Cee por fin fai un recoñemento oficial ás familias de Olimpia e Arte e Movemento
18:52 31/07/18
Familia do Olimpia no Concello de Cee-Fotos de Rafa Quintáns
Despois da recepción a Elian Numa, o alcalde de Cee colleulle gusto ás recepcións municipais e esta semana recibía oficialmente no Concello ás famiias de Olimpia e Club Arte e Movemento. A verdade é ben o merecen estas dúas familias, despois dos sendos éxitos nos pasados campionatos galegos.
Aquí repasamos as visitas da man das imaxes de Rafa Quintáns
Familia Olimpia
Da man de Jorge Lariño, e intentando seguir o camiño de Elian, están todos estes rapaces no club, despois do seu gran papel nos Campionatos Galegos: Xiana Lago Andrade, Helia Lema Redonda, Antía Lago a Fernández, Pablo Taboada Prieto. Pablo Taboada Prieto, Mateo Fernández Traba, Martín Cernadas Gómez, Rubén Díaz Canosa, Antón Fernández Vázquez e Andrés Cambeiro Andrade; Julia García Traba, Lucía Suárez Rodríguez, Carla Valiña Dista, Laura Villar Álvarez los, Xiana Lago Andrade e Ana Oca Vázquez.
Tamén houbo un recoñecemento especial pola súa superación a Carmen García García, corredora habitual do Circuito Correndo pola Costa da Morte e, en tempadas pasadas, vinculada tamén ao Clube Olimpia.
Familia Arte e Movemento
Foi o pasado luns a visita da familia do club Arte e Movemento, despois de que as "Panteras mambo" quedasen Campionas Galegas e Campionas de España de Caribbean dance under 15, Vicente López e Laura Martínez, Gisela Fernández; Alberto Martínez e Noelia González; Laura Martínez, Alberto Martínez, e Lucía Pose.