Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Preferente: Sen fortuna

Preferente: Sen fortuna
Doro sufriu dous penaltis ante o Sada-Foto-Mca Cuns

Para esquecer esta 9ª xornada da Preferente - Senra Sport. Os equipos costeiros, sen a tensión necesaria, caían en sendos choques contra equipos da zona media-alta, quedando xa na zona media-baixa da clasificación.

Xallas StComba - Sada (0-1)

Ivan Couto ante o Sada-Foto-Mca Cuns
  • XSC: Iván Couto, Rubén Forján, Oscarín (Joshi, min.63), Rubio, Aarón, Jota, Doro, César (Marcos, min.70), Choco, David Baña e Pablo Muíño (Kevin, min.40).
  • Gol: 0-1, min.50: de penalti.
  • Expulsión: David Baña no min.42.

Segunda derrota consecutiva e cuart sen gañar do equipo de Coméndez, que unha semana máis volveu pecar de falta de intensidade na primeira metade. E iso que o choque estaba sendo igualado, pero a expulsión de David Baña ao fío do descanso desequilibrou as tornas. De feito, os xalleiros protestaron duramente a actuación arbitral, que foi clave para o desenvolvemento do partido, i é que ademais de deixar ao equipo bicolor con 10, non sinalou dous claros penaltis a Doro.

Saíu o Sada polo partido na segunda, e se atopou cun tempraneiro penalti que non desaproveitarían para meterse por diante. Intentouno o XSC na segunda, cun home menos e sen demasiada fe, e nada conseguíu, quedando agora na 15ª praza con 9 puntos, só 1 máis que os que marcan o descenso.

O XSC protestanto ao colexiado-Foto-MC Cuns

Estudiantil - Dumbría (4-0)

  • DUMBRÍA: David, Tantán (Alcaina, min.64), Brian, Kevin, Iago, Pablo (Javi, min.57), Rivi, Aarón (Jose, min.85), Adrián Nieto, Diego Cespón (Moreno, min.74) e Darío.
  • Goles: 1-0, min.65: en propia meta; 2-0, min.82; 3-0, min.87; 4-0, min.91.

Non puido traer nada positivo o Dumbría do campo do poderoso Estudiantil, e acabou recollendo unha goleada enganosa. I é que durante máis de unha hora o partido foi moi igualado, cun Dumbría con moitas opcións de meterse por diante, que ao final, marcaba, pero en propia meta, para deixarlle a vitoria en bandexa ao cadro local.

Non desaproveitou o regalo o rival xa co Dumbría volcado polo empate, acabou marcando 3 goles nos últimos 10 minutos.

Crónicas de Preferente – Senra Sport

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios