na casa - Foto: Fin Lema Cabe pouca o ningunha discusión á hora de apuntar cal é o mellor encontro da Liga da Costa, polo menos desde unha perspectiva meramente resultadista. A dúbida sobre cal é o mellor equipo, ou polo menos unha resolución subxectiva, poderá despexala todo aquel que se pase o domingo polo Cairo a partir das 16.00 horas. Corme e Baio, líderes da man, crúzanse nun encontro que xa leva certo cheiro de decisivo a longro prazo. Distintos en moitos aspectos do xogo, se un bota a lupa sobre ambos proxectos e concepcións de plantel pode atopar un feixe de puntos comúns que igual valen de guía para o futuro. Unha obvia condición común pasa polo carácter de recén descendidos de Primeira, sen ter toleado á hora da readaptación, así como unha decidida aposta pola continuidade. Sobre o campo ambos teñen co brazalete de capitán a unha lenda (Alejandro e Martín rivalizan en amor ás coras, clase e talento para ter triunfado moito máis arriba), un goleador nado, medrado e madurado na casa (Alejo e MC), así como un once repleto de futbolistas naturais da vila, que ten funcionado tamén coma gancho para unha afección volcada. A diferencia é pasa porque ese ten sido sempre o selo de cormelanía, mentres que o Baio ten pasado por diferentes tipos de apostas, aínda que sempre sen perder o 'feito na casa'. Case monopolizada por ese encontro, a atención do resto da xornada na Liga da Costa ten outro punto no derbi entre Mazaricos e Castriz, sobre o papel ambos cos papeis mudados na clasificación. En Cubaleiro de Corcubión retornará a casa o talento Brais Lado, defendendo a camiseta do Malpica, mentres que en Buño Cerqueda e San Lorenzo protagonizan un atractivo derbi norteño. En case tódalas categorías haberá un choque coa etiqueta de derbi, como en Preferente, coa visita do Sofán á Porta Santa de Paiosaco. Dous veciños de cousa de menos de vinte kilómetros, que apenas coinciden nalgunha competición por mor da división Mariñas/Costa. Non lle vale ao Soneira outra cousa que non sexa vencer ao Polvorín, candidato ao ascenso, mentres que o Xallas recibe a un correoso Chantada. Menos próxima será unha Primeira na que o Cordeiro será unha dura proba para o líder Dumbría, ao igual que o Unión para o Zas. Dous adestradores con personalidade, Camilo Perol e Alfredo Cambeiro, dominan o Flavia-Outes. Propicio para triunfo semella o Fisterra-Esclavitud. E na Terceira, o Muxía ten toda unha proba de fiabilidade en Fontiñas, contra un Nantón experimentado e rocoso. O Cabana-Lira tamén promete goles e bo nivel.  

PreferenteNorte, xornada 15

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 13

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 13

 

LigaGalega Xuvenil, xornada 12

1ªXuvenil, Gr.2, xornada 8

 

1ªXuvenil, Gr.3, xornada 12

LigaGalega Cadete, xornada 12

1ªCadete, xornada 9

LigaGalega Infantil, xornada 11

1ªInfantil, xornada 11

LigaAlevínSur, xornada 7

LigaBenxamínSur, xornada 7

LigasVeteranos, 1ª División

LigasVeteranos, 1ª División

 

Máisinformación

Comentarios