Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Ligas Galegas: Pleno en casa

Ligas Galegas: Pleno en casa
Un dumbries infantil Aluminios Dumbría patrocina as Ligas Autonómicas - Coñécenos en aluminiosdumbria.es

Parece que van enderezando definitivamente o rumbo os tres equipos costeiros nas categorías autonómicas. Suman xa 10 puntos os cadetes da División de Honra, alonxándose dos postos de abaixo. Mentres, os xalleiros da Liga Galega saen da zona de descenso cos seus 7 puntos, pero aínda están moi preto do perigo.

Os infantís dumbrieses vencían de novo e seguen intentando chegar á metade alta da táboa, pois xa saben que só hai unha volta e despois os 10 primeiros xogan a liguilla polo título e os de abaixo a liguilla por evitar o descenso, é dicir, asegurarían a permanencia.


División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 7

  • Resultado: Dumbría - S.de Compostela (2-1).
  • DUMBRÍA: Jorge, Josiño, Fabio, Pablo, Raúl, Jose, Ayoze, Marcos (Gerardo), Brandón (Adrián, min.65), Mario (Gabi, min.70) e Borja.
  • Goles: 1-0, min.37: Brandón tras unha boa xogada de Ayoze pola banda; 1-1, min.41: de penalti; 2-1, min.80: Jose.

Gran partido do Dumbría de Juan Porrúa e Joaquín Quintáns, sobre todo na primeira metade. . Avisaba pronto Brandón en dúas ocasións e Ayoze tiña unha antes de realizar a xogada que remataba no primeiro tanto dumbriés, precisamente de Brandón.

Pero nada máis saír dos vestiarios, o porteiro local Jorge sae por un balón, tócao pero tamén toca ao dianteiro visitante e o colexiado sinala penalti, que non erran os composteláns. Pouco a pouco, o Dumbría foise facendo de novo co control do balón, pero as ocasións non chegaron ata os últimos 5 minutos. Ayoe dispaou por dúas veces, e xusto co tempo cumplido, co equipo local volcado, Jose marca o gol da vitoria de cabeza á saída dun córner.

Liga Galega Cadete, xornada 7

  • Resultado: Xallas StComba - Villalbés (3-1)
  • XSC: Rubén, Guillín (Héitor), Alberto, Pablo, R., Carlos Baio, Juanjo (Rubén Suárez), Grille (Manuel), Juan Lois (Mosteiro), Raúl e Carlos Rieiro.
  • Goles: 1-0: Carlos Baio; 2-0: Juan Lois; 2-1; 3-1: Carlos Rieiro.
  • Segunda vitoria consecutiva do XSC de Corredoira, nesta ocasión ante un Villalbés que nunca deu o partido por perdido pero que viu como os xalleiros, nun minuto, colocaban o 2-0 no marcador, xa na segunda metade.

    Tras un primeiro tempo moi igualado, con poucas ocasións de gol por ambos lados, a mellor para os visitantes cun lanzamento ao pau, chegou unha segunda metade na que os locais tiveron maior acerto ante a meta contraria e materializaron os seus tres tantos, que puideron ser máis, pois a pouco do final un lanzamento de Manuel, desde fóra do área, era repelido polo poste da meta visitante.

    Un bo triunfo que afasta momentaneamente aos verdenaranjas dos postos de descenso, en espera do derby do próximo fin de semana ante o Bergantiños nas Eiroas, separados por tres puntos na táboa e onde intentarán ambos equipos seguir sumando puntos na clasificación.

    Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 7

    • Resultado: Dumbría - Boiro (2-1).
    • DUMBRÍA: Juan (Alberto Balayo, min.79); Berto, Toni, Samuel; Sergio (Ángel Sestayo, min.65), Ezequiel (Jonhy, min.73), Alex; Brais Fdez, Adrián; Xan (Brais Mtnez, min.60) e Brais Tajes (Hugo, min.20).
    • Goles: 1-0, min.16: Brais Fernández marca con habilidade aproveitando un balón solto dentro da área. 1-1, min.31; 2-1, min.67: Adrián de gran dereitazo pola escuadra desde fóra da área.

    Traballada vitoria dun Dumbría infantil que fixo un xeneroso esforzo no calor dominical, para superar a un rival directo, o Boiro, que o puxo en moitas dificultades, buscando o contraataque e a velocidade e potencia do seu dianteiro centro. Comenzaba o Dumbría con novidades no sistema da man de Pablo Conde e Huelvis, buscando máis amplitude ofensiva e maior seguridade defensiva. E o certo é que nos primeiros 25 minutos, conseguiu as dúas cousas, xogando por veces moi ben, e evitando queo rival se aproximara o seu portal. As primeiras ocasións chegaron pronto. 2 boas xogadas colectivas acabaron coa chegada pola esquerda de Álex Sendón, que rematou con perigo pero o porteiro visitante respondeu con 2 paradóns.

    O dominio blanco era evidente, e traduciuse en superioridade no marcador pasado o cuarto de hora. Unha chegada pola dereita de Sergio, acabou en centro, e adrián, dentro da área foi capaz de conectar con Brais Fdez, e o carnotán definiu coa clase que acompaña cada unha das súas accións. De novo volviu a ofrecer unha gran mañán de fútbol, e nesta ocasión acompañouna cun gol. O Dumbría mandaba, pese a perder a Brais Tajes, con problemas musculares ós 20 minutos. A potencia e calidade da liña de ataque dumbrinesa, con Adrián á cabeza puña en moitas dificultades ó replegado equipo do Barbanza. E dese repliegue, tras un roubo na media, naceu o gol do empate.Balón en largo e a potencia e calidade do punta visitante fixo o resto. Media hora de moi bo xogo do Dumbría, e de ocasións, e só un empate. E puido ser peor, porque antes do descanso, o mesmo dianteiro do Boiro estrelou un balón no longueiro da porteria de Juan.

    Tralo descanso, o Dumbría saliu sólido defensivamente, e achegandose con perigo ó marco visitante. Pero a forza e calidade dos puntas visitantes fixeron que Juan Berdullas se comezara a convertir en protagonista .2 boas intervencións do gardameta de Pontemaceira, precederon ó golazo do capitán Adrián. Recibiu de espaldas na frontal da área, xirouse con convencemento, e puxo un misil co seu pé esquerdo, na escadra visitante, lonxe do porteiro rival. Golazo, queselou un novo gran partido en tódolos aspectos do xogo do rapaz da Ponte do Porto.
    Cando parecía quea tranquilidade podería chegar ó equipo de Conde e Huelvis, o Boiro, tirou de orgullo e volcouse en búsqueda do empate. De orgullo, e dunha decisión arbitral quepuido cambiar o signo do partido. 5 minutos despois do 2° gol local, unha xogada sin aparente perigo, nun balón dividido na frontal da área local,entre Álex e un atacante do Boiro, e tras un intrascendente contacto, o árbitro sinalaba o punto de penalti, ante a sorpresa de todo o mundo. O penalti lanzouno e talentoso punta visitante, con potencia e colocación, pero Juan respondeu cunha man miragreira. Paradón que puña o candado ó seu portal. Aínda tivo que intervir con reflexos e acerto en 2 ocasións mais antes do remate do encontro. O Dumbría non foi quen de sentenciar, con 2 cabezazos de Toni, e un remate ó pau de Ángel Sestayo, e acabou sufrindo o acoso do equipo de Álex Romero.
    Pero sufriu e triunfou. Vitoria que sabe a gloria, e destacado esforzo de todo o equipo para sumar 3 importantísimos puntos.

    Na vindeiro fin de semana, viaxe á Coruña para enfrontarse ó Imperátor. Tocará o madrugón de turno?

    Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría

    Máis información

    Crónicas da semana

    Novas relacionadas

    Fonte

Comentarios