Venres. 29.03.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Os 3 equipos confírmanse como firmes candidatos ao ascenso

1ª Autonómica: Os 3 equipos confírmanse como firmes candidatos ao ascenso
A vitoria do Dumbría ante o Olímpico confirma que os 3 equipos costeiros da zona alta da 1ª Autonómica, son, a día de hoxe, firmes candidatos ao ascenso. O Cee non fallaba ante o Eume mentres que o Xallas non podía superar o autobús que puña o Estudiantil na súa propia casa. Con estes resultados, o Cee mantense de líder e saca 2 puntos a Sada e Unión. Por detrás, a tan só un punto do ascenso, chegan xa empatados Dumbría e Xallas, mentres que Olímpico e Imperátor pechan o grupo de cabeza. A igualdade é total, e tan só son 4 puntos os que separan ao líder do 7º clasificado.

Olímpico - Dumbría (1-4)

  • Dumbría: Juan Purrúa, Iván Pequeño, Suso, Aarón (Jesús, min.70), Pablo Conde, Pablo Serrano (Isma, min.46), Marco (Eloy, min.46), Iago, Schuster, Piri (Toja, min.75) e Brais (Adrián Mackaay, min.60).
  • Goles: 1-0, min.10: 1-1, min.25: Iago de penalti; 1-2, min.50: Iago; 1-3, min.65: Adrián Mackaay; 1-4, min.75: Adrián Mackaay tras un pase de Toja.
Tremenda vitoria do Dumbría en Vilaboa ante un Olímpico que se presenta como firme candidato ao ascenso. Os de Canosa sabían que o encontro era unha final e os novos xogadores dumbrieses (con varios xuvenís mesmo no campo) sacaron o mellor do equipo para metelo de cheo na loita polo ascenso. E iso que saiu mal o conxunto dumbriés e tivo que sufrir sobre todo nos primeiros 15 mintuos. Iago recurtaba distancias e puña tranquilidade no ecuador da primeira metade. Pero de aí ao denscanso o partido non foi fácil, e os locais tiveron ocasións para poñerse 2-1. Pero saíu moito mellor na segunda o Dumbría. Marcou rápido, segundo tanto de Iago na tarde, e obrigou ao equipo local a adiantar liñas. Abríronse os espacios e Adrián Makaay matou á contra o partido. Todo nun encontro no que Canosa demostra a súa aposta pola xuventude. I é que xuvenís como Jesús ou Toja están a ter minutos nos encontros máis importantes da temporada. Ademais, o equipo tamén recuperou o golaverage e iso que en Dumbría, na ida, caera por 0-1.

Cee - Eume (2-1)

  • Cee: Parroto, Ruben Fiuza, Jacobo (Sergio, min.82), Rafa, Dani Freire, Fermín (Chapu, min.60), Angeliño, Rivi, Tasky (Penedo, min.77), Luilli (Diego Cespon, min.86) e Fernando.
  • Goles: 1-0, min.4: Rivi. 1-1, min.12:. 2-1, min.40: Luilli.
Partido complicado o que sacou o Cee na casa ante o correoso Eume. Os de Pato sabían que era un novo partido trampa pero volveron á senda da vitoria tras dous encontros sen vencer. Comezou ben o equipo local e Rivi adiantaba aos seus. pero de contado anulaba a vantaxe o Eume poñendo as táboas no marcador. O Cee controlaba pero o Eume amosábase moi firme. Foi Luilli quen puxo ao Cee por diante antes do descanso. Gol clave para que o equipo estivera mais tranquilo na segunda metade. E iso que os visitantes nunca deron o encontro por perdido e foi Parroto o que se erixiu como heroe na meta local.

Estudiantil - Xallas (0-0)

  • Xallas: Cheli, Ismael, Iván, Pika, Álvaro, Adrián Prol, Rubén Forján, Jesús, Adrián Beiroa, Toni (Pereiro, min.94) e Leo (Roberto, min.75).
Partidazo do Xallas, que vai metendo medo aló por onde vai. I é que os equipos da zona media e baixa, cando chega o equipo de Iván Cancela e Santi Casal, meten o autobús e a agardar un empate sen goles. Así foi na tarde de onte, forza, brega e 11 homes na área local o que prantexou o Estudiantil. Os xalleiros dispuxeron de ata 30 ocasións, tras dominar e ter o control do esférico todo o partido. E iso que se facía difícil xa que o silbato soaba unha e outra vez non permitindo continuidade no xogo, o que perxudicaba aos que querían xogar. O Xallas protestou un penalti a Toni no min.15, pero é que ocasións houbo de toda clase: Rubén Forján lazou dous chutazos dende fóra da área; Álvaro mandou un remate de cabesa ao longueiro; Leo dispuxio dunha ocasións a bocajarro que parou o porteiro; Toni, Jesús e Adrián Beiroa o intentaron dende fóra... Unha morea de ocasións que fixeron do porteiro o heroe do partido. Así e todo, o Xallas mantén intactas as súas opcións. E iso que poderá ter problemas para a semana que vén. Toni pasará toda a semana entre algodóns, e Iván Cancela non poderá contar con Adrián Prol e Leo por acumulación de cartóns.

Zas - San Tirso (0-8)

  • Zas: Luis de la Peña, Javito (Roly, min.65), José, Kiko, Diego, Luis Alvite, Churián (Rony, min.50), Kevin, Esteban de Baíñas, Javi Suárez e Juan.
Novo partido para olvidar do Zas. O equipo desexa que remate a competición canto antes. Se os xuvenís xa caían, sorprendentemente na Copa ante o Malpica, son varios os xuvenís que forman parte do 11 zaense neste final de competición na 1ª.

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

Comentarios