Bo sabor de boca para a fin de semana de baloncesto costeiro


Nova fin de semana completo cunha marea de partidos para as 3 familias do basket costeiro. Polo sur, os equipos do ACB disputaban 4 partidos en casa cun balance bastante positivo.
Ademais, o Carballo a un paso debutou na 2ª Autonómica cunha vitoria contra o Compañía de María, mentres na familia Artai houbo de todo.
Ademais, a nota positiva da fin de semana, a convocatoria para a Preselección Galega á concentración da categoría cadete masculina de segundo ano dos carballeses Enrique Melini e Anxo Estany. Unha concentración que terá lugar os días 1 e 2 de novembro no pavillón municipal de Tui.

Familia ACB Costa da Morte
4ª División Sénior Masculina, xornada 2
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE - BALONCESTO CAMBRE (52-64)
- ACB: Cristian, Sergio, Manuel (18), Deril (12), Lucas - 5 inicial - Pais (10), Tinín (8), Adrián (4), Diego, Luciano, Cristian Vázquez.
Boa saida dos locais, que se enfrontaban a un equipo con experiencia e que saiu ben desde o principio. Os ceenses buscaban mellorar a imaxe da semana pasada en Coruña e o conseguiron a base de mover ben o balón e buscar as vantaxes que xeneraba a influencia de Pais e Tinin no poste baixo e cun bo acerto desde cos tiros de dous. Así chegarían ao descanso igualados gañando os de Cambre por tan só dous puntos.
A diferencia final acadariase no terceiro cuarto donde os ceenses saíron durmidos, a carga de faltas, estiveron en bonus mais da metade do cuarto, fixo que os Cambreses anotaran fácil desde a liña de persoal mentres que os de Cee so conseguiron anotar desde a liña de tres gracias o acerto de Manu que sería o máximo anotador do partido. No último cuarto hubo atisbo de remontada, xa mais metidos no partido, pero o acerto desde a liña de tres do equipo visitante resolveu o partido no tramo final. A nota tráxica foi a probable grave lesión de rodilla dun xogador visitante nun lance fortuito. En xeral bo partido dos senior que se enfrentara o venres 7 na coruña os lideres da liga.
2ª División Junior Masculina, xornada 3
- Resultado: CUME CEE – CARBALLO BASKET EB XIRIA (28-65).
- EB XIRIA (13+20+11+21): Fran (7), Diego (15), Andrés (2), Mario (2),Xoel (13)-cinco inicial-Javi (2), Antonio (4), Juan (5), Alberto (6), Sergio (5) e Iván (4).
Derbi costeiro no que os de Carballo mostraron o seu gran nivel durante todo o partido, mentres que os ceenses so aguataron o nivel no primeiro cuarto nun mal partido. A diferencia o descanso xa era de 20 puntos e na segunda parte non hubo reacción posible. Os de Carballo levaron a sua vantaxe no xogo a todos os niveis.
2ª División Junior Feminina
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE - COMPAÑÍA DE MARIA (45-36).
Inicio dubitativo das ceenses contra un rival preparado. Na segunda parte o bo movemento de balón e a boa actitude defensiva decantou a balanza hacia as locais nun partido que deixa boas sensacions.
2ª División Cadete feminina

- Resultado: ACB COSTA DA MORTE - BASKET CORUÑA LEYMA 99 (45-37).
Bo partidos das cadetes que pesa a contar cun plantel case novo na categoría plantou cara desde o principio a un equipo moi peligroso e experimentado, levándose a victoria nun partido moi físico.
Debut do Xiria
2ª División Autonómica Sénior, xornada 1

- Resultado: Compañía de María-Carballo a un paso: 69-80.
- Parciais: (15-24 + 26-17 + 11-22 + 17-17)
- Carballo a un paso: Roi (2), Héctor (9), Juan, Tomé (32), Tato (14) -cinco inicial- Fran (10), Javi (11), Pablo, Rubén (2), Luis.
Os xogadores de Basilio Pampín fixeron os deberes ao longo da semana e amosaron moita máis agresividade e unha maior intensidade defensiva que se reflectiu no dominio do rebote. O partido, disputado en Santiago, caracterizouse por un ritmo intenso, con tiróns no marcador e pouca continuidade.
A mellora do espírito colectivo e a lectura táctica ofensiva en determinados momentos para lograr sacar vantaxe foron dous dos aspectos positivos do Carballo a un paso, que de cara ao seu próximo compromiso debe mellorar as defensas do 1c1 e mellorar a interpretación táctica das normas defensivas.
O Carballo a un paso recibirá o 8 de novembro ao Carferlo C.B. Viveiro.
Familia Artai
2ª Div. Cadete Masculino, xornada 2
- Resultado: CB ARTAI - ADFRO (43-56).
- Parciais: 4-10; 3-17; 14-5; 22-24
- CB ARTAI ( 4+3+14+22): Pablo Bello, Jota (9), Pozas (10), Santi, Anxo (9), Adrián (1), Luciano (6), Pablo Sueiro (4), Javi López e Javi Souto (4).
- Resultado: CALASANCIAS - CB ARTAI (36-49).
- Parciais 7-13 5-8 12-14 12-14.
- CB ARTAI: Emi, Sara Couto (2), Celia, Sara Nión (6), Lola (18), Nuria (10), Emma (6), Sabela (6), Cayetana (1) e Maria.
- Resultado: BÁSQUET CORUÑA - CB ARTAI (53-39).
- Parciais: 12-11; 24-7; 9-9; 8-12
- CB ARTAI (11+7+9+12): José, Iago, Carlos (7), Edu (6), Manu (6), Juan Pérez (10), Rubén, Yago, Marco (3), Pablo e Mario (7) Primeira partido dos infantís na máxima categoría do baloncesto galelgo e debut ante o Básquet Coruña na pista do Ventorrillo. Derrota dos de Iván Villaverde, no seu estreo na competición, nun partido marcado polo segundo cuarto. Pese a non xogar un bo partido, os carballeses demostraron o seu bo nivel durante case todo o encontro, pero un parcial de 24 a 7 no segundo cuarto deixou sen opcións de vitoria aos artaicos.
- Fin de semana completa para os equipos do basket comarcais.
- As cadetes do Artai e do Xiria protagonizan un comezo de campaña de derbi.
- Xornada completa para os equipos do Basket Xiria, Artai e ACB.
- Completo repaso á actualidade do baloncesto bergantiñán.
- O baloncesto expándese por Bergantiños.
- A Escola Basket Xiria pon en marcha unha campaña de captación de socios.
- A Escola Basket Xiria comeza a xogar.
- 27-05-14: O Carballo Basket proclámase por primeira vez Campión Galego Infantil.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Información de CarballoBasket, do Artai e do ACB Costa da Morte.

2ª Div. Cadete Feminino, xornada 2

Segundo partido para as cadetes do colexio ante outro dos equipos coruñeses que apostou por saír nesta categoría malia ter que completar o equipo con infantís. Bo partido na táctica das artaicas que, salvo certos detalles que hai que mellorar, demostraron que saben xogar moi ben ao deporte da canastra. A superioridade de Lola e Sara e unha excelente defensa colectiva puxeron cunha cómoda vantaxe ás do cole que con oito puntos seguidos de Nuria no último cuarto transformaron na vitoria final.
A peor noticia para o equipo e o adestrador azul foi o saber das lesións nas costas de Paula e Emi (que xogou a pesar da dor). Todo o apoio e ánimo para ambas; coa súa ilusión e ganas seguro que pronto volverán estar ao mellor nivel.