![Sofan e Corme volveran verse as caras no Carral pero na 1 Sofan e Corme volveran verse as caras no Carral pero na 1]()
Nova xornada completa de
Fútbol da Costa, esta primeira de novembro. Saben que o horario habitual pasa a ser o das 16:15h i é que a luz xa marcha demasiado cedo.
Despos de botar un ollo ás sancións, comezamos a previa pola Preferente - Senra Sport, na que Dumbría e XSC queren romper a liña negativa dos últimos resultados. Para iso, os xalleiros terán que superar nada menos que ao Arteixo (en zona media alta) na mañá dominical, mentres que oos dumbrieses recibirán a unha Sarriana con bastantes problemas.
Doble derbi costeiro na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. Dous partidazos temos esta semana na categoría. En Malpica, o cadro de Baña recibe ao líder, un Baio intratable que vén de superar con solvencia ao Corme. Precisamente, o cadro cormelán visita o Carral, onde o Sofán, segundo na táboa, non deixou escapar ningún punto. Dúas pedras de toque para os 4 equipos.
E como finais deben afrontar Soneira e Esteirana os seus partidos de casa ante Amio e Silleda. O Soneira ten máis marxe, pero a Esteirana necesita sumar de 3 en 3 e o rival é o que o precede na táboa, un Silleda con 5 puntos, 3 máis que os muradáns.
Nova e intensa xornada na 2ª Autonómica - ES Bazarra, a Liga da Costa. O líder, o San Lorenzo, visitao campo do pechacancelas, un Montelouro que aínda non sabe gañar. Atento estará o Castriz, que recibe en San Pedro a un Fisterra que vén de menos a máis. E tamén o Zas, que recibe a un Porteño que está completando un máis que digno comezo de campaña. O Camariñas-Outes e o case derbi sureño Carnota-Volantes serán grandes choques.
Partidazo na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. O líder, Ameixenda, o único equipo aínda imbatido, terá que superar un dos escollos máis complicados, o Lira en Lombáns. O cadro liracho, que comezou espectacular, leva dúas derrotas consecutivas, pero confía en recuperar aboa liña. O Nantón - Cerqueda será outro partidazo, e Muxía e Castrelo buscarán unha vitoria que os achegue ao grupo dos 6 de cabeza.
Outro dos partidos da fin de semana será na Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte. O XSC recibe ao Dumbría. Os dous equipos que dominan a liga, a pesar do tropezo dos fisterráns en Ara Solis desta semana pasada que devolvía o liderato aos dumbrieses, enfróntanse por todo o alto, e con 2 puntos de diferencia entre ambos. Mentres, Os Miúdos, Esteirana e Fisterra seguen loitando pola 3ª praza e non poden fallar.
Mentres, polo Norte, o partido da xornada disputarase na Rocheira, onde o Coristanco, 4º pero só a 3 puntos do líder, recibe precisamente ao Cabana, que ostenta a primeira praza. A igualdalde é a protagonista desta liga, e o Ponteceso poderá meterse de novo na pelexa polas 3 primeiras prazas se vence ao Camariñas, ata agora 2º cunha gran tempada. Corme e Porteño, 3º e 5º con só un punto entre ambos, disputarán outro auténtico partidazo.
Queren seguir os equipos das Ligas Autonómicas a boa liña destas últimas xornadas, e o farán con complicadas saídas. O Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría visitará A Madroa para xogar nada menos que ante o Celta, outro dos premios da temporada. Teremos derbi na Liga Galega Cadete en Carballo entre o Bergantiños e o XSC. E en Infantís, o cadro dumbriés visita aos herculinos do Imperátor.
Sen enfrontamentos nas ligas locais de base, xa roda o balón nas LCFs que esta fin de semana afrontan a segunda xornada.
E xa nos Veteranos, o líder da 1ª División, Hosgran, tras caer ante o Dumbría, quere manter o liderato superando ao Laxe. Máis difícil o terán os dumbrieses coa visita do Zas, 4º.
Na 2ª, teremos un partidazo. Un os dous equipos invitos, o San Isidro-Razo, recibe a un Porteño con só 1 puntos menos que os colíderes. O outro, o Agualada, buscarán continuar a súa carreura ante o Buño.
| Atl. Arteixo | 02/11 - 12:00 | Xallas StComba |
| Dumbría | 02/11 - 17:00 | Sarriana |
| Soneira | 02/11 - 16:15 | Amio |
| Esteirana | 02/11 - 16:15 | Silleda |
| Malpica | 02/11 - 16:15 | Baio |
| Sofán | 02/11 - 16:30 | Corme |
| Mazaricos | 01/11 - 16:15 | Baíñas |
| Cabana | 01/11 - 18:00 | Seaia |
| Zas | 02/11 - 16:15 | Porteño |
| Montelouro | 02/11 - 16:15 | San Lorenzo |
| Carnota | 02/11 - 16:30 | Volantes |
| Camariñas | 02/11 - 16:30 | Outes |
| Cee | 02/11 - 17:00 | Camelle |
| Castriz | 02/11 - 17:00 | Fisterra |
| Buño | 02/11 - 17:00 | Ponteceso |
| Lira | 01/11 - 16:15 | Ameixenda |
| Muxía | 02/11 - 16:15 | Laxe |
| Nantón | 02/11 - 16:45 | Cerqueda |
| Coristanco | 02/11 - 16:45 | Castrelo |
| Esteirana | 01/11 - 11:30 | Castriz |
| Outes | 01/11 - 16:15 | EF Corcubión |
| Os Miudos | 01/11 - 16:15 | Muxía |
| Xallas StComba | 01/11 - 16:15 | Dumbría |
| Cee | 01/11 - 18:00 | Fisterra |
| Laxe | 01/11 - 16:15 | Baio |
| Camariñas | 01/11 - 16:15 | Ponteceso |
| Zas | 01/11 - 16:15 | Malpica |
| Porteño | 01/11 - 16:15 | Corme |
| Coristanco | 02/11 - 12:00 | Cabana |
| R.C. Celta | 01/11 - 16:30 | Dumbría |
| Bergantiños | 01/11 - 12:00 | Xallas StComba |
| Imperator | 02/11 - 12:00 | Dumbría |
| Fisterra | 31/10 - 18:00 | Coristanco |
| Corme | 01/11 - 10:30 | Os Miudos |
| Muxía | 01/11 - 10:30 | Sofán |
| Cabana | 01/11 - 16:00 | | Outes |
| Cee | 01/11 - 16:00 | | As Baleas |
| Baio | 02/11 - 10:00 | Ponteceso |
| Cee | 01/11 - 12:00 | Esteirana |
| Vimianzo | 01/11 - 18:00 | Fisterra |
| Os Miudos | 02/11 - 10:30 | Coristanco |
| Cabana | 02/11 - 10:30 | Outes |
| Xallas StComba | 02/11 - 11:00 | Ponteceso |
| Sofán | 02/11 - 12:00 | Corme |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 8
| Dumbría | 02/11 - 11:00 | Zas |
| Laxe | 02/11 - 11:00 | Hosgran |
| At. Milagrosa | 02/11 - 09:45 | San Román |
| Soneira | 02/11 - 10:00 | Baio |
| San Lorenzo | 02/11 - 11:00 | Bértoa |
| Ponteceso | 02/11 - 11:00 | Castriz |
| Xv. Bergantiños | 02/11 - 11:00 | Coristanco |
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 8
| Cerqueda | 02/11 - 11:00 | Vimianzo |
| Poniente | 02/11 - 10:00 | Sofán |
| Malpica | 02/11 - 11:00 | Camariñas |
| Nantón | 02/11 - 11:00 | Corcoesto |
| Leiloio | 02/11 - 11:00 | Erbecedo |
| Porteño | 02/11 - 10:00 | San Isidro-Razo |
| Agualada | 02/11 - 10:00 | Buño |
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).