Comeza unha nova temporada para a mermada familia do FSF costeiro

Este verán coñecíamos a triste nova de que nin Villa de Cee nin Concello de Ponteceso saltarán ás pistas das ligas de FSF. Dúas baixas importantes que deixan á nosa bisbarra con só 3 representantes: o Fisober FSF (en Preferente Galicia Fem, antiga Autonómica), Amarelle Santa Comba e Atletes de Esteiro (ambos en 1ª Galicia, antiga Liga Provincial).
O Fisober na máxima categoría autonómica

Volta a competición o Fisober na máxima competición do fútbol sala feminino galego, tralo descenso da 2ª Nacional do ano pasado tras dúas fermosa temporadas pola península adiante. Unha tempada na que a canteira e a xuventude toman protagonismo no Fisober, xa que as rapazas de inferiores serán importantes esta tempada ás ordes de Fran Toba.
O debut será o sábado día 15 a partires das 16 horas no P. Municipal de Bembrive, para enfrontarse as locais do Bembrive F.S. A visita a pista viguesa é sempre un inferno para as costeiras, que nunca conseguiron sacar nada positivo nos enfrontamentos contra o primeiro equipo vigués.
Ademais, o Fisober B competirá na 1ª Galicia, xunto cos Atletes e Amarelle Santa Comba.
O Atletes e o Amarelle Santa Comba, con obxectivos distintos na 1ª Galicia
Con obxectivos distintos parten esta nova temporada os outros dos equipos costeiros en competición. Se o Fisober B segue fomentando a formación das súas rapazas, o Amarelle Santa Comba quere mellorar o seu 2º posto, e o título da Copa Provincial do ano pasado, e buscará o ascenso. As de Suso Yanes perden a Tati (marcha a Vigo por estudios) pero suman a Andrea e Alba ex-xogadoras do Villa de Cee. Por parte do Atletes, que comeza o curso con caras novas, sempre parte con moita ilusión.
A Liga non empeza ata o 30 de setembro.