Basket: Derbi costeiro con acento carballés



Derbi costeiro na 3ª División Sénior entre ACB e Artai, como foco de atención desta xornada. Un choque que durante o primeiro tempo foiu tremendamente igualado, pero que se rompía á volta dos vestiarios no comezo da segunda metade.
Polo demais, o Calvo Basket caía noutro choque igualado, e xa pensa na cita deste mércores, cando a familia do deporte carballés celebra este mércores o II Memorial Loli Varela, coa participación de Un Paso Mais, Artai, Balonman Xiria e Carballo Basket. Unha das persoas que máis fixeron polo que as persoas con discapacidade se sumerxisen no deporte.
1ª División Sénior Autonómica, xornada 8
- Resultado: CB Cambre - Calvo Basket Xiria (69-60)
- Parciais: 20-14; 15-20; 18-15; 16-11.
- Xiria: Javi (8), Guillamet (4), Peli (4), Manu (15,2t), Roi (4), Fran (3,1t), Cebral (7), Luis (4), Moreira (10,1t), Rubén (1), Luciano.
Derrota carballesa en Cambre a pesar do bo comezo dos verdes. Pouco a pouco os locais comezaban a facer valor a súa superioridade física pero no segundo cuarto a boa defense e a boa selección de tiro permite aos carballeses marchar con vantaxe aos vestiarios.
Na segunda, os locais apretan pero o partido mantense igualado. Foi nos últimos minutos cando 2 triplas consecutovias serían decisivas para que os negros abrisen unha fenda imposile de recuperar.

3ª División Sénior, xornada 7
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE - CALVO ARTAI (46-67).
- Parciais: 12-20; 26-28; 34-55; 46-67
- ACB COSTA DA MORTE (12+14+8+12): Manu (2); Deril (7); Luci (4); Alfredo; Tinín (13); Fabián (2) Anxo; Sergio (5); Fran (11); José (2)
- CALVO ARTAI (20+8+27+12): Jaime (14), Samu (3), Marcos, Alessandro (12), Abrahan (5), Sergio (17), Pedro (2), Adrián (5), Diego (6), Iván e Dani (1).
Derbi costeiro na 3ª Sénior, celebrado en Cee, con bastante expectación. Os carballeses non puideron contar con Fernando, Bruno nin Andrés, pero non lles impediu ser dominadores do choque. O cadro ceés comezou ben, saíndo con moito criterio da presión proposta polo CB Artai. A forte defensa visitante ía dando froitos, e ademais o acerto (12 de 20 no primeiro tempo) deixaba unha lixeira vantaxe ao descanso pero co partido totalmente aberto.
Pero á volta dos vestiarios, só houbo un equipo na pista, e cun parcial 8-27 o partido estaba visto para sentencia. O derradeiro período, cos visitantes máis relaxados, e os ceeses novamente no partido, conseguen xogar con 4-5 pases.
En Junior

Na categoría Junior, o ACB Costa da Morte facía un gran partido ante o Basquet Coruña U18 vencendo por 68-45, gracias a unha gran segunda metade.
As Junior do Artai conseguían a súa sétima vitoria tamén ante o cadro herculino.
Tamén por Carballo, os junior do Ortodix sufriron unha contundente derrota ante un Tui Seta moi superior fisicamente. Ademais, O Dimolk Basket Xiria junior femenino tamén caeu ante o Santo Domingo de Betanzos 01 por 38 a 68.
Outras que non acadaron a vitoria foron as sénior do Xiria, as Vázquez y Reino, que caían pola mínima ante o ADB Fontiñas, coa mala sorte dunha última canasta que non quixo entrar.

Crónicas da tempada
- Xornada de derbis de base.
- A canteira toma o protagonismo.
- Da boa saúde do baloncesto carballés.
- Mans de manteiga.
- O debut histórico do Artai Sénior centra a atención da xornada do basket costeiro.
Novas relacionadas
- Setembro 17: Ferroatlántica retira o seu apoio ás entidades deportivas.
- Xuño 2017: Iván Villaverde estrease a vindeira tempada como entrenador do primeiro equipo do Calvo Basket Xiria.
- Maio 17: O Vázquez y Reino métese na Fase de Ascenso no ano da súa estrea.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).