Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Copa da Costa: Desgaste e pouca ilusión

Copa da Costa: Desgaste e pouca ilusión

Dezaseisavos da Copa da Costa 2012 e apenas hai un par de equipos con ilusión de levar un título histórico. Pero é que a acumulación de partidos está desvirtuando a senlleira Copa e máis a Liga, e moitos equipos non poden xuntar convocatorias e mesmo onces.

No deportivo non hou sorpresas. Venceron os de maior categoría e se cadra cómpre destacar a doble vitoria xalleira aos cadros malpicáns, a superioridade do Corme ante o canso Nantón tras 3 encontros seguidos, e a intención do Dumbría, que polo visto nestes primeiros compases de Copa, preséntase como un dos favoritos.

Estas son as crónicas dos choques desta volta dos Dezaseisavos da Copa da Costa 2012.

San Lorenzo - Corcubión (0-3)

  • SAN LORENZO: Recarey, Santi, Anxo, Quillo, Puñal, Antonio (Adri, min.55), Cachizo, Chucho, Marcos Bartolo, Jorge Pichel (Javi, min.75), Gabri (Fuentefría, min.60).
  • CORCUBIÓN: Andrés, Paulo (Alán, min.55), Sancho, José Atalaya, Papi, Gabri (Xabi, min.65), Edu, Conguito, Lourido, Mario, David de Muxía.
  • Goles: 0-1, min.5: Lourido; 0-2, min.15: Papi; 0-3, min.75: Edu.

Mereceu perder a eliminatoria o San Lorenzo ante un Corcubión que apretou moito e ata o último instante. Se na ida xa o partido non foi tan claro para os de Verdillo, nesta volta o Corcubión tivo na man un 4º tanto que lle daría o pase. I é o San Lorenzo saíu durmido e na primeira metade caeron dous goles pero puideron ser máis. Os de Nito pasaron coma unha ciclón por Verdillo, sobre todo na primeira con ocasións de David de Muxía, de Lourido e de Edu, con varios postes incluídos ademais de pedir dous penaltis. Na segunda o San Lorenzo centrouse máis e aguantou mellor as embestidas branquazuis.

Camariñas - Baio (0-1)

  • CAMARIÑAS: Pombo (Pablo, min.85), Alberto, Roi, Maikel, Diango, Moriño, Javi, Carlos (Nené, min.80), Brais, David (Yuyo, min.55), Juan oBello. Tamén:
  • BAIO: Guillermo, Matías, Iago, José Antonio, Ramón, Martín, Eloy, Bieito (Rubio, min.46), Alberto, Javi Suárez, Valentín.
  • Gol: 0-1, min.65: Javi Suárez.
  • Expulsión: Juan oBello por doble cartón por protestar.

Partido bonito, para ver, pero sen demasiada intensidade, pois a eliminatoria xa estaba sentenciada da ida para os locais. O Baio prantexou batalla e levou o partido cun tanto do de sempre, Javi Suárez.

Corme - Nantón (4-1)

  • CORME: Javi, Adolfo (Gonzalo, min.80), Alejandro, Jesus, Pandi, Brais, Juan, Adri (Diego, min.60), Yago (Chino, min.85), Lucas (Abel, min.75), Alejo (Lelo, min.65).
  • NANTÓN: Bonano, David, Eloy, Félix, Diego, Carlos, Fabio, José Luis (Juan, min.45), Luis, Manolo, Martín (Rubén, min.75).
  • Goles: 1-0, min.12: Juan; 2-0, min.22: Adri; 3-0, min.50: Alejandro; 3-1, min.60: Luis; 4-1, min.90: Diego.
  • Expulsión: o visitante David (min.75).

Era o segundo partido entre cabaneses e cormeláns, e a marea azul demostrou por que está loitando aí arriba. Así e todo foi un choque intenso, co Nantón indo a por todas. Juan, trigoleador na fin de semana, puxo por diante e pronto Adri metía o 2-0, que xa deixaba sen alento a un Nantón que o intentou todo o que puido. Pero a xuventude cormelá puido coa veteranía cabanesa, e máis xogando tantos partidos nestas poucas datas. Na segunda Alejandro sentenciaría e só Luís recurtaba pero sen demasiada ansiedade.

Independiente - Laxe (5-1)

  • INDEPENDIENTE: Upi, Jonathan (Efren, min.44), Yuni, Rubén, Carlos, Gustavo (Iván Lorenzo, min.54), Cholo, Suso, Roberto, Ivi e Jorge (Rafa, min.67)
  • LAXE: Illote, López, Oscar, Aarón, Rellán, Roi (Jacinto, min.60), Borja, Darío, Felipe, Samuel e Saleta.
  • Goles: 1-0, min.10: Yuni; 2-0, min.20: Yuni; 3-0, min.28: Yuni; 4-0, min.60: Cholo; 5-0, min.80: Iván Lorenzo; 5-1, min.82: López.

Non saíron concentrados ao campo os de Laxe e pronto encaixaron tres goles que xa deixarían a eliminatoria sentenciada. Na segunda metade os visitantes melloraron algo, pero as ocasións foron para os de Carballo que puideron endosarlle unha derrota máis abultada.

O Pindo - Cabana (1-3)

  • O PINDO: Juan Vilela, Diego Trillo (Angel Casais, min.80), Juan Fis, Alex, Eloy (Hipólito, min.10), Manolito, Bichiño, Diego León, Carlos Leis, Lolo (Bicho, min.3), Garrido.
  • CABANA: Añón, Eloy García, José, Marcos, Eloy Pereira, Rubén Rama, Sandro (Pancho, min.50), Diego, JOsiño (OScar, min.60), Jacobo.
  • Goles: 1-0, min.20: Garrido de penalti; 1-1, min.30: Josiño; 1-2, min.90: Eloy Pereira; 1-3, min.93: Oscar.
  • Lesións: Eloy e Lolo por bando local.

Ca eliminatoria xa sentenciada o Pindo loitou e puido levar algo máis de renda neste partido. E o loitou, pero non tivo sorte cara gol e dous goles no desconto decantaron o partido.

Dumbría - Club do Mar (5-1)

  • DUMBRÍA: Juan (Sergio, min.70), Ivan, Suso, Aaron Fernández, David (Tantan, min.45), Aarón López (Leo, mn.51), Riki (Luisete, min.61), Schuster, Cacho (Cocke, min.45), Yago, Luisito.
  • CLUB DO MAR: Iago, Alex, Luis, Rubén, Fran, Juan (Santi Silva, min.45), Jhonny, Jacobo, Bertín (Diego, min.75), Chapu, Vituco.
  • Goles: 1-0, min.20: Luisito; 2-0, min.60: Riki; 3-0, min.65: Schuster; 4-0, min.80: Luisito; 4-1, min.85: Vituco; 5-1, min.90: Aarón Fernández.

Probaturas no Club do Mar ante un Dumbría que non tivo piedade. E se ben na primeira metade o partido estivo igualado os locais macharon na última media hora ao campión da Liga da Costa.

Sofán - Porteño (5-1)

  • SOFÁN: Carlos, Adrián, Gustavo, Juanjo, Rabuñal, Eloy, Iván (Diego, min.60), Edu (Berti, min.75), Víctor, Jacobo (Manolo Varela, min.85), Abel.
  • PORTEÑO: Jimmy, Asier, Iago Sestayo, Pejo (Brais Grela, min.70), Gabi de Volvoreta (Oscar, min.65), Brais, Piti, Jorge (Tajes,m in.75), Cousillas, Ismael, Pirucho (Wii, min.60).
  • Goles: 0-1, min.20: Ismael; 1-1, min.27: Eloy á saída dunha falta; 1-2, min.40: Eloy; 3-1, min.51: Víctor; 4-1, min.80: Diego de penalti; 5-1, min,89: Abel.

Meteu o medo no corpo o Porteño na primeira metade con gol inicial de Ismael. Pero dúas xogadas a balón parado antes do descanso deron a volta ao marcador deixando a eliminatoria clara para os locais. Na segunda metade foron superiores os sofanistas ante un Porteño que se deixou levar.

Camelle - Cee (0-3)

  • CAMELLE: Purrúa, Manuel (Valiña, min.35), Carlos de Dido, Mauri, Adrián, Alvaro, René (Diego, min.70), Sergio (Buri, min.80), Jose (Juan Rubén, min.76), Barreiro e Mario (Alvaro Pantera, min.74)
  • CEE: Parroto, Ruben, Jorge, Berto, Julio, Angel, Piquero, Nico, Victor (Moncho min 58), Diego, Fer.
  • Goles: 0-1, min.15: Piquero; 0-2, min.55: Víctor; 0-3, min.65: Fer.

Partido sen moita intensidade na que saíu máis forte o Camelle, que deu unha boa imaxe, pero as súas chegadas eran sen demasiado perigo. Pouco antes do primeiro gol avisaba Jorge cun balón que engancha ao bordo da área pero sae desviado. Piquero marca o primeiro tras un bo pase de Diego. A defensa do Camelle deu moitas facilidades aos ceense con moitos erros que Angel, Víctor e Fer non son capaces de aproveitar. A mais clara para os locais un roubo de Sergio que despois de irse de Berto e Julio quere regatear a Parroto pero este saca unha gran man para roubarlle o balon dos pés. Un novo erro defensivo se o aproveitaba esta vez Víctor para marcar o 0-2 desde fóra do area e a porteria vacia. O terceiro gol, un bo pase de Piquero a Fer que o deixa só e fusila a Purrúa.
Partido sen máis, que parecía mais un amigable pola intensidade vista.

Corcoesto - Alcaián (2-3)

  • CORCOESTO: Siro, Miguel, Pablo, Javi, Germán, Longo, Couto (Edelmiro, min.46), Martín (Xabi, min.65), Miguel, Josiño e Héctor.
  • ALCAIÁN: Rizos, París (Portillo, min.75), Rubén, Pombo, Framil, Tote, Víctor Pazos, Víctor freire, Diego, Daviciño (Souto, min.80) e Roberto (Pichel, min.85)
  • Goles: 0-1, min.10: Tote; 1-1, min.15: Longo; 2-1, min.30: Héctor, de falta; 2-2, min.55: Rubén; 2-3, min.77: Daviciño.
  • Expulsións: Os locais Miguel (min.30), Javi (min.65) e Pablo (min.69), todos por dobre cartón amarelo.

Partido moi igualado que estivo condicionado pola dureza sancionadora do colexiado que expulsou a tres locais por dobre cartón amarelo. Os de Corcoesto din que o colexiado cormelán pode que lle pasara factura por outros partidos que xa lles arbitrou. O Alcaián soubo aguantar a presión de ver a un gol de darlle a volta a eliminatoria por parte dos de Corcoesto, pero na segunda metade déronlle a volta ao partido e clasificáronse sen problema para os oitavos.

Xallas - Buño (3-0)

  • XALLAS: Cheli, Isma, Luis Castro, Becerra (Iván Forjan, min.53), Rubio, Aleman, Rubén, Pio (Luis, min.84), Sebas, Brais (Ricardo, min.68), Oscar (Alexandre, min.63)
  • BUÑO: Toni, Eloy, Angel, Diego, Brais, Sanluis, Jorge, David, Miguel (Rubén, min.75), Elias (Juan, min.45), Ismael, Victor.
  • Goles: 1-0, min.13: Sebas a centro de Rubén; 2-0, min.35: Sebas; 3-0, min.88: Sebas
  • Expulsión: o local Ismael e o visitante Jorge xa no final.

Complicada estivo o pase dos xalleiros a Oitavos nun choque que se xogou o venres ás 21:00h tras decidir o horario ese mesmo día. O Buño chegaba con 2-1 da ida, e soñaban con superar a todo un Xallas de Preferente. Pero en fronte estaba Sebas, que como todos os verdes saíron a por todas. Dous tantos antes o descanso de Sebas deixaban a eliminatoria encarrilada pero o Buño tivo o empate e varias ocasións que non foi quen de aproveitar. Xa contra o final, Sebas sentenciou.

Cerqueda - Soneira (1-4)

  • CERQUEDA: Rubén, Rober (Bastón, min.49), Dani, Athu, Javi Pazos, Santi (Che, min.60), Maikel, Dieguito, Lorenzo (Cota, min.50), Dani Añón (Jorge, min.46) e You (Juanjo, min.53).
  • SONEIRA: Durán, Ferreiro (Iago, min.46), Martín (Chans, min.55), Fran de Urroa, Darío, Pichi, Mauro, Santi (Alberto, min.55), Brais (Javi, min.55), Vía (Pablo, min.46), Mayor.
  • Goles: 0-1, min.29: Vía; 0-2, min.48: Javi; 0-3, min.57: Mayor; 0-4, min.62: Javi; 1-4, min.83: Ché.
  • Partido "de guante blanco", moi cómodo para os soneiráns, cun Cerqueda máis pendentes da Liga e co Soneira ben metido no partido. Vía asinaba o 0-1 á media hora e o gol de Javi á saída do descanso acabou coa igualdade.

    Muros - Coristanco (2-1)

    • MUROS: Fabio (Brojo, min.85), Teo, Gael, Alberto, Marco, Gelo, Mayu, Adrián (Juan, min.65), Seso, Yanky (Fernando, min.80), Aitor.
    • CORISTANCO: Pombo, Aranton, Marcos, Luis, Adrian, Dani (Corral, min.60), Damian, Mayón, Benítez, Gonzalo, Pazos.
    • Goles: 0-1, min.20: Damián; 1-1, min.35: Mayu; 2-1, min.75: Sexo.

    Fácil billete para o Muros trala sentencia da ida, pero o choque non o tivo tan sinxelo, pois o Coristanco prantou cara. Ademais meteu o medo no corpo por medio de Damián, pero pronto Mayu empataba e deixaba case sentenciada a eliminatoria.

    Malpica - Santa Comba (1-0)

    • MALPICA: Suso; Charly, Marcos Amado, (Avelino, 68) Iago, Marco, Andrés, Neucha, (Pablo, 64), Rancaño, Charro, Tato, David Blanco.
    • SANTA COMBA: Pablo; Gelo, (Doro, 46), Agustín, (Jota, 46), Ángelo, Roberto Amoedo, Orlando Chinda, Pablo Baña, Noly, (Darío Capelo, 78), José Ángel, (Julián, 46), Óscar.
    • Gol: 1-0, min.30: Neucha de tiro raso.

    Nun apreto meteu o Malpica ao Santa Comba (demasiado relaxado) e mesmo mereceu polo menos levar a eliminatoria á prórroga. E iso que os laranxas, con máis forza levaron o peso do partido sobre todo na última media hora, Pero a primeira foi de cor local e os Neucha e David Blanco tiveron o segundo gol. Acabou o Malpica canso e o Santa Comba colleu o balón e tocou máis nos últimos instantes, e foi levando o partido sen demasiado perigo.

    Ponteceso - Fisterra (2-2)

    • PONTECESO: Diego, David, Fabián, Dani Pallas, Pablo Vázquez (Salva, min.75), Carlos Mato, Adrián Porteiro, Urbieta, Ramón, Alex, Toniño (Pitu, min.80).
    • FISTERRA: Joselu (Angel, min.80), Munitis, Roberto (Noé, min.60), Manuel Cartamil, Cote, Guardiola (Bruno, min.46), Cristian, Edu (, Mané, Dudo (Pablo, min.70), Tata.
    • Goles: 0-1, min.15: Adrián Porteiro; 1-1, min.35: Dudo; 1-2, min.77: Salva cun golazo dende o medio campo; 2-2, min.90: Tata de penalti.
    • Lesión: o fisterrán Edu cun pinchazo.

    Partido sen nada en xogo, con moitas reservas por ambos bandos, no que o Fisterra prantou cara ao Ponteceso. De feito, facendo un cómputo global da eliminatoria non foi superior o Ponteceso, pero a eficacia dos de Marco e a falta de intensidade do Fisterra foron detonantes do pase dos pontecesáns.

    Máis información

    Crónicas da semana

    Máis novas

    Fonte

Comentarios