Martes. 10.09.2024
El tiempo

Completo repaso á actualidade do baloncesto bergantiñán

Completo repaso á actualidade do baloncesto bergantiñán

Visitamos hoxe ás familias do Artai e do Xiria para ver como levan este comezo de temporada, esperando que o ACB Costa da Morte vaia collendo o pulso á competición.

Campaña de captación de socios da Escola Basket Xiria

O Basket Xiria captando socios co TitamenoTes

Despois do éxito da sesión de pequebasket na Praza do Concello, na que participaron arredor de 40 nenos e nenas, a Escola Basket Xiria continúa coa súa campaña de captación de abonados. Este domingo, aproveitando a celebración da feira, instalará un stand informativo na rúa Coruña dende as 11.00 ata as 14.00 horas.

O club dará a coñecer a campaña #titamenotes, que inclúe numerosas actividades e material promocional. Este ano, os novos soci@s recibirán como regalo unha camiseta coa pelota de baloncesto en forma de corazón que identifica a campaña. Os abonad@s terán tamén vantaxes á hora de adquirir o material promocional. Así, polas camisetas pagarán 10 euros e polas sudadeiras, 25; mentres que as persoas alleas ao club deberán aboar 15 e 30, respectivamente. As cotas anuais son de 30 euros para socio individual e 50 para socio familiar.

Os cadetes do Xiria, á Fase final da Copa Galicia

Basket Xiria cadetes en Lugo
  • Resultado: Estudiantes Lugo - Carballo Basket Xiria (65-69).
  • Basket Xiria: Cristian (11), Fidalgo (15), A.Gesto, Pablo (10), Anxo (8),Souto (7), Luciano, Adrián, Melini (10), Cotelo (8), López, Mato, Martín.
Basket Xiria na Copa Galicia

E no deportivo, a nova máis salientable é a clasificación do equipo cadete masculino para a Fase Final da Copa Galicia tras vencer por 65-69 ao Basket Lugo na cidade amurallada.

Foi Gran partido o disputado en Lugo, onde a boa actuación colectiva dos carballeses e o equilibrio entre a boa defensa e, esta vez, un bo ataque, permitiron aos nosos dar a sorpresa e levarse unha vitoria que lles permite acabar invictos e clasificados para a fase final da Copa. Desde o primeiro ataque, saíron os nosos convencidos das súas posibilidades e grazas ao acerto de Anxo e Enrique lograron irse por diante no marcador, aínda que ao final do primeiro cuarto, o resultado de 17 -19 daba imaxe da igualdade e o bo xogo de ambos equipos. No segundo cuarto, as dificultades en ataque aumentaron para os dous equipos e as canastras caían a contagotas; Carballo e Cotelo eran agora os anotadores, e o traballo de Luciano, Alex e Adrián en defensa axudaban a que o marcador chegase igualado ao descanso.

No terceiro cuarto, os nosos volvierona a estar acertados en ataque, e unha racha anotadora de Fidalgo permitía dominar o marcador con vantaxes de entre 4 e 6 puntos, que deixaban aberto o partido para o último cuarto (45-49). Nun igualadísimo final, o acerto de Cristian nos tiros libres e os seus roubos de balón, unidos ao descaro de Javi Souto, permitían contrarrestar o dano que Kabimba facía na nosa defensa. A falta de 3 segundos para o final, un tiro libre anotado por Fidi, tras un fallo dun triplo de Estudantes para empatar, sentanciaba o partido. Os dous equipos clasifícanse para a fase final da Copa, Carballo como campión de grupo e Estudantes como mellor 2º clasificado.

Completa fin de semana en Lugo para a Familia Artai

Copa Galicia Junior Masculino- Xornada 3

Artai Junior en Lugo
  • Resultado: ESTUDIANTES LUGO - C.B. ARTAI (83-67).
  • Parciais: 27-23, 45-40, 64-56 e 83-67.
  • CB ARTAI:Jorge 24(2T), Marcos 2, Sanchez 10, Moreira 5, Aitor 2 (INICIO), Manu, Dani, Jaime 2, Xabi 13, Melini 6 e Estany 3

Partido moi complicado o da mañá do sábado para os carballeses, contra o favorito a levarse a liga e a copa esta temporada, pero o partido estivo moi aberto ata o último cuarto, aparecendo alternativas no marcador constantes, cun gran Jorge Guillamet que soubo ler moi ben o partido repartindo xogo e asistencias a todolos seus compañeiros, aínda que non sempre se trasformaron en canastas, ata 11 tiros fáciles debaixo do aro se fallaron, e tamén soubo anotar cando o equipo o precisaba máis.

Tamén a recuperación de Carlos Sanchez parece unha realidade, unha gran noticia para este equipo. Os reforzos que dende o Xiria viñeron tamén o fixeron moi ben pese a sua xuventude, ata tres anos menos de idade.

Copa Galicia Infantil Masculino- Xornada 2

Artai Infantil en Lugo
  • Resultado: ESTUDIANTES DE LUGO LEYMA NATURA - C.B. ARTAI (63-48).
  • Parciais: 15-14 13-16 8-9 27-9.
  • CB ARTAI: Jose Miranda, Carlos (8), Edu (11), Manu (13), Juan Gonzalez (2), Juan Perez (2), Ruben (-), Manuel Abelenda (4), Pablo (1), Mario (5), Julio e Javi (2).

Partido apaixonante, intenso e combatido o vivido en Lugo. Chegaban os infantís como lideres trala vitoria ante Culleredo e Estudantes xogándose o pase á seguinte fase, que resultaría imposible si perdía.
As primeiras vantaxes foron visitantes, un gran Carlos, 2 canastras de 2 intentos de Manuel. Os carballeses melloraron (aínda máis) no segundo cuarto, que transcorreu pola mesma senda e que acabo cos xogadores do cole 2 arriba ao descanso.
Á volta de vestuarios, cos carballeses véndose con forzas e os de Lugo co medo a quedarse fóra, ningún dos dous equipos quixo perder. Moita intensidade defensiva, máis contacto e moitos fallos non forzados” pecharon este cuarto.
E último tempo con dous partes moi diferenciada. A primeira duro case 5 minutos e trataba dun Artai que aguantaba, xa moi mermado físicamente, e que chegaba un arriba a falta de 5.06 para o final. E unha segunda parte, e vai ser verdade que segundas partes non son boas, na que aos do cole acabar a gasolina, cruzóuselles un cable e Lugo xogou a pracer. As axudas non chegaban, o ataque tiña corazón, pero non razón e a garra en defensa non bastou.

”Moitas cousas que mellorar nos infantís do cole, a defensa ao xogador sen balón, a orde e o respecto de espazos en ataque, a responsabilidade individual e tamén no banquiño”, apunta Moreira, que ante todo, destaca “despregue de garra, vontade, corazón, intensidade e a concentración”.

Partido de preparación das cadetes

As Cadetes do Artai
  • Resultado: MARISTAS CORUÑA - C.B. ARTAI (54-42).

Partido amistoso das cadetes en Coruña ante, probablemente, o mellor equipo feminino da provincia na categoría. Primeiras vantaxes para o equipo do cole, que por físico foron baixando o ritmo ao longo do primeiro e segundo cuarto ata presentarse 15 abaixo ao descanso. Ben en ataque, como xa nos teñen afeitos estas xogadoras, lendo ben o xogo sen balón e anotando fácil.
Segunda parte coas do cole subindo algo a intensidade e recortando. Con presión a toda pista e 9 abaixo, a falta de 4 minutos, Nuria lévase un golpe na cella cando estaba no mellor momento do partido, e non pode volver a pista. As de Maristas aproveitan para dar un acelerón ata o 54-42 final.

Destacar a boa defensa e a orde en ataque das do cole, que con moita paciencia lograron facer fronte a un equipo máis maior e sobrado de altura; algo que falta ás nosas. E destacar o gran partido individualmente de Nuria (moitísimo criterio en ataque) e dunha brutal Paula que tanto tradeaba desde 6.75 o aro rival (3 triplos), como desde media distancia, como asistía ás súas compañeiras logo de grandes xogadas individuais; facendo gala dun talento e un liderado digno dunha gran xogadora.

”Pintan ben estas dúas xeracións de xogadoras (máis da metade son infantís) que cando se xuntan fan as delicias duns pais, que fin de semana tras fin de semana, están na grada apoiando ao equipo cadete feminino do club”, afirma o presi Joaquín Moreira.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios