Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Resultados e análise da última xornada de outubro no Fútbol da Costa

Resultados e análise da última xornada de outubro no Fútbol da Costa
Imaxe do Cabana-Buno-Foto-David Castro

Nova fin de semana soleada, finalizando outubro, no Fútbol costeiro, cunha marea de partidos.

Comezamos o repaso desta xornada con malas novas na Preferente - Senra Sport. O XSC deixaba escapar os puntos de Fontenla ante o Sada, mentres o Dumbría caía goleado ante o Estudiantil e deixa escapar o grupo de arriba.

O partidazo da xornada xogábase en Baio, onde o cadro de Félix recibía a todo un Corme nun novo derbi costeiro da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. O flamante líder non perdoou e sumou 3 goles e 3 puntos para manter a privixielada posición. E non é outro que o Sofán, que a semana pasada freaba no Carral aos baieses, o equipo que persegue ao líder. A 2 se sitúa o equipo de Josito despois de sumar a primeira vitoria fóra de casa. Tamén o Malpica sumaba a súa primeira fóra de casa dándose un respiro. Os de Baña suman 6 puntos, 4 máis que unha Esteirana que non acaba de ver a luz. Tampouco trouxo o Soneira nada positivo de Piloño, tras un partido regular, que puido enderezar na primeira metade.

Xa na 2ª Autonómica - ES Bazarra, o partidazo da xornada xogábase en Verdillo. Un choque de poder a poder entre o que era 2ª clasificado e o líder, o Castriz, que acabou cun intercambio de posicións trala apurada vitoria local deixando ao San Lorenzo de líder. O Zas achégase a 2 do liderato vencendo ao Seaia en Pedra Queimada despois do tropezo da semana pasada, mentres o Outes non pasaba do empate ante o Mazaricos. Volantes, que venceu con claridade ao Camariñas, Buño, que goleou nas Redondas, e Cee, que caía na Ponte, completan o grupo de arriba.
Pero non hai moita diferencia co resto. O Fisterra consegue escapar lixeiramente de abaixo tras vencer ao Carnota nun duela da zona baixa, tan fraticida como o Camelle-Montelouro, que serviu para que os camelláns estreasen o taboleiro de puntos, deixándolle ademais aos loureáns a dubidosa honra do posto de pechacancelas.

O Ameixenda mantense moi forte na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. Os de Manolín sumaron unha nova vitoria, e sacan xa 6 puntos aos perseguidores, o Nantón, que descansaba, e o Corcubión, que vencía en Laxe. O Cerqueda protagonizaba a vitoria da xornada ante o Lira, colocándose todos moi apretados na táboa. Ademais, no último partido da xornada, Castrelo e Muxía empataban a 1.

Comezaba o venres a Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, co choque entre Outes e Muxía aprazado na segunda xornada pola Barca. Os da Serra vencían ao cadro muxián, pero seguen con poucas opcións de meterse arriba. Precisamente no máis alto colócase o Dumbría, tras vencer ao Outes o sábado, e aproveitar a derrota do XSC ante un gran Fisterra, que loitará por esa terceira praza. Loita na que tamén están os equipos muradáns. Os Miúdos vencían en Castriz e a Esteirana en Corcubión e seguen aí.
Polo Norte, o Cabana manda, con Camariñas e agora Corme, que vencía ao Coristanco superándoo na táboa e colocándose no ansiado podio. Así e todo, o cadro coristanqués e mais o Porteño, que goleaba dolorasamente ao Malpica en Pedra Queimada, están a 1 só punto dos cormeláns, co Zas algo máis lonxe despois de perder ante un Ponteceso que parece que se quere meter na loita.

Parece que enderezan, defintivamente o rumbo, os equipos costeiros nas Ligas Autonómicas. O Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría. O cadro costeiro vencúa ao Santiago de Compostela e xa está 8º con 10 puntos na máxima liga da categoría. Unha alegría extensible ao XSC da Liga Galega Cadete, que sumaba a súa segunda vitoria consecutiva e sae do pozo, con 7 puntos. Completaba a faena o Dumbría da Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría cun 2-1 ante o Boiro, achegándoo á metade alta da clasificación.

Nas Ligas locais, Corme e As Baleas superan a un Cabana que non pasou do empate ante Os Miúdos na 1ª Cadete. Pero era na 1ª Infantil onde se xogaba un partidazo. O XSC chegaba líder invito a Ara Solis, e aló, o cadro fisterrán conseguía superalo e recuperar terreo, quedando a 1 só punto, empatado cos Miúdos na segunda praza.

Xornada importante nos Veteranos. Caía o líder da 1ª División, o Hosgran, e o facía na casa, por goleada, ante o segundo clasificado, o Dumbría, que se coloca a 2 puntos. O actual campión, o Coristanco, vai recurtando puntos, así como o Zas e o Soneira, que non perdoaban.
Tampouco sumaba os 3 puntos o líder da 2ª División. O novo San Isidro-Razo non pasaba do empate ante o Leiloio, permitidno que o Agualada, os dous invitos, o alcance con 16 puntos, e Porteño e Erbecedo se coloquen a só 1.


Preferente - Senra Sport, xornada 9

Xallas StComba 0-1 Sada
Estudiantil 4-0 Dumbría

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 8

Unión 0-1 Sofán
Piloño 2-0 Soneira
Villestro 2-1 Esteirana
Flavia 1-2 Malpica
Baio 3-0 Corme

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 8

Cabana 0-4 Buño
Seaia 0-2 Zas
Porteño 3-1 Cee
Camelle 2-0 Montelouro
San Lorenzo 2-1 Castriz
Fisterra 4-2 Carnota
Volantes 4-1 Camariñas
Outes 2-2 Mazaricos
Baíñas 3-2 Ponteceso

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 8

Cerqueda 2-1 Lira
Ameixenda 3-1 Coristanco
Castrelo 1-1 Muxía
Laxe 2-3 Corcubión
  • Descansa Nantón.

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 8

Outes 5-2 (x.2) Muxía
Dumbría 8-0 Outes
Corcubión 0-4 Esteirana
Castriz 0-3 Os Miudos
Muxía 0-0 Cee
Fisterra 3-1 Xallas StComba

Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 8

Corme 4-1 Coristanco
Cabana 5-2 Laxe
Baio 3-6 Camariñas
Ponteceso 3-0 Zas
Malpica 1-7 Porteño

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 7

Dumbría 2-1 S.de Compostela

Liga Galega Cadete, xornada 7

Xallas StComba 3-1 Villalbés

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 7

Dumbría 2-1 Boiro

1ª Cadete, xornada 7

Os Miudos 2-2 Cabana
Sofán 1-12 Corme
As Baleas 3-0 Muxía
Coristanco 1-6 Cee
Ponteceso 2-0 Esteirana
Outes 8-4 Baio
  • Descansa Fisterra.

1ª Infantil, xornada 7

Coristanco 3-4 Zas
Ponteceso 0-5 Os Miudos
Fisterra 4-2 Xallas StComba
Corme 4-5 Vimianzo
Esteirana 3-3 Sofán
Outes 1-1 Cee
  • Descansa Cabana.

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 7

Hosgran 1-5 Dumbría
Cabana 3-4 Laxe
Baio 4-2 At. Milagrosa
Bértoa 0-5 Soneira
Castriz 0-3 San Lorenzo
Coristanco 3-1 Ponteceso
Zas 3-0 Xv. Bergantiños
  • Descansa San Román.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 7

Sofán 0-6 Cerqueda
Camariñas S.D.V 2-3 Poniente
Corcoesto 2-4 Malpica
Dep. Carballo 2-0 Nantón
San Isidro-Razo 4-4 Leiloio
Buño 0-4 Porteño
Vimianzo 1-4 Agualada
  • Descansa Erbecedo.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios