![Vimianzo - Ponteceso]()
Bos resultados para os nosos nas categorías máis altas. O
Soneira suma e segue cun complicado empatiño en O Val.
E a nova saltou
na 1ª con grandes resultados dos nosos que seguen empeñados en facernos soñar cun triple ascenso costeiro á Preferente.
A vitoria da semana foi ese 1-4 do
Dumbría en Vilaboa ante un Olímpico que xa queda por detrás. O
Cee non fallaba e vencía, con algún que outro apuro ao Eume. E o
Xallas non puido traspasar o autobús do Estudiantil e acadou un punto que o mantén coas súas aspiracións intactas. O Zas recibiu
Deste xeito, o Cee mantense líder con 50 puntos, 2 máis que Unión e Sada, mentres que Xallas e Dumbría quedan 4º e 5º con 47 puntos. Os 3 teñen enormes opcións de acadar o ascenso.
Na
Liga da Costa as cousas van quedando máis claras por arriba e por abaixo. O Camariñas salvou un puntiño no complicado campo do Carral, nun partido bronco, con xogo forte no que o equipo de Manolín tivo que xogar moitos minutos con 10 trala expulsión de Maikel. Con este tropezo, o Camariñas case que asegura a segunda praza, xa que mantén ao 3º a 10 puntos. Pero o Ponteceso xa saca 4 puntos aos camariñáns e perfílanse como campións da Liga da Costa.
E por abaixo,
parece que a única loita vai estar entre Carnota e Porteño por evitar a segunda praza de descenso. O Carnota arrincaba un punto do Cairo e confirma a súa melloría. Pola contra, agrávanse os problemas na Ponte do Porto, que, tras unha semana convulsa, case non xuntou xente para o trascendental partido ante o Malpica e caeu por 0-5. O Pindo cerciorou case que a tranquilidade ao gañar ante a Esteirana por 4-1.
As cousas na
3ª continúan apretadas. Esta semana a 3ª praza de ascenso volve a ser toda unha incógnita.
O Coristanco métese de cheo na loita polo ascenso tras gañar 2-1 ao Corcubión. Agora son só 3 puntos de diferencia os que separan ao Corcubión do Coristanco, que ademais ten un +4 no golaverage xeral unha vez que o individual o teñen empatado. Ambos equipos teñen ademais un complicado calendario, sobre todo fóra de casa, no que resta de campaña.
Polo demais parece que nin Cabana nin Cerqueda van poder unirse á loita logo da derrota dos malpicáns en Muxía.
E na
Copa da Costa Xuvenil,
Malpica, Cabana e Baio pasan rolda por un lado do cadro, cun enfrontamento directo entre os dous primeiros mentres que o Baio terá xogar contra o Cee. O
Corcubión superaba ao Outes no outro lado e xa lle espera o Bergantiños B.
Liga de Fútbol Sala de Cee
Liga de
Futbol Sala de Cee cos resultados actualizados
Na
1ª División continúan as cousas como hai un mes, coa loita tremenda entre os fisterráns do
Bujeiro e os vimianceses de
Distribuciones Barral. 2 puntos os separa en favor dos fisterráns pero que teñen un encontro máis.
Por abaixo, Ferroatlántica e Clínica Sar reman para alcanzar aos Seguros Sanchiño, Construcciones Insua e Galfcar Instalaciones para evitar as dúas prazas de descenso.
Na
2ª División, case que todo está decidido xa que os ceenses do
Panadería Pichín e os carnotáns do
Café do Mar parecen os claros aspirantes ao ascenso. 9 puntos separan aos de Carnota, 2º, do Seguros Costa da Morte, 3º, polo que parece complicado que poidan roubarlle as prazas de ascenso.
Preferente, xornada 30
1ª Autonómica, xornada 26
Estudiantil |
0-0 |
Xallas |
Cee |
2-1 |
Eume |
Zas |
0-8 |
San Tirso |
Olímpico |
1-4 |
Dumbría |
2ª Autonómica, xornada 26
Dumbría B |
3-0 |
Castriz |
Muros |
2-1 |
Club do Mar |
Corme |
1-1 |
Carnota |
Sofán |
1-1 |
Camariñas |
Vimianzo |
0-4 |
Ponteceso |
Porteño |
0-5 |
Malpica |
O Pindo |
4-1 |
Esteirana |
Fisterra |
4-1 |
Baio |
Buño |
0-1 |
San Lorenzo |
3ª Autonómica, xornada 26
Indep. Carballo |
0-2 |
Outes |
Xaviña |
2-2 |
Alcaián |
Cabana |
6-5 |
Atl. Pereiriña |
Coristanco |
2-1 |
Corcubión |
Nantón |
3-0 |
Laxe |
Muxía |
1-0 |
Cerqueda |
Muros B |
0-4 |
Lira |
Corcoesto |
0-4 |
Mazaricos |
Liga Nacional Xuvenil, xornada 24
Copa da Costa Xuvenil, Fase Previa
1-2 |
Zas |
Malpica |
2-2 |
2-2 |
Coristanco |
Cabana |
2-3 |
0-0 |
Baio |
Camariñas |
1-0 |
2-1 |
Outes |
Corcubión |
3-1 |
Liga Galega Cadete, xornada 23
Santa Comba |
0-3 |
Deportivo B |
Montañeros B |
07/03 - 20:30 |
Bergantiños |
Segunda cadete, xornada 22
Esteirana |
1-2 |
Bergantiños B |
Outes |
3-4 |
Muros |
Cabana |
Susp.* |
Soneira |
Coristanco |
1-3 |
Ponteceso |
Baio |
3-1 |
Cee |
Fisterra |
6-3 |
Con. de Carnota |
Dumbría |
7-0 |
Malpica |
* O Cabana - Soneira non se disputou por incomparecencia do equipo vimiancés que confundiu a hora do partido.
Segunda infantil
Cabana |
6-1 |
Outes |
Zas |
3-8 |
Cee |
Con. de Carnota |
3-3 |
E.M.F. Vimianzo |
Dumbría |
9-0 |
Coristanco |
Esteirana |
0-5 |
Santa Comba |
Baio |
3-4 |
Muxía |
Bergantiños B |
4-2 |
Os Miúdos |
Ligas de Veteranos, xornada 23
1ª División
Bértoa |
4-2 |
Zas |
Nantón |
1-0 |
Corcubión Vet. |
Vimianzo |
6-3 |
Ponteceso |
San Román |
7-1 |
Cabana |
At. Milagrosa |
1-5 |
Xv. Bergantiños |
Bergantiños |
3-1 |
Baio |
Castriz |
3-0 |
Camariñas |
2ª División
Sofán |
4-5 |
Cerqueda |
Dep. Carballo |
0-2 |
San Lorenzo |
Porteño |
1-3 |
Club do Mar |
Agualada |
3-3 |
Corme |
Buño |
1-3 |
Corcoesto |
Coristanco |
6-1 |
Leiloio |
Malpica |
2-2 |
Muros |
Máis información
Artigos relacionados
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).