Martes. 17.09.2024
El tiempo

Axenda deportiva desta volta ás competicións

Axenda deportiva desta volta ás competicións
Imaxe do intenso partido de Copa entre Sofan e San Lorenzo no Carral-Foto- SD Sofan

Volve o fútboldacosta neste último sprint de competicións ligueiras, como simboliza o cambio de horario, xa que a meirande parte dos partidos serán ás 17:00h. Apenas nos queda mes e medio de ligas para dar paso a unha Copa que xa comezou con gran intensidade. Así que repasamos a actualidade futboleira non sen apuntar que esta primeira fin de semana de abril tamén comeza a I Liga Intermunicipal de tenis de mesa, ou que haberá, baloncesto...

E, antes de repasar os sancionados, comezamos o repaso á Previa pola Preferente, na que descansa o Xallas de Santa Comba, e na que Soneira e Dumbría terán enfrontamentos asequibles para seguir sumando e afianzarse na metade alta da táboa.

En 1ª Autonómica, a finalísima tócalle esta fin de semana ao Fisterra, e cos fisterráns estarán tamén o Ponteceso e mais o Camariñas, pois unha vitoria dos de Juan Jesús en Padrón pode significar un duro golpe para o Flavia, pero que de gañar meteríase de novo na loita por evitar o descenso. Tan importantes serán os choques do Camariñas e o Ponteceso. Berto buscará ante un Villestro na zona alta pero sen nada en xogo, a súa primeira vitoria no Hermanas Patiño. E Nacho terá que sumar si ou si, e a poder ser de 3 en 3, ante o Puebla. Mentres, o Malpica terá un choque co Unión sen nada en xogo.

Bonita xornada na 2ª Autonómica, na que os de arriba non poden fallar. A Esteirana tócalle recibir a un Cabana en serios apuros, ao Cee visitar a un Montelouro que se quere aferrar á categoría, e ao Baio tócalle recibir a un Volantes que non se pode fiar e ten que volver sumar. Por detrás haberá un sempre intenso Corme-Sofán no Cairo, mentres que por abaixo será importabte o Mazaricos-Outes.

Mentres, en o IDC buscará manter a súa distancia cos perseguidores superando a un Nantón que aínda ten opcións de meterse na promoción. Igual que o Baíñas, que visita ao Camelle e terá que sumar se non quere dicir practicamente adeus ao ascenso. Mentres o Porteño suma os puntos do filial fisterrán.
Na segunda loita, o Muxía-Soneira B, o Cerqueda-Laxe e o Lira-Ameixenda serán os partidazos da semana. Estes 6 equipos, ademais do Baíñas e o Nantón, son os que loitan por esas 3 prazas que restan de promoción, e da que o filial soneirán xa ten unha case que en propiedade.

E comeza a verdadeira Copa da Costa Xuvenil. Con 16 equipos en liza, os Oitavos de final prevense moi competidos, destacando de entre as 8 eliminatorias, a ida e volta, a do Dumbría-Ponteceso, os dous campións de liga que a posteriori caeron na 2ª fase.

As boas novas na Liga Galega Cadete que descubrimos onte coa proba dun cadete fisterrán do Dumbría co Levanre, pode completarse cunha vitoria dos de Lobelos e Leis ante o Conxo B esperando que o Ural non sume ante a SD e arrebetando así a 3ª praza, que permitiría un incrible ascenso á División de Honra.

Datas importantes nos Veteranos

Finalísimas nas dúas divisións dos Veteranos este domingo, i é que a falta de 3 xornadas, o líder, o Soneira, recibe ao inmediato perseguidor, un Castriz que estando a 5 puntos só lle vale a vitoria para seguir aspirando. De gañar, o Soneira pode cantar o alirón no Municipal na súa primeira temporada na 1ª División.
Ademais, en 2ª, Laxe e Corcoesto xóganse a 2ª praza de ascenso en Laxe, con só dous puntos de diferencia a favor dos primeiros, e cun Muros que tampouco pode fallar porque xa non ten demasiada renda.

Ademais, os veterenos teñen cita hoxe co sorteo da Copa da Costa de Veteranos, que se celebrará a partir das 21:30h no Local da 3ª Idade de Neaño, en Cabana.

Sancións

E traemos aquí tamén o parte de sancións, que ten como detalle destacado a multa de 60€ ao Ameixenda por indicentes leves no público do San Paio de Refoxos no choque co Independientes, tras desestimar as alegaciçons presentadas polo clube.

Preferente

  • ADRIÁN MACKAAY (SONEIRA).

Aperc. Pref.:
- JESÚS GABRIEL MARTÍNEZ (DUMBRÍA).
- DANI CASAL /DUMBRÍA).

2ª Autonómica

  • DIEGO CESPON BLANCO (U.C. CEE).
  • EDUARDO PAIS PEREZ (U.D. CORCUBION).
  • ALAN INSUA REDONDA (U.D. CORCUBION).
  • MANUEL OLIVEIRA GOMEZ Entrenad. U.D. CORCUBION).
  • DAVID ANTELO MIRA (BUÑO).
  • RAUL PERISCAL BLANCO Entrenad. CABANA).
  • ELISARDO CONCHAS MARTINEZ (MUROS).
  • DAVID J PASTORIZA FERNANDEZ (MUROS).
  • MARCELINO FERNANDEZ MARTINEZ (VOLANTES DE BAÑO).
  • IVAN M MAYO FERNANDEZ (VOLANTES DE BAÑO).
  • JOSE M PREGO CASTRO (S.D. CASTRIZ).
  • DAVID POSE GERPE (S.D. CASTRIZ).
  • ALFREDO PEREIRO SUAREZ (SPORTING ZAS).
  • OSE M ALVITE NOVIO (U.D. CARNOTA).
  • ADOLFO ALVARELLOS FIGUEROA (CORME).
  • JUAN C MARTINEZ SANTOS (CORME).
  • ABEL SOUTO CORES (S.D. SOFAN).

Aperc. 21:
- IVAN PARDIÑAS BLANCO (CABANA S.D.).
- ESTEFANO GARCIA NOVO (MAZARICOS).
- PABLO BEIRO REBOLLIDO (U.D. CARNOTA).
- ALEJO CAMBON ALVAREZ (CORME).
- ADRIAN NUÑEZ FERREIRO (CORME).
- JUAN CHANS VERES (CORME).


3ª Autonómica

  • MIGUEL RIVEIRO VAZQUEZ (CAMELLE).
  • MARCOS DUARTE AMEIJENDA (C.F. CASTRELO).
  • ESTEBAN CANOSA CAMBEIRO (C.D. BAIÑAS).
  • JOSE MANUEL RODRIGUEZ LEMA Entrenad. C.D. BAIÑAS 3 partidos).
  • DANIEL RODRIGUEZ LEMA (C.D. BAIÑAS 2 partidos).
  • BRAIS FERNANDEZ PEREZ (INDEPENDIENTE).
  • ALEJANDRO RODRIGUEZ GOMEZ (INDEPENDIENTE).
  • JOSE M CASTRO VILANOVA (INDEPENDIENTE ).
  • JAVIER CAAMAÑO QUINTELA (S.D. AMEIXENDA).
  • ALEJANDRO TRILLO TRILLO (S.D. AMEIXENDA 2 partidos).
  • OSE A CARBALLO CAMBEIRO Colabor. S.D. AMEIXENDA 2 Semanas).
  • IAGO MARTINEZ SANCHEZ (C.F. PORTEÑO ).
  • CRISTIAN CANOSA PEREZ (SONEIRA S.D. "B" ).
  • MARTIN CASTRO MARTINEZ (S.D.C. CORCOESTO).
  • JOSE M TORREIRA PAZOS (S.D. CORISTANCO).
  • ESTEBAN LEMA GANDARA (XAVIÑA).

Aperc. 3ª:
- BORJA PEREZ CASTRO (S.D. AMEIXENDA).
- JAVIER BARRIENTOS DIAZ (S.D. AMEIXENDA).
- JESUS MARQUEZ EZARA (S.D. AMEIXENDA).
- FRANCISCO J FERNANDEZ BLANCO (U.D. CERQUEDA).
- JOSE M GUILLAMET VARELA (U.D. CERQUEDA).


Copa da Costa

  • JUAN F LAGO PARIS (MUROS).
  • SAMUEL FERNANDEZ BEIRO (2º Entren. MUROS).
  • MANUEL LAGO PARIS Entrenad. MUROS).
  • GUSTAVO EIRIS BECERRA (S.D. SOFAN).
  • ABEL SOUTO COBES (S.D. SOFAN).
  • JAVIER CAAMAÑO QUINTELA (S.D. AMEIXENDA).
  • DIEGO BERMUDEZ RORIGUEZ (S.D. AMEIXENDA).

Copa da Cosa Xuvenil

  • ALEJANDRO FIGUEIRAS FORMOSO (S.C.D. ESTEIRANA).
  • SERGIO MAYO FERNANDEZ (S.C.D. ESTEIRANA).
  • FRANCISCO RODRIGUEZ BUGALLO (CORME).

Aperc. Xuv:
- JAVIER ANTELO LOPEZ (CAMARIÑAS).
- DIEGO ESTEVEZ LESTON (MUROS).
- ISMAEL CAAMAÑO LAMELA (MUXIA)..


A Xornada do #futboldacosta

Preferente, xornada 32

Soneira 07/04 - 17:00 Dubra
O Paramo 07/04 - 17:00 Dumbría
  • Xallas StComba descansa.

1ª Autonómica, xornada 29

Flavia 06/04 - 16:15 Fisterra
Camariñas 07/04 - 17:00 Villestro
Unión 07/04 - 17:00 Malpica
Ponteceso 07/04 - 17:00 Puebla

2ª Autonómica, xornada 29

Montelouro 07/04 - 17:00 Cee
San Lorenzo 07/04 - 17:00 Corcubión
Dumbría B 07/04 - 17:00 Buño
Esteirana 07/04 - 17:00 Cabana
Baio 07/04 - 17:00 Volantes
Muros 07/04 - 17:00 Castriz
Mazaricos 07/04 - 17:00 Outes
Zas 07/04 - 17:00 Carnota
Corme 07/04 - 17:00 Sofán

3ª Autonómica, xornada 29

Indep. Carballo 06/04 - 17:00 Nantón
Xaviña 06/04 - 18:30 Alcaián
Camelle 07/04 - 17:00 Baíñas
Lira 07/04 - 17:00 Ameixenda
Muxía 07/04 - 17:00 Soneira B
Corcoesto 07/04 - 17:00 Coristanco
Cerqueda 07/04 - 17:00 Laxe
  • Descansa Castrelo.
  • Fisterra B - Porteño (0-2) por retirada do filial.

Copa da Costa Xuvenil, Ida dos Oitavos

Oitavos da Copa da Costa Xuvenil

Liga Galega Cadete, xornada 27

Dumbría 06/04 - 12:00 Conxo B
Residencia 06/04 - 16:00 Bergantiños

Liga Galega Infantil, Playoff polo título, xornada 8

Celta 06/04 - 18:15 Bergantiños

Liga Galega Infantil, Playoff polo descenso Norte B, xornada 8

Monteañeros 07/04 - 12:00 Dumbría

1ª Cadete, xornada 21

Esteirana 05/04 - 18:15 Fisterra
Outes 06/04 - 10:30Muxía
Coristanco 06/04 - 10:30 Xallas StComba
Cee 06/04 - 16:00 Ponteceso
Zas 06/04 - 16:00 Baio
Porteño 06/04 - 16:15 Con. de Carnota
Muros 07/04 - 10:00 Cabana

1ª Infantil, xornada 25

Fisterra 06/04 - 17:00 E.M.F. Vimianzo
Cee 06/04 - 18:00 Coristanco
Esteirana 07/04 - 10:30 Cabana
Xallas StComba 07/04 - 10:30 As Baleas
Baio 07/04 - 10:30 Muxía
Os Miudos 07/04 - 10:30 Corme
Sofán 07/04 - 11:30 Ponteceso
  • Descansa Outes.
  • Fisterra-Vimianzo alteran a orde e xogan en AraSolis.

Ligas de Veteranos, xornada 28

1ª División

Soneira 07/04 - 10:00 Castriz
San Román 07/04 - 10:00 Bértoa
Bergantiños 07/04 - 11:00 Coristanco
Nantón 07/04 - 11:00 Baio
Ponteceso 07/04 - 11:00 Zas
Xv. Bergantiños 07/04 - 11:00 San Lorenzo
Corcubión Vet. 07/04 - 11:00 Vimianzo
Camariñas 07/04 - 11:00 Cabana

2ª División

Malpica 07/04 - 10:00 Sofán
At. Milagrosa 07/04 - 11:00 Dep. Carballo
Laxe 07/04 - 11:00 Corcoesto
Corme 07/04 - 11:00 Camelle
Buño 07/04 - 11:00 Leiloio
Poniente 07/04 - 12:00 Cerqueda
Muros 07/04 - 17:00 Porteño
  • Descansa Agualada.

I Liga Tenis de mesa

Este domingo 7 de abril Ponteceso acolle a inaguración da I Liga Intermunicipal de Tenis de mesa da Costa da Morte. Os Equipos amateurs de Ponteceso, Muxía e Corcubión competirán durante máis dun mes para espallar este senlleiro deporte.

Pero ademais, a familia do Anorthosis entra na recta final das ligas, concretamente na 2ª división galega grupo centro. O Sábado 6 de abril no ximnasio do CPI de Zas toca:
- 16'00 h. Anorthosis Vimianzo - Panadería Sigüeiro.
- 16'00 h. Concello de Zas Aquacenit - Oroso Valoriza.
- 18'00 h. Anorthosis Vimianzo - Oroso Valoriza.
- 18'00 h. Concello de Zas Aquacenit - Panadería Sigüeiro.

  • En marcha a Liga Costa da Morte de tenis de mesa.

Baloncesto

O sábado 6, o Municipal de Cee acollerá os seguintes choques:
- 16:00h- Infantil masculino: Ferroatlantica ACB Costa da Morte - Tirso de Molina.
- 18:00h: Cadete feminina: Abaco ACB Costa da morte - Basquet Coruña Maristas B.
- 20:00h. Senior masculino: ACB Costa da Morte - Concept Spain.

E o domingo:
- 19:00h- Infantil feminina: Ferroatlantica ACB Costa da Morte - Obradoiro.
- 17:00h. Cadete feminina: Abaco Acb Costa da Morte - Santa Mª Mar.


Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios