Cee estrea o seu novo equipo de FS Sénior Masculino


”Facía moita falta”, levan tempo dicíndonos xente do mundo do fútbol sala costeiro. Facía un equipo de FS masculino, así o refrenda a gran participación nas Ligas de FS de Cee. E por fin o temos aquí. Dende os tempos do xa mítico Bodegón Anchoa, a Costa da Morte non tiña un equipo masculino mentres o FS Feminino segue proliferando xa con 4 equipos e un filial en competición.

Tarde completa de FS
Pero esta fin de semana, nacerá o novo Equipo Fútbol Sala Masculino FS Vila de Cee. O cadro ceense segue crecendo e invita a toda a parroquia futboleira á Presentación do novo equipo sénior, que se celebrará este sábado 21 de marzo, cun partidazo contra o recente campión da Liga Provincial de Fútbol Sala, Mera FS, no que xoga Koeman, xogador internacional de Fútbol Praia.
Ademais, será unha tarde completa de FS de calidade. Antes do choque dos homes, terá lugar outro choque amigable no Pavillón Municipal de Cee, ás 17:30, no que xogará o equipo Sénior Feminino contra o C.D. Fame Negra de Carral. E como dicimos, como acto principal, ás 18:30h xogará o novo equipo Sénior masculino FSF Villa de Cee.
Para este partido, e aínda sen confirmar de todo, o cadro ceense contará cun equipón: Josiño e Didier (porteiros), Mario de José, Juanjo, Dudo, Miguelón, Aitor, Suso, Marroco e Champi, un verdadeiro equipazo. Juanjo será adestrador-xogador.
En verán toca pretemporada para saír o ano que vén en competición federada, en categoría provincial.
Compromiso ca base
O Club FSF Villa de Cee, ante a demanda de nenos e xogadores que desexan participar no deporte do Fútbol Sala na nosa comarca e concretamente en Cee, toma a decisión de afrontar todas as categorías dende Benxamíns ata Sénior, abarcando tanto o xénero feminino coma o masculino e ca intención de competir en todas as ligas federadas a que poida ter acceso.Ademais, dentro dos actos para a vindeira tempada, a Directiva do FSF Villa de Cee, esta a traballar na organización do 1º Campus de Futbol Sala Villa de Cee, dirixido a nenos e nenas de idades entre os 8 e os 16 anos o vindeiro verán.
Seguemento das Ligas de FSF
Novas relacionadas
- 2010: O FS Fisterra remata a mellor tempada da súa historia.
- 2008: Borracheira de goles do Bodegón Anchoa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).