Axenda futboleira para a primeira xornada de novembro

Nova xornada completa de Fútbol da Costa, esta primeira de novembro. Saben que o horario habitual pasa a ser o das 16:15h i é que a luz xa marcha demasiado cedo.

Despos de botar un ollo ás sancións, comezamos a previa pola Preferente - Senra Sport, na que Dumbría e XSC queren romper a liña negativa dos últimos resultados. Para iso, os xalleiros terán que superar nada menos que ao Arteixo (en zona media alta) na mañá dominical, mentres que oos dumbrieses recibirán a unha Sarriana con bastantes problemas.

Doble derbi costeiro na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. Dous partidazos temos esta semana na categoría. En Malpica, o cadro de Baña recibe ao líder, un Baio intratable que vén de superar con solvencia ao Corme. Precisamente, o cadro cormelán visita o Carral, onde o Sofán, segundo na táboa, non deixou escapar ningún punto. Dúas pedras de toque para os 4 equipos.
E como finais deben afrontar Soneira e Esteirana os seus partidos de casa ante Amio e Silleda. O Soneira ten máis marxe, pero a Esteirana necesita sumar de 3 en 3 e o rival é o que o precede na táboa, un Silleda con 5 puntos, 3 máis que os muradáns.

Nova e intensa xornada na 2ª Autonómica - ES Bazarra, a Liga da Costa. O líder, o San Lorenzo, visitao campo do pechacancelas, un Montelouro que aínda non sabe gañar. Atento estará o Castriz, que recibe en San Pedro a un Fisterra que vén de menos a máis. E tamén o Zas, que recibe a un Porteño que está completando un máis que digno comezo de campaña. O Camariñas-Outes e o case derbi sureño Carnota-Volantes serán grandes choques.

Partidazo na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. O líder, Ameixenda, o único equipo aínda imbatido, terá que superar un dos escollos máis complicados, o Lira en Lombáns. O cadro liracho, que comezou espectacular, leva dúas derrotas consecutivas, pero confía en recuperar aboa liña. O Nantón - Cerqueda será outro partidazo, e Muxía e Castrelo buscarán unha vitoria que os achegue ao grupo dos 6 de cabeza.

Outro dos partidos da fin de semana será na Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte. O XSC recibe ao Dumbría. Os dous equipos que dominan a liga, a pesar do tropezo dos fisterráns en Ara Solis desta semana pasada que devolvía o liderato aos dumbrieses, enfróntanse por todo o alto, e con 2 puntos de diferencia entre ambos. Mentres, Os Miúdos, Esteirana e Fisterra seguen loitando pola 3ª praza e non poden fallar.
Mentres, polo Norte, o partido da xornada disputarase na Rocheira, onde o Coristanco, 4º pero só a 3 puntos do líder, recibe precisamente ao Cabana, que ostenta a primeira praza. A igualdalde é a protagonista desta liga, e o Ponteceso poderá meterse de novo na pelexa polas 3 primeiras prazas se vence ao Camariñas, ata agora 2º cunha gran tempada. Corme e Porteño, 3º e 5º con só un punto entre ambos, disputarán outro auténtico partidazo.

Queren seguir os equipos das Ligas Autonómicas a boa liña destas últimas xornadas, e o farán con complicadas saídas. O Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría visitará A Madroa para xogar nada menos que ante o Celta, outro dos premios da temporada. Teremos derbi na Liga Galega Cadete en Carballo entre o Bergantiños e o XSC. E en Infantís, o cadro dumbriés visita aos herculinos do Imperátor.

Sen enfrontamentos nas ligas locais de base, xa roda o balón nas LCFs que esta fin de semana afrontan a segunda xornada.

E xa nos Veteranos, o líder da 1ª División, Hosgran, tras caer ante o Dumbría, quere manter o liderato superando ao Laxe. Máis difícil o terán os dumbrieses coa visita do Zas, 4º.
Na 2ª, teremos un partidazo. Un os dous equipos invitos, o San Isidro-Razo, recibe a un Porteño con só 1 puntos menos que os colíderes. O outro, o Agualada, buscarán continuar a súa carreura ante o Buño.


Preferente - Senra Sport, xornada 9

Atl. Arteixo 02/11 - 12:00 Xallas StComba
Dumbría 02/11 - 17:00 Sarriana

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 9

Soneira 02/11 - 16:15 Amio
Esteirana 02/11 - 16:15 Silleda
Malpica 02/11 - 16:15 Baio
Sofán 02/11 - 16:30 Corme

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 9

Mazaricos 01/11 - 16:15 Baíñas
Cabana 01/11 - 18:00 Seaia
Zas 02/11 - 16:15 Porteño
Montelouro 02/11 - 16:15 San Lorenzo
Carnota 02/11 - 16:30 Volantes
Camariñas 02/11 - 16:30 Outes
Cee 02/11 - 17:00 Camelle
Castriz 02/11 - 17:00 Fisterra
Buño 02/11 - 17:00 Ponteceso

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 9

Lira 01/11 - 16:15 Ameixenda
Muxía 02/11 - 16:15 Laxe
Nantón 02/11 - 16:45 Cerqueda
Coristanco 02/11 - 16:45 Castrelo
  • Descansa Corcubión.

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 9

Esteirana 01/11 - 11:30 Castriz
Outes 01/11 - 16:15 EF Corcubión
Os Miudos 01/11 - 16:15 Muxía
Xallas StComba 01/11 - 16:15 Dumbría
Cee 01/11 - 18:00 Fisterra

Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 9

Laxe 01/11 - 16:15 Baio
Camariñas 01/11 - 16:15 Ponteceso
Zas 01/11 - 16:15 Malpica
Porteño 01/11 - 16:15 Corme
Coristanco 02/11 - 12:00 Cabana

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 8

R.C. Celta 01/11 - 16:30 Dumbría

Liga Galega Cadete, xornada 8

Bergantiños 01/11 - 12:00 Xallas StComba

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 8

Imperator 02/11 - 12:00 Dumbría

1ª Cadete, xornada 8

Fisterra 31/10 - 18:00 Coristanco
Corme 01/11 - 10:30 Os Miudos
Muxía 01/11 - 10:30 Sofán
Cabana 01/11 - 16:00 Outes
Cee 01/11 - 16:00 As Baleas
Baio 02/11 - 10:00 Ponteceso

1ª Infantil, xornada 8

Cee 01/11 - 12:00 Esteirana
Vimianzo 01/11 - 18:00 Fisterra
Os Miudos 02/11 - 10:30 Coristanco
Cabana 02/11 - 10:30 Outes
Xallas StComba 02/11 - 11:00 Ponteceso
Sofán 02/11 - 12:00 Corme
  • Descansa Zas.

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 8

Dumbría 02/11 - 11:00 Zas
Laxe 02/11 - 11:00 Hosgran
At. Milagrosa 02/11 - 09:45 San Román
Soneira 02/11 - 10:00 Baio
San Lorenzo 02/11 - 11:00 Bértoa
Ponteceso 02/11 - 11:00 Castriz
Xv. Bergantiños 02/11 - 11:00 Coristanco

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 8

Cerqueda 02/11 - 11:00 Vimianzo
Poniente 02/11 - 10:00 Sofán
Malpica 02/11 - 11:00 Camariñas
Nantón 02/11 - 11:00 Corcoesto
Leiloio 02/11 - 11:00 Erbecedo
Porteño 02/11 - 10:00 San Isidro-Razo
Agualada 02/11 - 10:00 Buño
  • Descansa Dep. Carballo.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).