Borja Gándara, o motor do novo proxecto do Buño
11:11 07/11/18
Despois dun inicio algo dubitativo e dun cambio de adestrador parece que o Buño mellora cada xornada. O cambio de directiva no verán presaxiaba novos tempos, pero o arranque está a ser algo difícil. Un dos xogadores nos que se apoia este cambio é o centrocampista Borja Gándara. O de Bembibre é un pequeno luxo para a Liga da Costa. Cunha traxectoria inmaculada en fútbol base, xogador do Santiago de Compostela de División de Honra xuvenil, fichado polo Xallas o ano pasado onde completou unha boa campaña aínda que algo lastrada polas lesións, este ano sorprendeu a todo o mundo decantándose polo proxecto de Xaviña. Isto nos contou:
QPC - Parece que dende a chegada de Chema Rivadulla o equipo tomou aire. Que vos aportou o míster?
A chegada de Chema penso que o que nos aportou foi un fútbol mais fácil, mais directo e nesta liga facendo ben iso sácanse resultados como o estamos facendo.
QPC - Que pasou con Torrila? Un calendario envenenado e unha pretempada difícil poideron ser as causas de un cese tan cedo.
O de Torrila penso que foi un cúmulo de cousas, entre que o calendario era moi esixente, no equipo había xente nova e aínda non nos adaptáramos é claro, todo iso contra estes equipos foi un condicionante importante para non obter ningún punto.
QPC - Ti ves de competir en Preferente. Que te atopaches na Liga da Costa?
Paréceme unha liga de mayor agresividade pero de menos fútbol está claro. Aínda que hai algún equipo que intenta xogar a pelota a maioría teñen outro estilo.
QPC - Cales son os vosos obxectivos?
Bueno, en principio os nosos obxectivos son estar nunha zona tranquila e non pasar problemas, penso que temos un equipo capacitado para iso, un grupo humilde e moi bo no personal a verdade.
QPC - Por que Borja elixe Buño, despois de estar en Preferente o ano pasado a bo nivel?
Bueno, a verdade é que o ano pasado non foi fácil en Preferente en canto a temas de traballo, de ter que faltar a adestramentos, ou chegar tarde ós mesmos, e claro, nesta liga tes mais marxe, por ser menos días. Tamén agora mudeime para Laracha e busco algo cercano e que non me poña dificultades para o tema do traballo, así decidín ter un ano tranquilo.
QPC - Que opinas da tempada que están a facer os teus ex compañeiros do Xallas?
A verdade é que non os puiden ver moito, si que os sigo e polo que os coñezo do ano pasado, mais o adestrador estou seguro que sacaran iso adiante.