Nova fin de semana chea de deporte na Costa da Morte.
E comezamos polo fútbol. Tras consultar o Parte de sancións e ver a tremenda entrevista en vídeo co míster do Cerqueda, ollamos os encontros máis interesantes da fin de semana. Comezando por un Soneira que retrasa o seu encontro ante o Campus Stelae ata ás 19:00h do domingo.
Na 1ª a xornada chega quente e os 3 de arriba non poden fallar para seguir aspirando ao soño do ascenso.
A fin de semana na Liga da Costa chega con enfrontamentos entre equipos da zona alta cos da zona baixa.
Na 3ª da Costa continúa a emoción por arriba. O encontro da fin de semana será o que enfronte ao Mazaricos e ao Coristanco, 4º clasificado e case que o único que pode roubarlle o ascenso a un dos 3 de arriba. O que máis sofre o acoso do Coristanco é o Corcubión, que recibe o sábado ao Xaviña para volver á senda da vitoria. Tamén o Cerqueda - Cabana será un partidazo.
Ademais comeza o groso da Copa da Costa Xuvenil. Os oitavos comezan cun Dumbría - Corme que será apaixoante e que rememorará a finalísima na Liga Xuvenil Norte. O Soneira - Muros, no outro lado do cadro, tamén será intenso.
Liga Autonómica: O Fisober C. Vimianzo non disputará o partido que o tiña que enfrontar ó Funeraria Apostol de Santiago que queda aprazado para o sábado 19 de marzo.
Liga Provincial:
- Viaxes Amarelle F.S. - Concello de Ponteceso: sábado 12/03/2011 ás 17:00h no Municipal Novo Mesoiro
- Manureva Tall. Mundo - Fisober F.S.F. "B": sábado 12/03/2011 ás 18:30h no Ponte dos Brozos
- A Salina Xuventude F.S.F. - Sada F.S.F.: 12/03/2011 ás 19:00 no Pabellon Jose Lago.
Esta fin de semana se inicia a Copa Galega de Promoción de Slalom, reservada as categorías máis novas, da que os de Dumbría son os subcampeóns da Copa Galega. O Debut será en Tomiño este vindeiro domingo 13 de marzo, e dende o clube hai espectativas de obter moi bos resultados.