Mércores. 13.11.2019
El tiempo

Borracheira de trofeos para taekwondistas e bailaríns de Arte e Movemento

Borracheira de trofeos para taekwondistas e bailaríns de Arte e Movemento

Non para de colleitar bos resultados o Club Baile Deportivo Arte e Movemento, tanto en baile como en tawkwondo.

E comezamos co baile, pois este domingo 1 de abril, o clube ceense desprazouse a Narón, con 72 bailaríns (36 parellas) desde dististos concellos da Costa da Morte.
Participaron as 8 parellas que forman o equipo de competición e que xa compiten habitualmente, obtendo estupendos resultados por todo a comunidade, e nesta ocasión non foi menos.

As 8 parellas chegaron as finais e trouxeron trofeos para o clube, 6 de elas no podio.

  • Iván Antelo - Aida Carril (Vimianzo - Santa Comba) - 1º categoría E.
  • Juan Luis Lista- Noelia Regueira (Muxía - Mazaricos) - 2º categoría E.
  • Manuel Otero - Lucía Lavandeira (Rois) - 2º categoría D.
  • Cristian Domínguez- Laura Rivadulla (Cee) - 2º categoría D.
  • Martín Otero- María Otero (Rois) - 3º categoría E.
  • Roberto Ézara - Patricia Túñez (Cee) - 3º categoría B.

O baile, un deporte esixente

Cómpre lembrar que o baile deportivo é unha modalidade deportiva reconocida xa en Galicia dende fai 1 ano, e que ten xa Federacion Española dende fai a penas un mes.
Calquera das parellas que forman o equipo de competicion de Arte e Movemento, desprazanse a Cee 3 veces por semana para entrenar varias horas. Moitas das parellas estan formadas por deportistas de moi distantes concellos, que dende o clube forman para buscar "a parella" que teñan igual idade, carácter, técnica e sobre todo disciplina. Trátase dun deporte moi duro, tanto fisica como técnicamente, e que precisa de moitas horas para alcanzar o nivel necesario para a competicion.

28 novas parellas

Ademais o equipo Arte e Movemento ofreceulle a posibilidade de participar nesta competición en categorías de Iniciacion a 28 parellas máis do clube, que para elas era a súa primeira competición.
Por encima das espectativas iniciais, todas defenderon ó clube acadando 13 das parellas a final e polo tanto 13 trofeos máis, en grupos moi numerosos, e mesmo 4 de elas o podio.

  • Tomás Facal e Antía Vidal (Zas) - 1º posto Categoría F.
  • Javier Negreira e Melani Lois (Santa Comba) - 1º posto categoría F.
  • Lara Trillo e Alexia Mariño (Cee- Dumbría) - 2º posto categoría H.
  • Iria Muiño e Noelia Quintáns (Santa Comba) - 3º posto categoría H.

Máis éxitos deportivos

Ademais, traemos traen a crónica do Campionato provincial de tecnica, celebrado o pasado 18 de marzo no pavillon de Cee. O clube organizador Arte e Movemento acadou 6 clasificados para o Autonómico nesta modalidade.

E por se foran poucos os bos resutados, o pasado sábado 31 de marzo Arte e Movemento desprazouse a Betanzos onde brillou no provincial de exhibicion e combate. En Exhibicion o Club presentou 3 equipos: dous en cadete e un en alevin e os 3 equipos foron clasificados para o Autonómico que se celebrará neste mes de abril:

  • O Arte e Movemento Cadete (Cee) quedou subcampeon provincial.
  • O Arte e Movemento B Cadete (carnota) quedou cuarto.
  • O Arte e Movemento infantil (Cee) quedou terceiro.

En Combate case todos os rapaces do club acadaron a medalla, polo tanto clasifícanse tamén para o Autonómico.

  • Ylenia Martínez (Vimianzo) - 3º posto Peso superlixeiro.
  • Andrea Pazos (Vimianzo) - 1º posto Peso medio.
  • Andrea Canosa (Vimianzo)- 2º posto peso medio.
  • Ismael Senande (Carnota)- 3º posto peso minimosca.
  • Brais Fernández (Carnota)- 3º posto peso mosca.
  • Adrián Saborido (Carnota)- 1º posto peso pesado.
  • Adrián Vázquez (Carnota) - 3º posto peso pluma.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Club Arte e Movemento, da man de Juan Carlos Díaz e Graciela Toba.

Comentarios