Venres. 26.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Coristanco devolve a emoción á Liga

3ª Autonómica: O Coristanco devolve a emoción á Liga

Disputábase o encontro da semana en Coristanco onde o equipo local acadou unha remontada que devolve a tensión á 3ª da Costa. Se ben Nantón e Mazaricos afianzan a súa posición e practicamente cercioraron o seu ascenso, o Corcubión complicouse, e de que xeito, o ascenso. Os de Manín terán que defender os 3 puntos de vantaxe nas últimas 4 xornadas de competición.

Coristanco - Corcubión (2-1)

  • CORISTANCO: Gonzalo, Luís, Germán, Oscar, Marcos, Benitez, Dani (Fariña, min.75), Mallón (Arantón, min.60), Gustavo (Pistolas, min.95), Palermo (Cota, min.70) e Toniño (Carlos, min.20)
  • CORCUBION: Cristian, Carlos, Balucho, Chisco, Manuel Cartamil, Jose (Paulo, min.75), Sergio Manín, Alán (Gabriel, min.55) (Jonhi, min.80), Santi (Estrella, min.60), Lourido, Mario (Edu, min.65).
  • Goles: 0-1, min.25: Mario, de falta; 1-1, min.35: Benitez; 2-1, min.90: Germán.
  • Expulsados: O visitante Lourido (min.80) e o local Carlos (min.90), ambos por dobre cartón amarelo.

Non serviu de moito o golazo de falta de Mario que puña por diante aos de Manín e que parecía alisar o camiño do Corcubión cara a Liga da Costa. O Coristanco reaccionou e ponlle así emoción a competición coa súa vitoria nos minutos finais. Agora distánciano 3 puntos do Corcubión que esta terceiro e pechando o postos de ascenso, o golaverage entre eles esta igualado e o Coristanco ten unha diferenza de goles de +4 con respecto ao equipo de Manín, polo que os catro partidos que quedan poden ser moi interesantes.

A nota negativa para os locais son os problemas de espalda que esta a sufrir o seu dianteiro Toniño que hoxe tivo que abandonar o campo aos 20 minutos. Pese a isto e encaixar un gol pouco despois, os coristanqueses non se deron por vencidos e con moita xuventude no seu plantel lograron empatar por medio de Benitez que marcaba de cabeza tras un centro lateral e logo Germán facía o mesmo no minuto 90. Manín amosábase afectado ao remate do encontro consciente de que esta derrota implica que o equipo manteña o ritmo de traballo ata o final e non ve nada sinxelo o ascenso.

Xaviña - Alcaian (2-2)

  • XAVIÑA: Juan (Sergio, min.20), Gallego, Juan Antonio, Maikel, Javi, Carlitos, Carlos, Búa, Dani, Elvis (Chapu, min.74) e David (Jonathan, min.80).
  • ALCAIAN: Herrera, París (Bruno, min.56), Iván Souto (Diego, min.38), Dani, Víctor, Pío, Luisito, César (Nito, min.56), Pablo Framil, Davidiño e Pistolas.
  • Goles: 0-1, min.12: Luisito; 1-1, min.35: David, de penalti; 1-2, min.47: Víctor, de penalti; 2-2, min.75: Chapu, de cabeza.

Partido igualado con pouco ritmo entre o Xaviña e o Alcaián, no que os visitantes tiveron algún ocasión moi clara para marcar, pero ao final houbo reparto de puntos. A nota negativa foi a lesión do porteiro local Juan, ao non ter suplente púxose na portería Maikel.

O primeiro tanto, de Luisito, foi de disparo cruzado, mentres que o seguinte intercambio de golpes chegou sempre desde os once metros. A acción que pechou o reparto de puntos foi un cabezazo de Chapu que se envelenou tras petar no atacante visitante Pistolas.

Independiente de Carballo - Outes (0-2)

  • INDEPENDIENTE: Noé, Manuel, Dani, Suso, Efrén, Panucci, Míchel, Rubén, Cholo, Iván Lorenzo e David.
  • OUTES: Gato, Martín, Saúl (Martín, min.80), Chúa, Arturo, Angel, Mario (Quin, min.60), Fabio, Pitu, Deivi e Damian (Mingos, min.70).
  • Goles: 0-1, min.23: Arturo; 0-2, min.70: Deivi.
  • Expulsado: Un xogador local.

Control do Outes que tivo o balón e boas ocasións de gol, sobre todo na primeira metade. Na segunda baixou o ritmo e sen xogar ben non pasou apuros para defender o marcador.

Cabana - Atl. Pereiriña (6-5)

  • CABANA: Sergio Xuvenil, Alfredo, Carlos, Eloi, Darío (Rubén, min.65), Xandro (Adrián, min.25), Josiño (Ismael, min.35), Rubén Rama, David Toja, Suso Docampo e Adán (Dani, min.55)
  • ATL. PEREIRIÑA: Simón, Grille, Riki, Javichu, Mario, Alex, Mario, Alvaro, Villar, Morcillo e Víctor.
  • Goles: 1-0, min.10: David Toja; 2-0, min.12: Suso Docampo; 3-0, min.15: Rubén Rama; 4-0, min.28: Suso Docampo; 4-1, min.50: Villar; 5-1, min.52: Suso Docampo; 6-1, min.60: Suso Docampo; 6-2, min.71: Propia porta; 6-3, min.80: Riki, de penalti; 6-4, min.83: Morcillo; 6-5, min.88: Víctor.

Partido moi aberto no que na primeira parte os visitantes non participaron e a media hora xa levaba encaixados catro goles.

Tralo descanso, no minuto 48, Alex desaproveitou unha pena máxima que parou o meta xuvenil Sergio. Pese a encaixar dous goles máis, os de Cee non se deron por vencidos e pouco a pouco foron acurtando as distancias, a relaxación foi tal no equipo local que se chega a durar un pouco máis o partido acabarían perdendo. Chema Eiris tivo varios contratempos e tivo que retocar o equipo polas lesións de Josiño, Xandro e Adán, o porteiro suplente Dani acabou xogando diante.

Corcoesto - Mazaricos (0-4)

  • CORCOESTO: Siro, Pepe, Rivera, Germán, Edelmiro, Roi, Luís (Manuel, min.75), Martín, Javi (Couto, min.75), Rodri e Miguel (Martín, min.60).
  • MAZARICOS: Juan, Casais, Chico, Ramón, Tuco, Matías (Coxo, min.70), Martín, Rodri, Estefano (Moncho, min.60), Aldo (Oreiro, min.65) e Brais (Esteban Pereiro, min.50)
  • Goles: 0-1, min.20: Aldo; 0-2, min.50: Ramón, de penalti; 0-3, min.75: Rodri; 0-4, min.88: Moncho.

Partido gañado polo maior oficio e acerto do líder que contaba con moitas baixas e se atopou cun Corcoesto moi combativo que lle puxo as cousas máis complicadas do que indica o marcador. O partido xogouse en Cabana e isto favoreceu máis aos visitantes que pronto se adiantaron tras unha xogada desafortunada do meta Siro. Despois do descanso un penalti moi dubidoso permitiu aos de Mazaricos xogar con máis tranquilidade. Tralo gol, os visitantes recuaron e os locais levaron o peso do encontro. Á contra os xogadores de Raúl Periscal completaron a goleada.

Nantón - Laxe (3-0)

  • NANTÓN: Ernesto, Diego, Carlos Santos, Felix, Sito (David, min.78), Carlos Vidal (Rubén, min.65), Martín, Amado (Fabio, min.80), Luís, Manolo e Javi (Manu, min.73)
  • LAXE: Jacobo, Oscar, Rubén (Jacinto, min.65), López, Lolo, Carlos, Beizana, Felipe, Dani, Adán e Antonio Castro.
  • Goles: 1-0, min.15: Javi; 2-0, min.23: Luís; 3-0, min.53: Sito.

Nova vitoria do Nantón que o deixa a un partido de conseguir o ascenso matematicamente. Na tarde de onte dominaron o partido de principio a fin ante un Laxe que aguantou un cuarto de hora. Saíron os cabaneses dominando o balón e os visitantes agazapados atrás esperando algún fallo local para montar contragolpes, pero na primeira xogada colectiva do Nantón que chegou a área do Laxe marcou o primeiro tanto. A partir de aquí, os visitantes intentaron estirar o equipo cara arriba e isto fixo que os locais encontraran máis ocos na defensa rival e aproveitárono marcando o segundo gol.

Xa na segunda metade, e ao pouco de empezar, Sito lograría o terceiro gol local derrubando definitivamente o Laxe, a partir de aquí o Nantón xogou a pracer e aínda puido aumentar a conta goleadora se os seus dianteiros estivesen algo máis acertados.

Muxía - Cerqueda (1-0)

  • MUXÍA: Papi, Chans, Josiño, Chori, David (Dani, min.35), Alvaro, Oscar Canario (Sancho, min.70), Alberto (Fran Gemelo, min.89), Fran Pioto, Dimas e Peski.
  • CERQUEDA: Fredi, Rober, Athu, Javi, Dani, Santi, Alex, Dieguito (Che, min.75), Gabi (Garrido, min.63), Lorenzo e Uru.
  • Goles: 1-0, min.67: Fran Pioto.

Partido entretido o disputado entre dous equipos que xa non teñen obxectivos claros na liga e xogaron e deixaron xogar polo que o choque foi bonito para os poucos espectadores que se desprazaron a Arliña.

Na primeira metade o Muxía xuntou máis as liñas atrás, deixou máis o balón aos visitantes e a contra tiveron unha boa ocasión de Fran Pioto, que non man a man non foi quen de bater a Fredi, xusto na xogada anterior, foi o visitante Lorenzo que se prantou só ante Papi, pero tampouco dou marcado.

Tralo descanso, os locais foron adueñandose máis do balón e tiveron o control absoluto, marcaron un gol e puido ser algún máis, pero nin o veterano Fran Pioto nin Peski estiveron acertados para aumentar a diferenza no marcador.

Muros B - Lira (0-4)

  • MUROS B: Iago, José María, Yeray, Canote, Paki (Casco, min.80), Mingos (Geiko, min.60), Ramón, Michael, Pedro Nieto (Pardelo, min.46), Pesco, Iru.
  • LIRA: Miguel Anxo, Boni (Juan, min.65), Toni (Santi, min.70), Marco Antonio, Pedro, Suso Patachin (Javi, min.55), Dani, German, Víctor (Pepiño, min.50), Ancho e Rico.
  • Goles: 0-1, min.50: Ancho; 0-2, min.55: Rico; 0-3, min.60: Ancho; 0-4, min.75: Ancho.

Partido sen pena nin gloria o vivido en Miraflores, sen apenas xente nun día en que o protagonista total era o antroido en Muros. Os dous equipos amosáronse moi desacertados, e todo o xogo de ámbolos equipos viña dado por fallos do rival. Desta forma o filial aguantou mentres duraron as forzas, nunha primeira parte pasou sen apenas ocasións e cos dous equipos pensando inda nos disfraces do dia anterior.

Pero a segunda parte, que prometía ser coma a primeira, tivo 15 minutos brillantes dos visitantes nos que Ancho e Rico fixeron que o marcador pasase a 3-0 nun abrir e pechar de ollos. A partires de aquí os dous equipos aproveitaron que había mais ocos e o carrusel de cambios de ámbolos conxuntos fixeron que quixesen tocar mais e froito disto o Muros B estivo rondando a portería visitante en varias ocasións pero sen chegar a rematar a portería. O partido rematou con outro gol de Ancho froito doutra combinación entre Rico e el con Santi de por medio.

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Colabora Miguel de Lira e Martín Suárez.

Comentarios