Luns. 13.05.2024
El tiempo

Camariñas e Xiria suman de dous en dous

Camariñas e Xiria suman de dous en dous

Segue implacable o Bm. Camariñas na 1ª Autonómica, que ademais de vencer o pasado xoves ao Viña Costeira mereceu máis renda. Os camariñáns seguen no máis alto da táboa e afrontan o último partido co liderato en xogo pero a clasificación para a seguinte fase acadada.

Pola súa banda, o Bm. Xiria segue na boa liña, e tras vencer ao líder a semana pasada, este pasado sábado voltaba de Lalín cos 2 puntos e se vai colocando na zona morna da 1ª Estatal.

1ª Autonómica, xornada 11

  • Resultado: Balonmán Camariñas - AD Ribeiro Viña Costeira (28-23).
  • BM. CAMARIÑAS: Alex (p), Víctor (p), Fari (1), Marcos Bao (1), Iván Pan (4), Quin (1), Borja (7), Moncho (2), Catalán (3), Jacob (1), Xabi (4), Perón (2), Damián, Fran Varela (2).

Non reflicte o resultado o dominio do Conservas Boya, xa que os de Camariñas foron moi superiores a un Viña Costeira que gañara en Ribadavia dun gol e que chegou a Camariñas como un dos equipos máis fortes do grupo. Pero non foi rival para o Conservas Boya, que xa no minuto 25 do primeiro tempo gañaba 14-7, e a partir de aí Fran Puga empezou a dar entrada a todos os convocados.

E aínda así a diferenza no marcador ampliouse a un 24-14 que se cría definitivo, pero o afán dos cambios, as alternancias defensa ataque, algún descoido dos máis novos e a conformidade co resultado propiciou un 0-7 para os visitantes que os achegou no marcador a un inquietante 24-21. Pero o entrenador local recompuxo as súas liñas, deixando o marcador nun curto 28-23, para os méritos realizados por un Camariñas nunha liña espectacular.

1ª División Estatal, xornada 12

  • Resultado: Embutidos Lalinense Bm. Lalín - Calvo Xiria (27-33).
  • CALVO XIRIA: Kike [p], Alex (1), Jesús (3), Chimpo (10), Cuco (1), Manuel (6), Sergio (3) -equipo inicial- Iago [p], Rubén, Ramón, Dubra (5), Brais, Mario, Gonzalo (4).

Boa entrada con preto de 200 seareiros no Lalín Arena, dos cales corenta desprazáronse dende Carballo para dar folgos aos seus.
Comparecía o Calvo na vila do Deza logo de acadar unha importante vitoria, sobre todo no terreo anímico, ante o líder da categoría, mais convencidos os seus xogadores de que cada partido é igual ou máis complicado que o anterior.
Enfronte un equipo que se define de xeito moi semellante aos Calvo Xiria: xogadores saídos da canteira, media de idade baixa, gusto pola defensa e o contraataque...de seguro un encontro moi bonito de ver e por suposto de xogar.

Pero o xogo visto no terreo de xogo non foi nin de lonxe o que atesouran os dous equipos. Un partido no que nos seus primeiros trinta minutos deixaron moito que desexar e que na segunda metade foi un correrúas. O mellor, por suposto, dous novos puntos para os carballeses. So a actuación dos porteiros estivo ao nivel esperado, tanto por parte local coma visitante. Dende logo que nos dous puntos tiveron moita importancia Kike e Iago que impediron que o conxunto lalinense fose quen de colleitar punto algún.

Kike e Iago foron os xogadores máis destacados polo bando carballés.

Vindeira cita

  • 1ª Autonómica Masculina: A próxima fin de semana xogarase o último partido desta primeira fase, o Camariñas visita ao os rosaleiros do Atlético Novás, o Camariñas pondo en xogo o liderado e un At. Novás que aínda gañando necesita un milagre para acceder ao grupo que vai disputar o título.
  • 1ª Estatal: Pechará a primeira volta o equipo carballés no Municipal Vila de Noia, ante o Las 5 Jotas Lavadores, o vindeiro sábado ás 18:00 horas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas, do Balonmán Encaixe e do Calvo Xiria.

Comentarios