Venres. 03.12.2021
El tiempo

Balonmán: Liderado entre masas

Balonmán: Liderado entre masas
Vitoria e liderado para o Calvo Xiria Vitoria e liderado para o Calvo Xiria nun auténtico partidazo

Impresionante o que fai o balonmán en Carballo. 600 siareiros nas bancadas do Vila de Noia para ver o patido máis interesante da 1ª Estatal. Visitaba o líder o pavillón carballés, e precisamente, tras un partidazo inesquecible, o Chapela deixouse o liderado a mans do Calvo Xiria.
Agora, a 5 xornadas para rematar a liga, aos carballeses só lles vale sumar 5 vitorias para manter o posto de privilexio co que se fixo esta fin de semana. Deberán tirar proveito do aprendido da derrota en Bueu para encarar cada unha desta finais.

Mentres, por Camariñas, con regulares novas dos sénior, a familia conserveira disfruta do bo estado de saúde da súa base, algo do que tamén andan ben orgullosos por Carballo, por suposto.

Canteira do Balonman Camarinas Canteira do Balonman Camariñas  

1ª Estatal, xornada 25

  • Resultado: Calvo xiria - Bm Chapela (28-27)
  • CALVO XIRIA 28 (15+13): Martín Gómez [p], Alejandro Naya, [p], Santiago Gómez [p], Alejandro Calvete (3), Brais Puñal, Manuel Méndez (4), Sergio Facal, Uxío Batán (1), Martín Alfeirán (10), Gonzalo Pombo (8), Ramón Suárez–Pumariega, Jorge Bouzas (1), Mario García de Seárez, Carlos Vilanova, Pablo Iglesias, Javier Rodríguez (1).
Partidazo no Vila de Noia Partidazo no Vila de Noia

Partidazo con todas as letras o vivido este sábado. Ca grada a rebentar e con boas accións tanto individuais coma colectivas, moitísima intensidade e, por suposto, igualdade no marcador.
Tanto uns coma outros usaron as súas mellores armas dende o inicio, pero no minuto vinte, a temperá segunda exclusión de Ramón fixo mudar os plans do equipo carballés. Renunciando á velocidade na contra e ao saque rápido de centro, mais dándolle moita mobilidade e profundidade ao xogo estático. Aínda así foi o partido nos últimos anos que máis avisos de pasivo sufriu o cadro verdinegro, que en innumerables ocasións viuse apurado para lanzar logo de poucos segundos de posesión de balón para elaborar o xogo. A loita por cada posesión foi terrible e so os azos dos seareiros carballeses fixeron que o nivel de concentración e o empuxe en cada acción non decaese nos sesenta minutos.

Vitoria e liderado para o Calvo Xiria 2 Vitoria e liderado para o Calvo Xiria  

1ª Autonómica, xornada 21

  • Resultado: Teucro - Bm. Camariñas (29-26).

Derrota camariñá ante o líder da clasificación en terras pontevedresas que deixa sen opcións de meterse na loita polo título ao equipo conserveiro. Aínda así mantén a 3ª praza.

O Bm Camarinas escoitando as ordes do mister O Bm Camarinas escoitando as ordes do mister  

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios