Basket: Doble derbi con sabor bergantiñán


Tiña lugar esta fin de semana dous choques directos entre os equipos de Bergantiños e da comarca de Fisterra. E foi o cadro larachés o que sumou dúas vitorias ante os Sénior e os Junior da familia do ACB Costa da Morte. Así e todo, o equipo ceense fai un balance moi positivo da primeira fin de semana do ano, dados os bos resultados das Junior e das categorías inferiores.
Pola súa parte, a familia carballesa voltaba das vacacións e case non o podía facer mellor, con catro vitorias e unha soa derrota, a dos cadetes en Culleredo ,no feudo do líder.
Gañaron os dous equipos de 1ª división, moi sufrida a vitoria dos junior de Javier Cotelo ante o colista pero vitoria á fin e ao cabo que é o que conta. Tamén venceron os de Iván Villaverde ante o Estudantes, a segunda da tempada, fraguada nunha primeira parte primorosa dos colegiales. E as que seguen e non paran son as cadetes, neste caso a domicilio ante o CB Arteixo. A última vitoria era precisamente a do junior da liga provincial no derbi ante Cee.
Derbis
4ª División Sénior Masculina

- Resultado: CB LARACHA – ACB COSTA DA MORTE (86-51)
- ACB Costa da Morte: Tinin (9); Manu (9,3T); Déril (15,1T); Lucas (5,1T); Cristian, Jose (2), Pais(3), Adrián (7,1T), Luciano (3), Diego e Nefri.
O ACB COSTA DA MORTE arrancaba o ano na pista de un dos equipos mais completos da Liga, o CB Laracha, que lle pasou literalmente por encima. O equipo acudía na tarde do sábado con só a falta de Sergio por motivos laborais e en xeral mal partido en defensa dos ceenses, que non superon parar o festival anotador do equipo larachés en ningún momento. O partido comenzou igualado con Déril anotando desde o perímetro pero o poderío no xogo interior de Laracha xa se fixo patente desde o comezo, colleron unha vantaxe de quince puntos no primero cuarto que no faria mais que aumentar ata chegar os trinta e cinco do final.
Aínda que en ataque o equipo funcionou bastante ben teñen que mellorar en tareas defensivas xa que na próxima xornada se miden a un rival directo nos postos medios da táboa.
2ª División Junior Masculina
- Resultado: EB XIRIA – CE CUME CEE (66-35)

- EB XIRIA: Diego (12), Juan, Javi (11), Alberto (5) Mario (4)-cinco inicial-Fran (9), Pablo (10), Iván (4), Marcos (6), Sergio (3) e Andrés.

- CB CUME CEE: Martínez (5), Marcote (3), Toba (21), Vázquez (5),Martínez (1)-cinco inicial-Ramos e Castro.
- Parciais: 18-10; 35-12; 52-22; 66-35.
O equipo costeiro empezaba o partido moi permisivo en defensa ante o equipo mixto entre Carballo e Laracha. Os ceenses comezaban con moitas perdas de balón, permitindo o equipo local coller xa unha certa vantaxe. Entón o segundo cuarto foi ainda peor, endosando un parcial de 17-2 debido a precipitación nos ataques do equipo ceense.
A volta do descanso o mostrou unha gran melloria e comezaron a xogar un bo baloncesto, onde xa mais rodados gañaban o último cuarto, eso sí co partido xa totalmente decantado hacia o equipo carballés.
Os carballeses gañaron o partido de forma cómoda pese a todos os traballos realizados polos xogadores de George. Moito mérito dos ceenses pois só contaban con sete xogadores e aínda así foron capaces de pelexar durante os corenta minutos. Pero as diferenzas, conforme ían pasando os minutos ían crecendo para o bando local pese ao bo partido de Toba, o mellor xogador ceense.
Familia ACB
2ª División Junior Feminina
- Resultado: STA MARIA DEL MAR – ES BAZARRA ACB COSTA DA MORTE (53-63)
Enorme partido das Junior que gañaron na prórroga fóra de casa ante un rival directo na táboa. O partido empezaba de cara para as costeiras que chegaron dominando ó descanso cunha ventaxa de dez puntos.
A típica “paxara” apareceu no terceiro cuarto cando as coruñesas conseguiron remontar e poñerse por diante no ultimo cuarto. Este derradeiro cuarto foi moi igualado, tanto asi que a falta de dous segundos Sta.maria del mar gañaba por tres puntos pero un triple a desesperada de Lorena levou o partido a pórroga. Lorena e Carla se sairon na prórroga dominando o xogo interior nas duas pistas e o partido xa non tuvo color, parcial de 14 – 4 para as ceenses que se levarian o partido.
2ª División Infantil Masculino
- Resultado: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE – BASKET CORUÑA 01 (56-33) Enorme partido dos infantiles ceenses ante todo un equipo como o basket coruña. Dominaron desde o principio collendo unha vantaxe de dez puntos. Os coruñeses se acercaron tras o descanso pero unha boa reacción a tempo doulles a merecida vicoria final. Primeira victoria do ano para os rapazes.
- Resultado: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE – UNIVERSITARIO FERROL B (54-26)
- Resultado: CB ARTAI - CB FERROL (62-48).
- Parciais: 11-13; 28-30; 44-40; 62-48
- CB ARTAI: Aítor (4), Pablo (13), Carlos (4), Jaime (5), Jorge (22)-cinco inicial-Xabi, Enrique (4), Manu, Marcos (3), Dani (4) e Alex (3).
- Resultado: CB CULLEREDO - CB ARTAI (54-45).
- Parciais: 10-8; 24-19; 37-33; 54-45.
- CB Artai Jorge (11), Álex (6), Santi P. (0), Anxo (3), Juan (3), Adrián (0), Javi L. (0), Luciano (7), Santi R. (0), Pablo S. (3), Lois (0), Javi S. (12)
- Resultado: CB ARTEIXO - CB ARTAI (36-80).
- Parciais: 8-22 15-20 8-24 5-14.
- CB ARTAI: Emi, Celia (2), Sara Nion (11), Lola (18), Nuri (10), Emma (10), Caye (6), Maria (2), Uxi, Paula (17) e Sabe (4).
- Resultado: CB ARTAI - ESTUDANTES PONTEVEDRA (64-55).
- Parciais: 16-8 19-9 18-19 11-19.
- CB ARTAI: Pablo, Carlos (11), Edu (8), Manu (18), Marco (2), Pérez (17), Mario (2), José, Iván (2), Manu A. (2), e Iago (2).
- O ACB pecha o ano con vitoria.
- O ACB xa voa.
- Unha xornada baloncestísica marcada polos despachos.
- Os tiros libres dan a primeira vitoria da temporada ao ACB.
- Reparto de vitorias nos derbis costeiros do basket feminino.
- As cadetes do baloncesto costeiro preparan un derbi de alturas.
- Bo sabor de boca para a fin de semana de baloncesto costeiro.
- Fin de semana completa para os equipos do basket comarcais.
- As cadetes do Artai e do Xiria protagonizan un comezo de campaña de derbi.
- Xornada completa para os equipos do Basket Xiria, Artai e ACB.
- Completo repaso á actualidade do baloncesto bergantiñán.
- O baloncesto expándese por Bergantiños.
- A Escola Basket Xiria pon en marcha unha campaña de captación de socios.
- A Escola Basket Xiria comeza a xogar.
- 27-05-14: O Carballo Basket proclámase por primeira vez Campión Galego Infantil.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Información de CarballoBasket, do Artai e do ACB Costa da Morte.
2ª División Infantil Feminino
Familia carballesa
1ª División Junior Masculino

Partido disputado na mañá do sábado no pabellón da Zona Escolar de Carballo con preto dun centenar de seguidores nas gradas. Tiveron que suar de xeito abondo os xogadores de Javier Cotelo nun partido marcado polo gran número de erros por parte de ambos equipos, moi fallones tanto nos tiros como nos pases. Manexaron a primeira parte os ferrolanos, aproveitándose dos numerosos erros nos pases dos locais. Non agrandaron a diferenza no marcador porque se fartaron de fallar tiros libres, sobre todo no primeiro cuarto.
Tralo descanso saíron mellor os locais, apertando máis en defensa, elaborando máis os ataques e arovechando o baixón do seu rival. Unha nova vitoria para os junior, a cuarta da tempada que iguala aínda máis unha competición no que só a posición do líder e a do colista parece que non van cambiar.
2ª División Cadete Masculino
Bo partido o disputado no pabellón de Ou Burgo de Culleredo entre os dous aspirantes ao título de liga, só decidido no último minuto do encontro. Culleredo fixo valer a súa condición de favorito nos primeiros instantes do partido, no que cobraba as primeiras vantaxes, 6-2 minuto 5. Os mozos de Javi Varela seguiron traballando defensivamente á espera de estar un pouco máis acertados en ataque, e así se chegou ao final do primeiro cuarto cun 10-8 no marcador. O encontro non variou de signo no segundo cuarto, Culleredo mandaba no partido pero C.B. Artai mantíñase preto no marcador esperando o momento para darlle a volta ao mesmo, 24-19 ao descanso. O primeiro momento crítico salvouse cos problemas de faltas de Javi López, Jorge Mato, Anxo Branco e Luciano Calvo. O terceiro cuarto foi de dominio visitante no xogo e no marcador, 13-14, para alcanzar o último período cun igualado 37-33. Culleredo rompía o partido a falta de 4 minutos para o final, 47-38, pero unha última reacción visitante fixo que Javi Souto recuperase un balón para achegarnos a 1 punto a falta de 2 minutos. O erro na acción ofensiva, seguido dunha rápida transición do equipo local volvía distanciar a Culleredo, e así no último minuto volvíase a romper o marcador para alcanzar o definitivo 54-45, demasiada vantaxe para a igualdade vivida no Municipal de O Burgo.
2ª División Cadete Feminino
Visita a Arteixo na tarde do domingo para xogar a décimoprimera xornada da segunda división cadete feminina. As do cole xa romperon o partido no primeiro cuarto cun 22-8 de parcial, diferenza que non faría máis que aumentar ata o final do partido. As do cole defendían ben o 1x1, aínda que o sistema de axudas estivo desordenado e non se pechou ben o rebote, o que Arteixo aproveitou para anotar a maioría dos seus puntos. Aspecto a mellorar leste, o do rebote, de face a competir nos próximos partidos. En ataque as azuis abriron a defensa xogando ben sen balón e aproveitaron a súa maior capacidade técnica para romper no 1x1. Moito merito das de Arteixo, que malia a abultada diferenza no marcador non deixaron de pelexar en ningún momento.
A Próxima semana, visita de Cee a Carballo.
1ª División Infantil Masculino
Saíron moi enchufados os infantís do cole. Boas axudas defensivas e moito acerto en ataque, en gran medida grazas ao bo criterio co que atacou o equipo. O parcial resolveuse con 16-8 para os de Carballo. Pola mesma senda transcorreu o segundo cuarto, no que ademais un par de contraataques ben levados polos azuis e o xogo en transición fíxolles levarse aos azuis dezaoito puntos de renda ao vestuario.
Á volta dos mesmos o partido parecía seguir igual, ata que tras un tempo morto os pontevedreses subiron o ritmo e conseguiron recortar neste período, 18-19. E último cuarto no que un arreón local poñíaos 21 arriba a falta de 7 minutos. 7 minutos nos que a presión e a defensa trap dos pontevedreses recortou a vantaxe local ata os 9 puntos finais, 64-55.