Domingo. 08.09.2024
El tiempo

Chegan uns instensos Dezaseisavos da Copa a partido único

Chegan uns instensos Dezaseisavos da Copa a partido único
Asi de intensa foi a Previa no derbi carballes de Verdillo-Foto-SD Sofan Senra Sport patrocina a Copa da Costa 2013

Intensa chega esta eliminatoria de Dezaseisavos da Copa da Costa 2013, que xa segue paralela á Copa Xuvenil e á Copa de Veteranos, e das que tendes os cadros en www.copadacosta.com.

E o fai a partido único, algo que dende logo dá moito máis tensión a cada choque. Unha Copa da Costa que cumpre 50 anos, como nos demostran os bravos da Cherinkas co seu vídeo homenaxe, e que invitan aos campos a pinchar o temazo dos Troitamundos da Copa da Costa. Unha Copa da Costa que este curso en QPC vén patrocinada por Senra Sport.

E uns Dezaseseisavos nos que faltan algúns equipos eliminados nunha tensa Previa, na que a Esteirana superaba o derbi muradán ante o Volantes e o Sofan facía o propio en Verdillo nun partido de infarto, de auténtica Copa. Unha Previa na que tamén o Carnota eliminaba por 2-1 ao Muros, e o Baíñas facía o propio co Outes facendo valer o factor cancha para o de menor categoría.

Precisamente o factor cancha permite que o Baíñas reciba ao Carnota no Municipal, nunha tarde de mércores consabor a Copa en Vimianzo,pois de seguido toca o Castrelo-Lira. Tamén terá o factor campo a favor o Muxía ante un Ponteceso que ten a mirada máis fixa na Liga que na Copa.

Atentos teremos que estar ao que fan os equipos da Preferente, xa sen moito en xogo na Liga, e que queren aproveitar esta que pode ser o último ano no que os equipos da Preferente entren no bombo, unha petición que facían a semana pasada os clubes da Costa nunha reunión con pouco aforo, e que non ten o consenso de todos os clubes.
En todo caso, o Dumbría terá un complicadísimo choque ante un Cee que ten que tomarse esta Copa como un claro obxectivo. O XSC visita ao Nantón, nun partido que non pode perder, mebtres que o Soneira ten cita en Buño.

Cómpre resaltar algunha eliminatoria tremendamente igualada, como o Esteirana-Sofán, na que os muradáns chegan pero coa necesidade de seguir sumando na Liga mentres os carballeses xa están liberados de tensións ligueiras. O Corcubión-Zas tamén será vibrante e o resto de partidos serán os seguintes, cos horarios xa perfilados tralas voltas da Federación:

Horarios dos Dezaseisavos da Copa- Pincha na imaxe para ver todos os cadros da Copa en www.copadacosta.com

A seguinte rolda, a de Oitavos, será xa as fins de semana do 19 e 26 de maio, unha vez que rematen o groso das competicións ligueiras. E todos xa cun ollo na gran Festa do Fútbol da Costa, a Final de Copa, que este ano, por fin, será tamén a un só partido. A cita, o 30 de xuño, para entrarmos no verán con gusto.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios