Basket: A 3 pasos da Fase de Ascenso á Liga EBA
Si, non é de broma. Este Carballo Basket Xiria está a só 3 finais da Fase de Ascenso á Liga EBA, a 3ª división do baloncesto estatal. O cadro carballés caía esta pasada fin de semana ante o Basquet Coruña, pero ten tres finais para meterse na fase de ascenso á EBA. O choque do vindeiro sábado 4 de febreiro ás 18:00h ante o Culleredo, será fundamental, e só vale a vitoria, pois o cadro visitante suma unha vitoria máis. 4 equipos loitarán nesa fase de ascenso, e os carballeses están moi ben situados.
Foi nunha fin de semana completa para o baloncesto carballés, con protagonismo para a loita contra a violencia de xénero, na que as familias carballesas e herculina demostraron a boa relación posando conxuntamente. Ademais, no deportivo, as bravas do Vázquez y Reino si que venceron ao equipo coruñés e se manteñen no liderado da 2ª Autonómica.
Basket Xiria e Basquet Coruña posando contra a violencia de xeneroSénior Masculino, xornada 11
- Resultado: Calvo Basket Xiria - Basquet Coruña (51-62)
- Carballo Basket Xiria: Anxo 18, Argüelles 6, López, Añón, Guillamet 6, Manu Rei 10, Roi, Fran, Tato 5, Luís 6 e Moreira.
Derrota xusta do Calvo Basket Xiria, que ve rota o seu racha de 7 triunfos consecutivos. Partido dominado polos herculinos, que moveron rápido o balón, e sen ter demasiado acerto a canasta, si que dominaban o rebote e mantiñan as distancias. Só Anxo Estany mantiña no partido aos carballesas, pero a imprecisión e a mala lectura foron os protagonistas. As lesións de Héctor e Moreira tampouco axudaron,.
2ª Autonómica feminina,
- Resultado: Vázquez e Reino EBX - Básquet Coruña Leyma (53-43).
- Parciais: 11-18, 12-11, 17-05 e 13-09.
- Vázquez e Reino EBX: 6-Laura (7), 7-Iria, 10-Ana (5), 12-Silvia (19), 13-Sara (4), 14-Limeres (8), 15-Cris, 21-Ronsel (4), 23-Irene, 28-Alba, 32-Andrea (6) e 42-Lucía.
Volvían á competición tras máis de mes e medio sen competir as carballesa, por mor dos aprazamentos. Pero non pesou a inactividade e as herculinas pagaron as gañas de xogar. E iso que comezaron mal as locais, lentas e febles en defensa. Mellorou a agresividade no segundo cuarto pero en ataque non acertaban. Foi no sgeundo tempo cando o Vázquez y Reino eran quen de darlle a volta ao marcador.
Agora toca pensar no vindeiro partido, que será o mércores día 1 de febreiro na Coruña, onde ou Vázquez e Reino EBX medirase ante o Santa María do Mar, partido aprazado correspondente á xornada 11 de liga.
As infantís, campionas
Tamén a base dá alegrías á familia verde. As Infantís das Escola Basket Xiria pecharon o campionato co título tras vencer en Culleredo.
Ademais, Pola súa banda, o equipo B da mesma categoría, infantil Feminino, acabaron cuartas, a tan só unha vitoria do Subcampeonato.
Socio de honra
Diego Vázquez Reino, expresidente da entidade, recibiu o nomeamento como Socio de Honra da entidade, no que é a segunda persoa á que se concede dentro do Club este nomeamento, tras Carlos Cambón, un dos grandes impulsores do Baloncesto en Carballo. Diego Vázquez foi xogador da sección de Baloncesto de Xiria, e tamén adestrador durante moitos anos. O actual presidente, Marcos Díaz Molk, que substiuía a Vázquez este verán, fíxolle entrega do detalle.
Máis información
Novas relacionadas
- Líder Xiria.
- Sol polo Norte e frío polo Sur.
- Un debut de Peli.
- O Basket ponse de negro contra a violencia de xénero.
- Basket: Carballo vence á Coruña.
- As Junior do Peugeot Dimolk Basket Xiria únense ao Mannequin Challenge.
- O Vázquez y Reino tamén sabe gañar fóra da casa.
- Xornada de derrotas para o basket costeiro.
- Arrincou a tempada para Xiria, coa gran estrea do Sénior Feminino, Artai e ACB.
- Carballo vístese de verde Xiria.
- O Basket Xiria quere afianzar a súa canteira pontecesá.
- O equipos do Basket Xiria póñense en marcha.
- A creación do primeiro equipo sénior feminino é unha chulada para o Carballo Basket”.
- 10 anos para un Basket Xiria que segue medrando.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).