Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Bos partidos na última fin de semana de pretemporada

Bos partidos na última fin de semana de pretemporada

Foi completa a fin de semana de preparación no fútbol da Costa, a última xa que a vindeira xa comezan as competicións oficiais en 1ª, 2ª e 3ª Autonómicas. Ademais dos choques oficiais na Preferente e da Supercopa de Veteranos, numerosos trofeos amistosos serven para manter o ritmo de pretemporada para os equipos costeiros. Imos por Corcubión, Nantón, Corme, Lira, Malpica…

Trofeo Concello de Zas

O Baio campion do Trofeo Concello de Zas 2014-Foto-Santi Soneira O C.D. Baio proclamouse Campión do Trofeo Concello de Zas ao vencer na tanda de penaltis ao Sporting Zas. Adiantouse o Zas por medio de Alex Flores pero Brais, dende os 11 metros, empataba o choque. Tivo que ser a sorte dos penaltis o que decidise o campión.

O Zas quedou segundo no Torfeo do Concello-Foto-Santi Soneira

Ademais, na Final Xuvenil o Zas gañoulle aos baieses por 6-1.

O Zas quedou segundo no Torfeo do Concello-Foto-Santi Soneira

Doble cita en Corcubión

Corcubion-Bainas no Trofeo Carlos Lojo

Ademais do torneo de Fútbol Praia, un dos eventos deportivos máis esperados en Corcubión, o Novo Cubeleiro acollía o XVI Trofeo Carlos Lojo. O equipo de Carlos Lema recibía a todo un Baíñas, en plena pretemporada para facer historia na Liga da Costa. O cadro vimiancés levou o título ao vencer por 1-3, e despois puideron disfrutar o título na Festa do Polo Asando de Baíñas.

Corcubion-Bainas no Trofeo Carlos Lojo

2º Trofeo Memorial José Díaz Lema

O Presi do Nanton entregando o ramo a familia de Josei Diaz-Foto-Cabana SD

Derbi cabanés para homenaxear ao que foi membro da familia do Nantón tantos anos. Foi o Cabana o que levou a vitoria no campo das Fontiñas, despois de que o presidente do Nantón, Carlos Vidal, lle fixera entrega dun ramo de flores a un familiar de José Díaz con motivo do seu II Memorial.

O equipo cabanés dirixido por Raúl Periscal vencía por 1-5 (goles de Manu Guillamet (2), Adán, Iván Mato e Manolo do Cruceiro) aos seus veciños.

Cabana campion do Trofeo de Nanton

Trofeo de San Roque

No medio das Festas de San Roque, o Corme recibía ao Seaia para disputar o torneo estival. Os cormeláns vencían por 4-0, co goles de Pandi, Diego e Juan Chans (2).

Empate entre Ponteceso e Sofán

Empate sen goles entre Ponteceso e Sofán no Pinguel co calor como protagonista. Poden ver a crónica completa na web da SD.

Fútbol Praia en Malpica

Moi seguido o Futbol Praia de Malpica

Os nenos que participaron no Torneo de fútbol praia e fútbol sala infantil organizado polo Concello de Malpica ao longo do mes de agosto despediron a competición nunha das xornadas máis calorosas do verán. Hoxe pola mañá disputáronse as finais e procedeuse á entrega de medallas a todos os participantes. O torneo reuniu a 78 nenos de seis a quince anos de idades, que se dividiron en varios equipos identificados coas cores das camisetas que lles entregou a Concellería de Deportes. O seu titular, Manuel Torrado, subliñou a importancia deste tipo de actividades para fomentar o espírito deportivo e a convivencia entre rapaces de diferentes idades. Ademais de Torrado, na entrega de medallas participaron o alcalde, Eduardo Parga, e o primeiro tenente de alcalde, Miguel Fernández.

A xornada deportiva congregou a numeroso público na praia de Area Maior, escenario da actividade xunto co pavillón municipal, no que xogaron os rapaces os días de choiva ou cando as mareas non permitiron facelo na praia. Os resultados das finais de hoxe foron os seguintes:
Na Supercopa, o equipo Branco foi campión da pequeliga e o Mariño, subcampión da Pequeliga, mentres que o Vermello e o Azulón quedaron primeiro e segundo, respectivamente, da Superliga. Nas finais da UEFA, o primeiro e o segundo postos da Pequeliga foron para os equipos Laranxa e Lima, e os da Superliga, para o Turquesa e o Lima.
Finalmente, no torneo Champions o equipo Turquesa foi primeiro e o Vermello quedou segundo na Pequeliga, mentres que na Superliga o campión foi o Mariño e o subcampión, o Branco.

Foto de Familia do Torneo de Futbol Praia de Malpica

Máis choques

Ademais, en Lombáns, o Lira vencía por 2-1 ao Montelouro, con goles de Yanki e Manu polo Lira e de Raúl polo cadro loureán.

Tamén os xuvenís do Dumbría se desprazaban a Abegondo para enfrontarse aos cadetes do Deportivo. Os costeiros gañaron por 0-4 deixando moi boa imaxe ante a direccion deportiva do club da coruña. Marcaron Josiño, Juan de Dora, Pablo Pardiñas e Luís.

O Volantes vencía ao Lesende por 2-1, cos tantos de Óscar e Piti.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios