Luns. 09.09.2024
El tiempo

Boxing Day

O líder Corme recibe a un Ponteceso nun derbi apaixoante, entre candidatos e no que o gañador acabará o 2016 cun regusto inigualable; en cada unha das categorías hai un partido nobre O Corme xogará derbi co Ponteceso - Foto: Fin Lema O Corme xogará derbi co Ponteceso - Foto: Fin Lema Semana grande no balompé dunha Costa da Morte que ten polo menos unha fronte 'top' por categoría. Se fose a Premier League, calquera diría que o domingo 13 é unha sorte de Boxing Day coas mellores citas programadas a propósito para a, por outra parte, primeira vez que o frío se deixe caer polos diferentes campos. Seguindo unha orde xerárquica, na Preferente non hai derbis, pero si un rival ilustre por representante. Habería que botar un ollo aos 'maquinillos' para saber cantas veces se teñen cruzado na última década Soneira e Galicia de Mugardos, pero a evolución de ambos ten sido realmente semellante, tanto en Primeira coma agora na máxima liga rexional. Pola súa banda, a Santa Comba chega un Noia que pide a terceira milagre seguida do Xallas: despois de vencer ao Arteixo e ser o primeiro en lograr os tres puntos en Escairón, chega o único conxunto invicto de todo o balompé galego. A chave, unha defensa sobresaínte. Só lle tocará viaxar ao Sofán, que en Sada terá un compromiso sobre o papel asequible. Magnánimo e con morbo será o primeiro Fisterra-Dumbría de liga nunha década, cun ambiente seguro espectacular e unha rivalidade que se podería tildar de clásico de novo cuño. Os verdes veñen de competir mellor cos grandes, mentres que o seu rival está aínda invicto. O gran patrón do ano pasado chega contracorrente para ser un iceberg e Titanic á vez. Haberá emotividade tamén para os Cote, Jesús, Bruno ou un Aarón que non formara coma visitante en Ara Solis. Pola súa banda, o Zas en Riveira e o Outes en Tordoia terán choques duros, en tódolos sentidos para os sureños, que vivirán a primeira cita post Manu de Roque. A Liga da Costa terá un derbi… pero dos de sempre, e deses que cos anos non ten perdido un ápice de encanto e rivalidade. Chega líder o Corme, e coma aspirante a fastidiarlle unha condición o seu veciño Ponteceso. Parece mentira como hai escasamente un lustro os papeis eran exactamente os inversos, e esta xeración de grandes cormeláns medrou precisamente a costa destes encontros. A pólvora local contra a fiabilidade dos de Barca, que tralo desastre de Camariñas teñen mellorado exponencialmente. Moi atento estará o colíder Baio, que en Coristanco deberá adaptarse á sempre incómoda Rocheira. O San Lorenzo, nun Cubaleiro imprevisible, e o Cee, contra un Malpica sen fondo de armario, protagonizan outras citas da semana. Na Terceira pasa por Carnota, co Lira-Ameixenda, a cita da semana, nun cruce de aspirantes de traxectorias algo opuestas nas últimas semanas. Os ceenses quedaron ensimismados coa derrota ante o Volantes. Precisamente, os muradáns medirán a realidade dese resultado coa visita dun Castrelo que ven de frear ao Muxía.  

PreferenteNorte, xornada 13

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 11

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 11

 

3ªAutonómica, Gr.2, xornada 9

 

LigaGalega Xuvenil, xornada 10

1ªXuvenil, Gr.2, xornada 6

 

1ªXuvenil, Gr.3, xornada 10

LigaGalega Cadete, xornada 10

1ªCadete, xornada 7

LigaGalega Infantil, xornada 9

1ªInfantil, xornada 9

LigaAlevínSur, xornada 5

LigaBenxamínSur, xornada 5

LigasVeteranos, 1ª División

LigasVeteranos, 1ª División

Comentarios