Axenda deportiva dunha fin de semana de temporal

Nova fin de semana, e só queda unha de competicións antes do parón de Nadal. Por iso chega cargada de deporte, ao igual que de cultura e festas como podemos comprobar na Axenda Costa da Morte da fin de semana. Deportes, ademais do fútbol, teremos xadrez, volei, balonmán, baloncesto, fútbol sala, taekwondo…

Iso si, atentos ao temporal, que parece que chega cargado de chuvia e vento…

E comezamos o repaso á previa do #futboldacosta pola Preferente. E os nosos non o terán fácil. O Soneira terá o choque máis complicado pero que pasa por ser unha oportunidade de meterse arriba de todo, se supera ao Boiro. O Dumbría recibe o sábado ao Chantada, equipo metido na zona de descenso, polo que os de Canosa, con algunha baixa por sancións. Mentres o XSC visita a un Dubra que tamén se pode unir á loita de vencer.

En 1ª Autonómica, será o que máis o necesita, o Ponteceso, o que peor o teña. Os de Nacho visitan a cancha do líder o Noia. Ademais, o Fisterra visita a un Villestro moi arriba; o Malpica terá que sumar ante o Bertamiráns B na Pedra Queimada mentres que o Camariñas ten unha saída complicada ante o Laro.

Na 2ª Autonómica hai interesantes choques. Por arriba, o líder, a Esteirana, terá un partido máis que complicado en Lombáns, onde os derbis sureños sempre son moi quentes. O choque máis igualado da xornada será o Sofán-Baio, que chega cos dous equipos igualados a 6 do líder, con 32 puntos, os mesmos que un Cee que lle toca visitar a marea laranxa de Miraflores.
E por abaixo, intenso será o Outes-Dumbría B, unha das últimas ocasións para o filial de ir saíndo do pozo; así como o Cabana-Corcubión do sábado, con máis do mesmo para o Cabana; ou o Castriz-San Lorenzo.

En , media xornada adiántase ao sábado, e centra a atención en Vimianzo, nun intenso Soneira B - Camelle. O líder, o Porteño non pode fallar ante o pechacancelas, e o Independiente non pode perder o fio e terá que superar ao Laxe.

En Xuvenís, o único enfrontamento directo será o XSC-Fisterra ao que terá que estar atento o Cee se quere recuperar as posibilidades de meterse entre os 3 primeiros. Polo Norte, o Baio ten que gañar e esperar que algún dos de arriba pinche.

Preferente, xornada 17

C.F. Dumbría 15/12 - 18:15 S.D. Chantada
Soneira S.D. 16/12 - 16:30 C.D. Boiro
Dubra 16/12 - 16:30 Xallas StComba

1ª Autonómica, xornada 16

S.D. Villestro 16/12 - 16:00 S.D. Fisterra
S.C.D. Malpica 16/12 - 16:00 Bertamiráns B
C.F. Laro 16/12 - 16:30 Camariñas F.C.
C.F. Noia 16/12 - 17:00 Ponteceso S.D.

2ª Autonómica, xornada 16

Cabana 15/12 - 18:00 U.D. Corcubión
U.D. Montelouro 16/12 - 16:00 Buño S.D.
Volantes F.C. 16/12 - 16:00 U.C. Cee
U.D. Carnota 16/12 - 16:00 S.D. Esteirana
S.D. Sofán 16/12 - 16:00 C.D. Baio
Corme C.F. 16/12 - 16:00 Muros S.D.
Sp. Zas 16/12 - 16:00 Mazaricos C.F.
S.D. Castriz 16/12 - 16:30 S.D.San Lorenzo
Outes C.F. 16/12 - 17:00 Dumbría C.F. B

3ª Autonómica, xornada 16

Soneira B 15/12 - 16:00 Camelle S.D.
S.D. Laxe 15/12 - 16:00 Indep. Carballo
C.D. Nantón 15/12 - 16:30 C.D. Baíñas
Porteño C.F. 15/12 - 21:00 C.F. Castrelo
S.D. Coristanco 16/12 - 16:00 Lira C.F.
S.D. Alcaián 16/12 - 16:00 S.D. Fisterra B
Xaviña F.C. 16/12 - 16:00 Muxía C.F.
U.D. Cerqueda 16/12 - 17:00 SDC Corcoesto
  • Descansa Ameixenda.

Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 16

C.F. Dumbría 15/12 - 11:00 Mazaricos C.F.
Soneira S.D. 15/12 - 12:15 U.C. Cee
S.D. Esteirana 15/12 - 12:15 U.D. Corcubión
Outes C.F. 15/12 - 16:00 Muros S.D.
Xallas StComba 15/12 - 16:00 S.D. Fisterra

Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 16

Cabana 15/12 - 16:00 S.D. Laxe
Camariñas F.C. 15/12 - 16:00 C.D. Baio
S.C.D. Malpica 15/12 - 16:00 Sp. Zas
S.D. Coristanco 15/12 - 16:00 Muxía C.F.
Ponteceso S.D. 15/12 - 18:00 Corme C.F.

Liga Galega Cadete, xornada 15

S.D. Negreira 15/12 - 10:30 Bergantiños C.F
C.F. Dumbría 15/12 - 16:00 S.D. Compostela

Liga Galega Infantil, xornada 16

S.C.D. Milagrosa 15/12 - 12:00 C.F. Dumbría
Bergantiños C.F. 16/12 - 12:00 C.D. Lalín

1ª Cadete, xornada 8

Muxía C.F. 15/12 - 10:30 Outes C.F.
Xallas StComba 15/12 - 10:30 S.D. Coristanco
C.D. Baio 15/12 - 10:30Sp. Zas
Con. de Carnota 15/12 - 10:30 Porteño C.F.
Cabana S.D. 15/12 - 11:30Muros
Ponteceso S.D. 15/12 - 16:00 U.C. Cee
S.D. Fisterra 16/12 - 11:30 S.D. Esteirana

1ª Infantil, xornada13

U.C. Cee 14/12 - 16:30 Corme C.F.
E.M.F. Vimianzo 15/12 - 18:15 As Baleas
Cabana S.D. 16/12 - 10:30 S.D. Fisterra
Outes C.F. 16/12 - 10:30 Ponteceso S.D.
S.D. Esteirana 16/12 - 10:30 S.D. Coristanco
S.D. Sofán 16/12 - 10:30 Muxía C.F.
Xallas StComba 16/12 - 10:30 E.D. Os Miudos
  • Descansa Baio.

Ligas de Veteranos, xornada 14

1ª División

Bergantiños 16/12 - 09:30 Castriz
Soneira 16/12 - 10:00 Cabana
Coristanco 16/12 - 11:00 Baio
Nantón 16/12 - 11:00 Zas
Ponteceso 16/12 - 11:00 San Román
Xv. Bergantiños 16/12 - 11:00 Bértoa
Corcubión Vet. 16/12 - 11:00 San Lorenzo
Camariñas 16/12 - 11:00 Vimianzo

2ª División

At. Milagrosa 16/12 - 10:00 Camelle
Leiloio 16/12 - 11:00 Malpica
Poniente 16/12 - 11:00 Agualada
Laxe 16/12 - 11:00 Cerqueda
Muros 16/12 - 11:00 Corcoesto
Buño 16/12 - 11:00 Dep. Carballo
Corme 16/12 - 16:00 Porteño
  • Descansa Sofán

Xadrez

O torneo de Carnota será o sábado 15, xa que o domingo 16 son os campionatos provinciais sub-10 e sub-8 en Ferrol, aos que asistirán a maioría dos rapaces que participan. Así, o 4ª Torneo do Circuito Costa da Morte será na Casa do Mar de Lira e dará comezo o sábado 15 ás 16:00h da tarde.


Volei

Esta fin de semana xogan en Teis (Vigo) o domingo 16 de decembro pola mañá:
- 11:15h Infantil masculino: Teis – Manuela Rial.
- 11:15h Cadete femenino: Teis – Voleibol Dumbría.
- 11:15h Xuvenilmasculino: Teis – Voleibol Dumbría.
- 13:00 h Cadete masculino: Teis – Voleibol Dumbría.
- 13:00 h Infantil femenino: Teis – Manuela Rial.


Futbol Sala

O Fisober rinde visita este sábado, a partir das 19:30 h no Polideportivo Valle de Oja de Santo Domingo de la Calzada ó Calceatense, o equipo rioxano esta 2º clasificado a tan solo 3 puntos do líder o Guarnizo e con 27 goles a favor por tan so 17 en contra.
A expedición vimiancesa ten prevista a saída ás 10:00 h do sábado, posteriormente fara una parada para comer ás 13:30 h en Combarros (León) para continuar viaxe hacia a Rioxa con chegada prevista sobre ás 18:00h.

O adestrador do Fisober non podera contar para este partido con Paula Lema (sancionada), Ylenia Rguez e Olalla Veres (exámenes), Noelia García (lesión) e tera a duda ata última hora de Nuria Paz polo que terá que convocar a xogadora do filial de 15 anos Laura Pose, viaxando con tan so 6 xogadoras e 1 porteira.

Liga Provincial:
- Manureva Suevos - Concello de Ponteceso F.S.F.: 15/12/2012 ás 17:00 no Pabellón Ponte dos Brozos.
- Fisober F.S.F. "B" - Espartanas F.S.: 15/12/2012 ás 18:00 no Municipal de Baíñas.
- Descansa EsteiranaFSF.


Balonmán

- 1ª Autonómica Masculina: A próxima fin de semana xogarase o último partido desta primeira fase, o Camariñas visita ao os rosaleiros do Atlético Novás, o Camariñas pondo en xogo o liderado e un At. Novás que aínda gañando necesita un milagre para acceder ao grupo que vai disputar o título.
1ª Estatal: Pechará a primeira volta o equipo carballés no Municipal Vila de Noia, ante o Las 5 Jotas Lavadores, o vindeiro sábado ás 18:00 horas.


Baloncesto

  • 2ª Div. Cadete Feminina: CB LARACHA - ACB COSTA DA MORTE: 15-12 ás 16:00.
  • 2ª Div. Cadete Masculina: ACB COSTA DA MORTE - BASQUET CORUÑA 98 B: 16-12 ás 19:00.
  • 2ª Div. Infantil Feminina: ACB COSTA DA MORTE - ESCOLA DEPORTIVA INFERNIÑO: 16-12 ás 17:00.
  • 2ª Div. Infantil Masculina: ADFRO - ACB COSTA DA MORTE: 15-12 ás 10:00.
  • Alevín Masculino: BASQUET CORUÑA 01 - FERROATLANTICA COSTA DA MORTE: 15-12 ás 11:00.

Taekwondo

Este sabado 15 de decembro celebrase en Riveira o Campionato Galego Absoluto, de taekwondo na modalidade de combate. Para o Clube Arte e Movemento esta é a ultima competicion no ano 2012. Tratase da competición mais dura do calendario galego, xa que entre os participantes estarán tódolas estrelas do taekwondo galego, para acadar este título tan importante.

Participan 4 deportistas. E de eles competiran en peso lixeiro: Juan Alvarellos (Cee), Juan Luis Lista (Muxía), Marcos Rodriguez (Carnota); e en peso minimosca participa Cristian dominguez (Cee).

Despois da xornada de competición o Clube Arte e Movemento reunirase na Cea de Nadal que organiza o clube en Santa Comba, no Restaurante A Fortaleza. Xa son 172 os inscritos para a cea, na que habera unha exhibicion do clube durante o descanso da orquesta.


Tenis de mesa

Este sábado a partir das 10:00h en San Xoan (Ferrol):

2ª femenina grupo centro:
- Club del Mar - Alumnios Xeal;
- San Xoan TM - Aluminios Xeal;
SD Hípica - Aluminios Xeal.

Sábado a partir das 16 h. no ximnasio do CPI de Zas 2ª galega masculina grupo centro:
- Anorthosis Vimianzo - Breogán Oleiros "B";
- Concello de Zas Aquacenit - Breogán Oleiros "B".

En 3ª galega xa se xogaron os encontros coas victorias de Concello de Zas O Gaiteiro e Concello de Zas O Pinar ante o Oroso Pin Servicios.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).