Venres. 29.03.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Ameixenda escapa

3ª Autonómica: O Ameixenda escapa
Plantel do Lira A Clínica Fisioterapia A Xunqueira, de Manuel Mira Llopis, patrocina da 3ª da Costa - Coñécenos a través do Facebook

6 puntos saca xa o Ameixenda tras esta 8ª xornada aos seus perseguidores da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. Os de Manolín superaban outro escollo, un Coristanco irregular, deixando a dous partidos ao Nantón, que descansaba, e ao Corcubión, que sufría para gañar en Laxe.

Fórmase aí un grupo compacto, con 5 equipos en 3 puntos, que loitarán pola segunda praza de ascenso directo e polas 4 prazas de promoción, se ben aínda queda moita Liga (lembren que é a 4 voltas), e Castrelo, Muxía e Laxe aínda teñen tempo de poñerse a tiro.

Cerqueda - Lira (2-1)

  • CERQUEDA: Ángel, Pailos (Xabi, min.31) (Uru, min.76), Sergio, Atu, Pablo (Dani Seaia, min.46), Dani, Lorenzo, Jhony, Darío, Jacobo (Javi, min.65) e Martín.
  • LIRA: Peipo, Eloy, Yeray, Paqui, Adrián, Pata, Pelos, Manu, Yanki, Oli e Pesco. Tamén xogaron: Javi, Santi, Mike, Cibrán e Germán.
  • Goles: 0-1, min.16: Manu cun golazo; 1-1, min.50: Lorenzo; 2-1, min.93: Javi.
  • Expulsión: Pesco no min.20.

Vitoria do Cerqueda ante un Lira que suma a súa segunda derrota consecutiva. E iso que saíu enchufadísimo o cadro liracho, cuns fantásticos 20 primeiros minutos nos que pecharon ao Cerqueda na súa área. Manu facía un golazo pero a expulsión de Pesco e un gol anulado, legal para os lirachos, no ecuador do primeiro tempo, e que puido significar o 0-2, desconcentrou aos carnotáns.

Desapareu o Lira e o Cerqueda tomou o mando. As novas incorporacions de Lorenzo e Jhony empezaron a carburar no centro do campo e no minuto 50 empataba Lorenzo, que volvía a levar o brazalete e capitán, debutaba con gol, despois de varios rexeites na área tras un saque de falta.

Darío sacou tallada da superioridade numérica local, tendo 3 ocasións claras que salvou Peipo. A entrada de Dani Seaia tamén puxo tranquilidade e calidade no medio cerquedán, pero así e todo non conseguía o gol da vitoria.

Non chegou ata o minuto 93, nunha xogada, novamente protestada polos lirachos, que pedían córner a favor e o colexiado sinalou saque de porta, e o Cerqueda sacou rápido mentras os visitantes protestaban e deixando a Javi só diante do porteiro para remachar cun forte tiro imposible para Peipo.

Lorenzo e Jonhi novos reforzos do Cerqueda

Ameixenda - Coristanco (3-1)

  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Camacho, Miro, Samuel, Iván, Antón (Demetrio, min.80), Jesús, Cristian, Borja, Víctor (Momaño, min.90) e Mario.
  • CORISTANCO: Jack, Marcos (Brandón, min.75), Mato (Jose, min.60), Héctor, Facal, Toni, Míchel, Juan, Pazos, Gonzalo e Mallón (Joni, min.46)
  • Goles: 1-0, min.15: Mario; 1-1, min.49: Gonzalo tras roubar un balón nunha boa presión; 2-1, min.77: Cristian; 3-1, min.93: Mario.

Nova vitoria do Ameixenda, que lle gañou a partida de inicio coa disposición do cadro de Manolín a Da Silva. Saíu algo durmido o equipo bergantiñán, e pronto o Ameixenda se colocaban por diante. O resto da primeira metade foi bastante sosa, sen chegagas por ningún dos dous bandos salvo algún tiro lonxano.

Saía o Coristanco forte na segunda e Gonzalo conseguía o empate. Puido poñerse por diante neses minutos o cadro visitante, pero Gonzalo non acertou a rematar un pase atrás de Pazos, e Héctor mandou ao longueiro un remate de cabeza. Cando mellor estaba o equipo de Da Silva chegou a xogada polémica da tarde. Gonzalo era barrido polo meta ceense, no que para os visitantes era clara falta e expulsión, e o árbitro decide un bote neutral.

Esta xogada desquiciou aos visitantes, e aproveitou o Ameixenda para virse arriba e nunha boa xogada marcaría Cristian o 2-1, e xa á contra, co Coristanco volcado, o 3-1.


Castrelo - Muxía (1-1)

  • CASTRELO: David Buxantes, Víctor (Berdoias, min.60), Pichón, Darío (Israel, min.46), Estebo, Ozón (Elvis, min.63), Luís, Quintáns, Roi (Suso, min.74), Stiven e Lucho.
  • MUXÍA: Santi Papi, Martín, Antonio (Man, min.80), Currás, Pataca, Juan, Julián (Ruso, min.60), Víctor, Gerardo, Conguito e Alberto (Rubén, min.75).
  • Goles: 0-1, min.20: Gerardo; 1-1, min.47: Roi define tras unha boa xogada colectiva.

O último partido da xornada disputábase en Vimianzo ás 19:00h da noite, e remataba cun empate tras dúas partes completamente diferentes. Comezaba o Muxía máis metido no partido, creando perigo e meténdose por diante cun gol de Gerardo. Puido caer o segundo nesta primeira metade para os roxiños, pero foi o pau o que o impediu. Gerardo foi o máis activo e perdoou ata en 3 ocasións.

Cambiaron as tornas e o Castrelo foise metendo no partido. Á media hora tiña a primeira chegada tras dous corners nos que Quintáns case iguala o marcador.

Saíron moi enchufados os vimianceses tralo descanso, dominando o balón e mesmo trenzando boas xogadas, como a do tempraneiro gol do empate que remataba Roi.

Lucho, Pichón e Elvis tiveron nas súas botas a primeira vitoria para o cadro que dirixe Roland Caamaño, pero finalmente quedouse co seu 5º empate. En todo caso, confían en que, de seguir esta liña, a vitoria chegará pronto.


Laxe - Corcubión (2-3)

  • LAXE: Anxo, Brais, Aarón, Carlos (Adri, min.20), Samuel Soneira (Djamel, min.46), Dani, Borja, Roberto, Iván (Galgo, min.46), Churi e Samu Lema.
  • CORCUBIÓN: Jesñus, Javi, Marco, Rubén (Javi Floreal, min.50), Trillo (Marcos, min.70), Sebas, Toja, Gorka (Mini, min.85), Lema, Gabi e Alán.
  • Goles: 0-1, min.1: Sebas; 1-1, min.31: Brais tras varios rexeites; 1-2, min.47: Sebas; 2-2, min.70: Dani finaliza unha boa xogada laxense; 2-3, min.83: Javi Floreal.
  • Lesións: os laxenses Carlos e Samu Soneira.

Volvía Toni ao banco do Laxe, pois Josiño marchou traballar fóra pero o cadro local segue sen acadar a súa primeira vitoria. Foi un partido moi disputado, intenso e igualado, e bastante divertido, no Cabo da Area, no que o equipo local sempre quixo ir pola vitoria a pesar das baixas, e das lesións durante o partido.

Saíu o Laxe durmindo nos primeiros minutos de ambas partes, o que aproveitou o Corcubión para poñerse por diante dúas veces. Pero o Laxe recuperaba o ton e conseguía anular os goles de Sebas cos tantos de Brais e Dani, tras boas xogadas.

E cando parecía que o empate quedaría no marcador, aparecía Javi Floreal para facer o gol da vitoria e o seu 4º na conta particular, a pesar de empezar os seus 5 partidos coma suplente.


Crónicas da 3ª Autonómica

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios