Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Basket: Unha xornada de escándalo

Basket: Unha xornada de escándalo
basket junior-ortodix-3 Imaxe dos Junior do Calvo Xiria, que sufriron un verdadeiro atraco en Lugo

O atraco arbitral, un deses que xa parece que non se dan en ningures, que sufriu o equipo Junior do Calvo Xiria, protagoniza esta semana chea de basket.

Un Basket Xiria que a pesar de todo segue volcado co seu Basket Surf Camp Razo, co prazo de inscrición aberto para todos os mozos da bisbarra.

Familia ACB

3ª División Senior

  • Resultado; C.E. CUME ACB COSTA DA MORTE – ADFRO (47-55)
  • ACB: Manu (10); Deril (17, 4T); Luci (2); Sergio (2); Rodrigo (11) – cinco inicial – Christian V.; Cristian M. (2); José (3); Alfredo.

Saíron ambos conxuntos tanteándose, con pouco acerto, pero bo xogo, onde as férreas defensas dominaban sobre os ataques, e neste primeiro periodo a rigurosidade arbitral nun lado do campo xa estaba presente, anotando Adfro 9 puntos en tiros libres. O equipo ceense, non andaba fino de cara ao aro, mais se via que o partido ia ser duro e pelexado (7-11) No segundo cuarto o xogo ceense segue a ser bo, atopando o acerto perdido chegando á anotación mais prolífera neste periodo anotando 17 puntos. A defensa, igual dura e rocosa, facendo que aos visitantes lles custe anotar. (17-11)

No terceiro periodo, comezan os erros nos que o equipo cae unha e outra vez. Técnicas ao adestrador local por unha protesta moi suave, mais una a un xogador por unha protesta tamén suave, fan que o equipo comece a irse do partido, máis centrados en tomar a xustiza por medio de cada un que de facer o xogo coral que se estaba a facer. Ainda así o acerto na longa distancia de Deril e o 1x1 interior fan que a distancia non aumente moito (11-15) No derradeiro período seguio a mesma tónica que o anterior, o que sumado a que novamente o arbitraxe subiu o listón nun campo só fixo que a distancia aumentase ainda mais. Como consecuencia, mesmo se lle pitou una técnica a Manu por “flopping” ao chocar nun bloqueo cun xogador de cerca de 100 kilos. Xa non é que fose ou non falta do visitante, aínda que non o fose, cando se choca cun xogador de gran envergadura é o que sole ocorrer, sen ter que considerarse “flopping”. Así e todo, o equipo local debe subir o seu nivel de xogo, sobretodo en equipo nas segundas metades se queren acadar a primeira vitoria.

 

2ª División Cadete feminino

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE - C. B. LARACHA (29-25).

Partido dificil na mañá do domingo para as cadetes do Costa da Morte que se resolviu no último cuarto con un parcial de 12-2, despois de 30 minutos de moita defensa e pouco acerto en ataque, onde apenas houbo máximas ventaxas de 3 puntos. Aínda así, nos momentos da verdade, as costeiras estiveron máis concentradas e acertadas en ataque para levarse o partido a pesar das moitísimas faltas pitadas polo dueto arbitral..
Os cadetes caeron co Basquet Coruña por 92-23.

 

2ª División Infantil masculino

  • Resultado: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE VERDE – ARTEIXO (48-35)
  • Parciais: (15-9; 10-6; 8-11; 15-9) (ACUMULADO: 15-9; 25-15; 33-26; 48-35)
  • ACB COSTA DA MORTE VERDE: Alex Domínguez, 2 ptos; Adrián, 0 ptos; Guillermo, 10 ptos; Ramiro, 17 ptos; David, 12 ptos – quinteto inicial – Brian, 2 ptos; Caique, 5 ptos; Eddy, 0 ptos.

Segundo partido neste fin de semana para os rapaces de Vimianzo, tralo seu partido de onte ante o Xiria que tamén conseguiron gañar (45-55). Partido, no que un arranque non moi atinado dos da Costa no primeiro cuarto, permitialle os de Arteixo ir por diante no marcador. Xa na mitade do cuarto, os da Costa, pouco a pouco conseguiron poñerse por diante, e a partir de aí, mantiveron unha cómoda ventaxa no marcador; cando Arteixo acercábase volvían os rapaces de Vimianzo a poñer puntos de por medio e así ata o final do encontro.

2ª División Infantil masculino

  • Resultado: EMBAL – FERROATLANTICA COSTA DA MORTE BLANCO (39-49).

Primeira vitoria oficial para os infantís nun partido que dominaron durante os 40 minutos gracias ao seu acerto en ataque contra a defensa zonal larachesa, e unha defensa de axudas que por momentos desquiciou aos locais. Salientar o traballo dos 7 xogadores que se desplazaron na tarde do venres a Laracha tanto en ataque como en defensa.
As infantís gañaban a todo un Xiria por 34-36.

 

Familia Xiria

Sénior Masculino

  • Resultado: PBB Porriño - Calvo Basket Xiria (66-48)
  • Calvo: Argúelles 4, Héctor 1, Guillamet 2, Esmorís 24, Manu 8, Roi, Fran, Tato 1, Luís 6 e Moreira 2.

A perdidas de balón principalmente, e a baixa porcentaxe en tiros de 3 e tiros libres, foron claves para a clara derrota do Calvo na súa visita á cancha do segundo clasificado, Porriño. un inicio fatídico fixo que os carballeses fosen sempre a remolque. Parecía que a saída do 3º cuarto podíamos peter no partido, perro 3 perdas consecutvas deixaban de novo os 10 puntos de diferencia, xa insalvables.

 

Escándalo nos Junior

  • Resultado: Estudiantes Lugo Leyma Natura - Ortodix Basket Xiria (76-66).
  • ORTODIX BASKET XIRIA: Luciano (3); Javi L (-); Cristian (13); Anxo (25); Adrián (16); Manu Argüelles (-); Jota (5); Santi (-) Bajas: Pablo, Souto e Martín.

Partido para resaltar pois o equipo Junior Masculino de Carballo – Ortodix Basket Xiria – sufría unha incomprensible derrota na Liga Galega, tras un final de película. Un final que obrigou á Directiva a reunirse e pedir explicacións sobre as decisións arbitrais ao Comité da FGB, xa que, segundo denuncian, non é a primeira vez que acontecen estas cousas na pista lucense. Mesmo se propoñen negarse a xogar nesta pista ou retirarse da competición.

Foi un duro pau pois os carballeses loitaron para gañar un partido moi duro e igualado, que chegaba aos minutos finais co marcador 62-64 para os de Carballo a falta de 3 segundos, e tras errar un tiro libre o Ortodix Basket Xiria, os locais intentan un tiro máis aló do medio campo, soando a bocina do marcador. Neste momento os adestradores e xogadores saúdanse dando por finalizado o encontro cando un dos árbitros interpreta a celebración como unha acción antideportiva, castigando a acción cunha técnica e logo outra seguidamente por protestar dita decisión. Concédense 2 tiros libres aos lucenses, outorgando 1 segundo extra no marcador. Os adestradores, xogadores e os propios afeccionados non daban crédito ao que estaba ocorrendo. Os lucences anotaban os dous tiros libres e empataban o partido. A partir de aí, o equipo carballés non soubo afrontar tal inxustiza deportiva, e xa sen rotación caía derrotado.

 

Familia Artai

Liga Galega Cadete, xornada 18

  • Resultado: C.B. ARTAI - BASKET SCHOOL (63-74)
  • C.B. ARTAI (9+13+16+25): Marco (4), Javi Santiago (17), Samu, Julio (5), Pablo (4), Manu (18), Carlos (8), Diego (2) Edu (2).
Bo labor dos mozos do cole que pelexaron os 40 minutos ante un dos mellores equipos da categoría. O partido foi apertado de principio a fin, aínda que os ferrolanos dominaron no marcador desde o principio de leste, e os de Carballo non conseguiron envorcalo en ningún momento. Un bo último cuarto, no que os azuis puxéronse a 5, fixo soñar á afección local, pero as perdidas e as expulsións de Javi Santiago e Carlos, deixaron sen armas a un Artai que loito ata o último segundo.  

Copa Galicia Cadete, xornada 19

  • Resultado: C.B. TUI - C.B. ARTAI (73-48)
  • C.B. ARTAI: Marco (5), José (9), Julio (6), Manu (11), Carlos (5), Edu (6), Diego (4) y Samu (2).

Bo partido a pesar das baixas xa que xogadores que estaban contando con menos minutos aproveitaron a súa oportunidade e renderon a un gran nivel. Demostraron unha actitude positiva, moito traballo e entender que isto é unha carreira de fondo e non un sprint e que o feito nesta tempada enche unha mochila de experiencias á que terán que acudir tempadas venideras; iso é o que parece que están entendo uns xogadores que malia a demoledora dinámica, cada día dan un paso máis na súa formación como deportistas.

 

Liga Galega Infantil, xornada 8

  • Resultado: CB Artai - Cenor Obradoiro (43-83).
  • CB Artai (16+10+4+13) : Jano (4), Borja Ríos (12),Miguel (6), Antón (6), Lucas (1), Javi (2), Damián (4), José (6), Daniel, Mario e Borja Rey.

Vitoria clara dos compostelanos nun partido decantado xa no primeiro cuarto cun parcial de 16 a 30 e prolongado no segundo. Pese á ampla diferenza volveron destacar os locais pola súa loita ata o cuarto final.

  banner-dimolk-marzo17  

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios