Xoves. 02.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O San Lorenzo asalto o liderato

2ª Autonómica: O San Lorenzo asalto o liderato
San Lorenzo novo lider da Liga da Costa-Foto-David Castro Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com

Ponse de líder o San Lorenzo tralo choque directo entre os dous de arriba nesta 8ª xornada da 2ª Autonómica - ES Bazarra. Os de Pedro Gómez confirman o seu gran comezo de campaña subindo a unha histórica primeira praza.

Non decae o Zas, empatado agora tras gañar ao Seaia co Castriz na segunda praza a só un punto do líder. E tampouco o Outes, a pesar de deixarse dous puntos ante un bo Mazaricos; nin o Volantes, que goleaba a un Camariñas que parece vai a máis.

Por abaixo tamén había un partido importante. Os únicos dous equipos que non coñecían a vitoria se medían no Rodeiro, e ao final foi o cadro local, o Camelle, o que sumou a súa primeira vitoria deixando ademais ao Montelouro pechacancelas.
Tamén importante era o choque de Ara Solis. Chegaban os Fisterra e Carnota equipos con só 6 puntos, e a vitoria dos locais os deixan algo desafogados tras este mal comezo de temporada. Ademais, o Ponteceso, malia caer de novo desta volta ante o Baíñas, deixou unha gran impresión do que pode facer este curso co balón nos pés, unha vez que vai recuperando efectivos importantes.


San Lorenzo - Castriz (2-1)

Plantel do San Lorenzo-Foto-David Castro
  • SAN LORENZO: Diego, Rubén, Pablo Novo, David (Javi Pensado, min.51), Adrián, Cachizo, Parafita, Schuster, Juni (Anxo, min.85), Fuentefría (Adrián Fraga, min.62), Carlitos (Joaquín, min.75).
Plantel do Castriz en Verdillo-Foto-David Castro
  • CASTRIZ: Pablo, David Velo (Martín Gemelo, min.80), Dani Martínez, Martín Uruguaio, Víctor, Cilindro, Bruno, Luis, Bolón, Agra e Chinda.
  • Goles: 0-1, min.27: Chinda; 1-1, min.65: Juni; 2-1, min.91: Javi Pensado.
  • Árbitro: Iván Morlán García, non estivo acertado. Amonestou aos locais Rubén e Fuentefría; e aos visitantes David Velo, Dani Martínez, Bruno, Martín Uruguaio e Bolón. Expulsou con cartón vermello directo no minuto 83 ao xogador do San Lorenzo, Parafita.
  • Campo: As Pedreiras (Verdillo). Uns 200 espectadores.
San Lorenzo-Castriz-Foto-David Castro

Empezou mellor o Castriz aínda que sin crear claras ocasións de gol, pero pouco a pouco o equipo de Pedro foi levando o encontro ao seu terreo e puidéronse adiantar os locais pero Carlitos tras superar a un defensa xalleiro na carreira non foi quen de bater a Pablo, a estrela do partido. E finalmente sería, o conxunto de Esteban o que se adiantaría no marcador por medio de Chinda que cun gran control vaise de dous defensas carballeses e saca un disparo imposible para Diego. Tres minutos despois, a piques está de chegar a igualada pero, de novo, Pablo cunha gran intervención salva un cabezazo de Pablo Novo, tras unha falta colgada por Fuentefría. Antes do tempo de lecer, ambos equipos tiveron unha ocasión para modificar o marcador, pero o lanzamento cruzado de Carlitos foise a rentes do pau e Diego, en dous tempos, atrapa o potente disparo de Luis.

Á volta dos vestiarios, o equipo de Verdillo saíu ao campo coa intención de remontar o encontro e foi capaz de poñer en serios apuros ao Castriz. Comezaron a chegar as ocasións e Pablo erixiuse como protagonista salvando unha e outra vez ao seu equipo. Primeiro salva cunha gran estirada un cabezazo de Juni cando xa se cantaba o gol. Ao cuarto de hora desta segunda metade, nun contragolpe Chinda puido facer o 0 a 2 pero Diego salva ao San Lorenzo cunha gran intervención. Respondería Javi Pensado cun gran disparo que se vai a rentes do pau tras tocar nun defensa. Pero un minuto despois, Juni empalma un centro para facer un auténtico golazo ao que nada pode facer o porteiro xalleiro. Pouco despois, Víctor, xogándose o físico, evita que Juni firme o doblete sobre a mesma liña de gol.
No minuto 83, houbo dúas feas entradas consecutivas, unha por parte de Dani Martínez e outra por parte de Parafita. O colexiado do encontro decidiu castigar con cartón amarelo a do defensa do Castriz e con vermello a do rapaz carballés, ante a inverosimilidade dos presentes nas Pedreiras, xa que o máis correcto sería a expulsión de ambos.

A pesar de quedar cun home menos, a expulsión de Parafita incluso puido beneficiar aos carballeses xa que o Castriz foi a polo partido, pero sin ter as ideas moi claras, e, no minuto 91, Javi Pensado aproveitou un balón en largo para ganarlle a espalda a defensa xalleira e superou a Pablo para poñer o definitivo 2 a 1 e desatar o delirio da afición.

Pablo porteiro do Castriz foi protagonista-Foto-David Castro

Seaia - Zas (0-2)

Seaia-Zas-Foto-Pablo Seaia
  • SEAIA: Jesús, Lesi, Adrián, Vistas, Avelino (Dimaga, min.40), Eme (Juni, min.60), Miguel, Felipe (Ángel, min.65), Damián (Richard, min.65), Nando e Camilo.
  • ZAS: Anxo, Fabián, Oli, Martín (Tívoli, min.85), Vecino, Pablo (Manu, min.58), Peke, Abel (Andrés, min.80), Álex (Samuel, min.73), Rubio, e Isma.
  • Goles: 0-1, min.11: Álex Flores en xogada de estratexia tras un córner botado por Peke; 0-2, min.40: Abel tras unha falta botada por Peke.
  • Lesión: o local Avelino.
  • Partido sen grandes ocasións que levou o Zas por oficio e bo traballo na estratexia a balón parado dos de Iván Cancela. Iso si, foi un choque moi intenso, baixo unha sofocante calor.

    Comezou durmido o Seaia e o Zas pronto se adiantaría no marcador. Foi tensa a primeira metade, que remataría co segundo dos visitantes.

    A partir de aí o Zas soubo defender ben ante un Seaia que non puido romper o perfecto prantexamento defensivo. Intentouno o cadro de Tato, pero o marcador non se movería. Juni, que protestou un posible penalti de Vecino no min.90, tivo unha clara para o Seia faltando 20 minutos para o remate.


    Porteño - Cee (3-1)

    Porteno-Cee-Foto-Porteno 2
    • PORTEÑO: Bonano, Pejo, Manu, Gabi (Maikol, min.85), Caamaño, Doyle, Roi (Iago, min.65), MeuLar, Cachi (Marcos, min.55), Óscar e Wii (Jose, min.46).
    • CEE: Parroto, José Ramón (Samuel, min.65), Fiuza (Yago, min.73), Jacobo, Aitor, Tebo, Dani Freire (Jorge, min.87), Hidalgo, Leo, Bruno e Josiño.
    • Goles: 0-1, min.5: Leo de falta directa; 1-1, min.26: Wii aproveita o rexeite de Parroto a un tiro lonxano; 2-1, min.55: Cachi de penalti; 3-1, min.85: Pejo nunha contra.
    Porteno-Cee-Foto-Porteno

    Vitoria do Porteño ante todo un Cee (con ata 8 baixas), colocándose o cadro de Roski a só 2 puntos dos ceenses. A primeira metade foi bastante igualada, cun Cee un pouco superior, sobre todo nos balóns aéreos e as disputas, cun Cristian Hidalgo baixando o balón e tocando ben. Aos 5' marcou Leo de falta directa, pero pouco a pouco o Porteño foi mellorando e subindo a intensidade, pero sen ocasións moi claras.

    Conseguía empatar nun balón que non despexou ben a defensa ceense, que Wii, ca caña sempre preparada, atina a remachar trala parada de Parroto. A partir do gol foi mellor o Porteño pero nunha contra Hidalgo tivo o 1-2 pero o remate foi ó pao no 42.

    Tralo descanso e co partido sen dominador claro tira Leo unha falta ó pao. Foi o Porteño o que se metía pronto por diante co 2-1 de penalti, que non fala Cachi, por un erro na marca e Parroto ten que facer falta. Tocáballe arriscar ao cadro de Rafa, e o Porteño foi moi superior ata o final do partido, puidendo sentenciar antes. O Cee estirouse deixando espazos atrás, e á contra o Porteño tivo varias, ata que Pejo sentenciaba nunha delas.


    Camelle - Montelouro (2-0)

    • CAMELLE: Ángel Muxián, Sicario del Amor (Tedín, min.46), Peseta (Felisiano, min.35), Lado (Tonsón, min.60), Valiña, Dido, Macho, Gemelo, Mario, Tajes (Jimmy, min.75), Alberto Malpica.
    • MONTELOURO: Isma, César, Pablo, Abel, Pedro (Isma Cosme, min.75), Eloy, Riki, Geico, David (Pesi, min.60), Edu (Pepe, min.70) e Balsa (Raúl, min.75).
    • Goles: 1-0, min.80: Tedín: 2-0, min.89: Tonsón.
    • Lesión: o lateral local Peseta e o tamén local Lado.

    Chegaban os dous equipos necesitados da súa primeira vitoria, e só o Camelle sae reforzado, ante un Montelouro que queda pechacancelas. Comezaban os loureáns máis metidos no partido, nunha igualada primeira metade no que os dous equipos chegaron con certo perigo. Os loureáns tiveron ocasións por medio de Balsa e Riki, e mesmo fallando un penalti xusto no min.45 por medio do propio Riki tras unhas claras mans de Sicario.

    Comezaba o cadro de Jurjo mellor posicionado na segunda, con dúas boas de David que sacou Macho na liña de gol. Pero clave foi a entrada de Tedín no campo, que permitía que o cadro de Varu fose tomando o control do partido.
    Pero cando quedaban só 10 minutos, e parecía que o marcador ía quedar nun empate malo para todos, dous erros en defensa dos visitantes os condenaban a unha nova derrota.

    Os camelláns tiveron a sorte que non lles acompañou, por exemplo, ante o Carnota, pero sen embargo seguen a ter problemas coas lesións, e Varu terá que facer encaixe para xuntar unha convocatoria completa para viaxar a Cee.



    Cabana - Buño (0-4)

    11 do Cabana ante o Buno-Foto-David Castro
    • CABANA: Añón, Charly, José, Dani Mato, Eloy (Ismael, min.59), Laik (Manolo do Cruceiro, min.31), Miki (Diego Varela, min.55), Berti (Adán, min.64), Iván Mato (Iván de Treos, min.33), Josiño e Fernando.
    Buno animando a Gurita-Foto-David Castro
    • BUÑO: Toni, Casais, Uru, Matías, Ángel, Jorge Calvete, David Dourado, Charro, Dani Calvete (Víctor Suárez, min.85), Emilio e Juan.
    • Goles: 0-1, min.31: Charro; 0-2, min.36: Juan; 0-3, min.59: Jorge Calvete; 0-4, min.77: Juan.
    • Árbitro: Miguel Suárez Carnota estivo mal para ambos lados. Amonestou ao míster cabanés Raúl Periscal e ao seu xogador Eloy, ao igual que aos oleiros Jorge Calvete, Dourado, Charro e Juan.
    • Campo: As Redondas (Cabana de Bergantiños). Uns 75 espectadores.
    Cabana-Buno-Foto-David Castro

    Chegaba eufórico o Cabana de Raúl Periscal, tras a victoria da pasada semana ante o Sporting Zas, ao encontro ante o Buño, un equipo oleiro que chegaba en cadro a As Redondas tras a plaga de baixas que sufre o conxunto que dirixe Chema Rivadulla.
    Na primeira metade, comezou mellor o Cabana pero o equipo local foi perdendo o control e co paso dos minutos o seu xogo tiña menos claridade ao contrario do Buño, que foi de menos a máis, intentando facer dano con transicións rápidas e contragolpes e desta forma sería como chegarían os goles. O primeiro chegou tras unha boa xogada combinativa que materializa Charro. E cinco minutos despois, tras un contragolpe levado por Charro, nunha xogada na que os cabaneses reclamaron un posible fóra de xogo do xogador do Buño, Juan bate a Añón para facer o 0 a 2.
    Antes do tempo de lecer, Manolo do Cruceiro estivo a piques de recortar distanzas no marcador cun gran disparo dende a frontal pero mellor foi a resposta de Toni para enviar o esférico a córner. E, aínda habería tempo para outra ocasión máis por parte dos oleiros pero Añón salvaría o remate acrobático de Juan.

    Á volta dos vestiarios, os cabaneses saíron coa intención de acadar a remontada, levando a iniciativa no xogo pero sin crear ocasións de gol. Tan só Josiño no minuto 57, inquedaría a portería de Toni cun disparo que enviaría o gardameta visitante a córner. Dous minutos despois chegaría o terceiro tanto do Buño, logo dunha internada por banda de Jorge Calvete, este intenta o pase da morte pero o esférico é cortado por un xogador cabanés o rexeite cáelle nos pés ao branquiazul que bate a Añón a pracer.

    A partir deste gol, o partido iría perdendo intensidade pero a falta de trece minutos para o final, Juan faría o definitivo 0 a 4, logo de aproveitar un regalo da defensa nerazzurra para superar ao porteiro cabanés no man a man cunha gran tranquilidade. No minuto 85, Adán estivo a piques de facer o tanto da honra pero o seu potente disparo é salvado por Toni.

    A anécdota do partido, sería a entrada ao campo de Víctor Suárez que cambiou a portería que é o seu hábitat natural pola dianteira, con motivo da plaga de baixas que sufre o conxunto oleiro.


    Fisterra - Carnota (4-2)

    • FISTERRA: Norberto (Andrés), Manuel Cartamil, Julito, Robertín, Juan (Munitis), Roco, Santi (Noé), Guardiola (Yeray), Roa (Naranjo), Pablo Lestón e Aitor.
    • CARNOTA: Juan, Pumuky, Tono Lestón, Ferreiro, Pedro Pichín, Nakata (Berni, min.64), Iván Maceiras (Raúl, min.63), Míchel, Manolo Chouza, Andrés Fandiño (Pablo Pichín, min.68) e Manuel Luís.
    • Goles: 1-0, min.43: Aitor; 2-0, min.64: Guardiola; 3-0, min.65: Roa; 3-1, min.67: Manuel Luís; 4-1, min.75: Roco; 4-2, min.83: Ferreiro de penalti.

    Facíalle falta a vitoria aos dous equipos, que chegaban con 6 puntos a esta 8ª xornada, pero só o Fisterra levou 3 puntos que o desafogan lixeiramente. Foi unha primeira metade moi boa do cadro de Nacho, controlando o balón e levando o peso do partido. Pero non chegaba con claridade á meta de Juan Novita, ata que ao fío do descanso Aitor rompía a igualada facendo xustiza ao visto no terreo de xogo.

    Pero na segunda relaxouse, coma sempre, o cadro local, e o Carnota apretou. Sen embargo, en apenas dúas xogadas consecutivas o Fisterra meteuse 3-0 cos tantos de Guardiola e Roa. O Carnota case se mete no partido en varias ocasións, pois despois do 3-1 de Manuel Luís, e co Fisterra demasiado relaxado, tivo varias ocasións para recurtar. Pero Roco a falta de 15 para o final sentenciaba e só puido marcar Ferreiro un novo tanto de penalti que non serviu para meter o medo no corpo aos fisterráns.


    Volantes - Camariñas (4-1)

    • VOLANTES: Rubén, Juan, Mayu (Javi), Maikel, Brea, Mingos (Edu), Suso (Ivi), Picho (Jesús), Óscar (Brais), Miguel e Piti.
    • CAMARIÑAS: Pablo, Martín, Piti, Sergi (Brais Chicote, min.80), Pereira, Mario, Moriño (Denis, min.75), Sule (David Pasantes, min.75), Yuyo, Ismael e Javi (David Muxía, min.46).
    • Goles: 0-1, min.5: Piti de penalti cometido por Maikel; 1-1, min.15: Mingos; 2-1, min.42: Suso; 3-1, min.71: Picho; 4-1, min.80: Piti.
    • Expulsións: os visitantes Piti (min.71) e o míster Gerpe (min.40).

    Coma un tiro vai este Volantes de Felipe, xa colocado na 5ª praza. Os laranxas superaron a un Camariñas que non acaba de atopar o seu lugar na Liga da Costa, a pesar de ter feito o mellor partido do que vai de temporada, merecendo máis. Os de Gerpe o intentaron e de feito se metían pronto por diante dende os 11 metros. Pero o Volantes foi polo partido e tras unha boa primeira metade acababa xa por diante cos tantos de Mingos e Suso, despois de que os viistantes protestaran un fóra de xogo cando un dos seus puntas quedaba só fronte a Rubén, nunha xogada no que o colexiado expulsaba ao míster Gerpe.

    Saíu o Camariñas moi enchufado na segunda, combinando ben e chegando con perigo, pero sen acerto cara gol. E cando mellor estaban os visitantes, Picho sentenciaba o partido nunha xogada na que os camariñáns pediron carga ilegal do dianteiro, e na que coas protestas acababa expulsado Piti, provocando así baixada de brazos do cadro conserveiro. Non remataba o partido sen a cita de Piti co gol, e xa van 9.


    Outes - Mazaricos (2-2)

    • OUTES: Gato, Borja, Rafa, Saúl (Martín Iago), Roberto Amoedo, Chía, David (Babu), Poke (Fabio), Yago, Manu (Oki) e Piki.
    • MAZARICOS: Marcos, Miguel, Estéfano, Matías, Ramón, Ricardo, Jose Ángel (Ferreiro, min.68), Pereiro, David, Chenel (Chico, min.80) e Molinos.
    • Goles: 1-0, min.20: Roberto Amoedo de falta por medio da barreira; 1-1, min.40: Pereiro de cabeza remata un centro de Miguel; 1-2, min.77: Molinos remata un centro de Miguel; 2-2, min.94: Martín Iago de volea.

    Partido igualado, moi intenso, sen demasiadas ocasións, cun Outes que en casa amosouse algo máis convencido da vitoria, pero tivo que esperar ata o desconto para manter un punto. Comezaba o choque con dominio alterno, sendo o cadro local o que se adiantaría cun tanto, con algo de fortuna, de Roberto Amoedo, un deses xogadores doutra categoría que vive na Serra e que dende a Copa xa leva axudando ao equipo de Manu Roque. Tivo para ampliar a renda o cadro local na primera, pero o Mazaricos foise recuperando e antes do descanso empataría por medio de Pereiro.

    Xa na segunda, o Outes saíu máis frouxo e o Mazaricos chegaba con maior profundidade. Noutra perigosa internada de Miguel chagaba o segundo para os amarelos a 15 do final. A partir de aí o Outes volcouse contra a meta amarela, e o empate non chegaría ata pasados 4 dos 90 regulamentarios.


    Baíñas - Ponteceso (3-2)

    11 do Bainas ante o Ponteceso-Foto-Ponteceso SD
    • BAÍÑAS: Sergio, Samuel, Héctor (Sancho, min.70), Mario, Martín, Luís, Eloy Vilas (Iván, min.46), Rodry, Javi Suárez, Eloy Cabeza e Tasky.
    11 do Ponteceso en Vimianzo-Foto-Ponteceso SD
    • PONTECESO: Brais, Diego Collazo (Youssef, min.53), Javi Peón, Valle (Moscoso, min.53, Alberto Recarey, Mendieta, Martín Puente, Juanma (Dieguito, min.45), Christian Martínez e Eloy (Pablo Márquez, min.75)
    • Goles: 0-1, min.7: Eloy; 1-1, min.9: Eloy Vilas; 1-2, min.13: Alberto Recarey de penalti; 2-2, min.15: Luís de falta; 3-2, min.55: Eloy Cabeza.
    Bainas e Ponteceso saltando ao Municipal-Foto-Ponteceso SD

    Partidazo igualadísimo en Vimianzo no que o máis xusto tería sido un empate. Partidazo, repetimos, o visto no campo entre dous equipos que prometen estare máis arriba do que sinala a clasificación, dous equipos que apostan polo fútbol. Foi un comezo tolo, con ata 4 tantos en apenas 15 minutos.

    Comezaba a segunda metade co gol de Eloy Cabeza que metía por diante aos locais. Co 3-2 deu un paso atrás o Baíñas para defender o resultado. Os de Marco, xa con nomes que se van recuperando das lesións como Martín Puente, Moscoso, Dieguito… colleron o control do balón e se puxeron a tocar. Controlaron pero sen facer demasiado dano.
    Tiveron a sentenza nunha contra de Rodry os de Mario de José, pero tamén os visitantes tiveron o empate nunha falta que Martín Puente mandou ao longueiro, convertíndose nun posible gol pantasma para os visitantes que o colexiado non deu por válido.


    Crónicas da Liga da Costa

    Máis información

    Crónicas da semana

    Novas relacionadas

    Fonte

    Comentarios