Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Chema Rei e Xosé María Lema presentan o libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”

Chema Rei e Xosé María Lema presentan o libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”
Libro 50 anos do Futbol da Costa-Chema Rei e Xose M Lema Suarez

“Moito máis ca unha liga de fútbol modesto". Así definen Xosé Mª Rei Lema e Chema Rei o noso Fútbol da Costa, algo do que levamos dando conta todos estes anos, con iniciativas como o album de cromos. De feito, na mesma Gala, QPC quixo homenaxear a Xosé María Lema e mais a Luís Porto pola súa labor de difusión da historia do noso deporte.

Xa tiña entón en marcha, Lema, co seu sobriño Chema, presi baiés, este ambicioso proxecto do libro "50 anos da historia do fúbol da Costa (1964-2014)”, que verá a luz o próximo sábado 25 de abril, ás 21 horas, no Auditorio do Polideportivo de Baio, cunha simbólica presentación.

Un libro que chega despois do tesouro que é o "Mar de Paixón" e do que nos ten contado moitas cousas Héctor Pose.

Falamos dunha obra que esixiu anos de investigación nas hemerotecas dos xornais. Son 608 páxinas, 481 ilustracións (entre fotos, debuxos etc.) e uns 400 cadros sinópticos. Hai comentarios de cada temporada, pero tamén divertivas anécdotas. O libro comprende moitos máis anos cós 50 oficiais (federados) que se anuncian, pois leva unha novidosa "prehistoria" do fubol (daquela así pronunciado) costeiro das décadas de 1920 e 1930; tamén se contemplan as décadas de "historia antiga" dos anos 40 e 50.

”A Liga da Costa é a máis famosa liga de modestos de Galicia”, aseguran, “pois figura cunha entrada especial (entre a Liga Española e a Liga de Campións) en "Todo sobre o fúbol galego" (Xerais 2012) de Carlos Freire, entre outras publicacións”. Ademais dos trofeos dos vencedores conta con outro simbólico para os pechacancelas de cada temporada: o farol vermello, unha marca propia desta competición desde a 1ª temporada (o CD Baio, que foi quen primeiro o levou, converteuno no motivo principal da súa insignia).

Na portada (á dereita), as insignias dos oito equipos fundadores da Liga da Costa (1964). Na contraportada (á esquerda), un extracto do prólogo e fotos de seis dos equipos fundadores da Costa en 1964 (arriba) e outras seis de equipos de temporadas máis recentes (abaixo). No centro, no lombo do libro, un dos históricos farois vermellos da Costa, "reliquia" conservada durante máis de 40 anos por un dos históricos desta liga, Manuel Veloso, que aparece na foto de abaixo coa vestimenta dos anos 50.

Libro 50 anos do Futbol da Costa-Chema Rei e Xose M Lema Suarez 2

Novas relacionadas

Artigos relacionados sobre a historia do Fútbol da Costa

Artigos de Héctor Pose do libro “Mar de Paixón”

Outras novas

  • O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
  • Presentación do Álbum de cromos: A noite das estrellas do Fútbol da Costa.
  • Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
  • Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
  • Fonte

    Comentarios