Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Corme vibrou coa I Copa da Costa, a festa do FSF

Corme vibrou coa I Copa da Costa, a festa do FSF
Concello de Ponteceso FSF e Fisober FSF-Foto-DC Concello de Ponteceso FSF e Fisober FSF trala final da I Copa da Costa - Foto-DC

Fantástico o ambiente que se viviu no Pavillón Municipal de Corme para disfrutar da I Copa da Costa de Fútbol Sala Feminino. 250 espectadores vibraron cos 4 equipos costeiros (faltaron as Roxiñas de Lira por falta de efectivos), nesta estrea da competición organizada pola Asociación Deportiva Vidú.

Todos coinciden en que foi unha gran festa do deporte feminino costeiro, con deportividade absoluta entre todos os equipos, reencontros emotivos, amistade entre xogadoras de todos os equipos... Un exemplo de por onde teñen que ir os tiros.

Unha Copa que levou o Fisober, tras vencer na gran final ás anfitrionas do Ponteceso. Foi Ana Mouzo, capitana do Fisober FSF, a encargada de recibir o trofeo de campión de mans de Eva Lema, porteira do Burela e madriña da competición, mentres que Carmen Pérez, capitana do Concello de Ponteceso FSF, recibiría o trofeo de subcampión de mans de Pili Neira.
Martín Varela, presidente da Asociación Deportiva Vidú entregoulle ademais á muxiá na máxima categoría no Burela FSF, Eva Lema, madriña da I Copa da Costa de fútbol sala feminino, unha réplica dos trofeos, todos eles donados por Alfarería Aparicio de Buño.

Ana Mouzo e Eva Lema coa Copa da Costa FSF-Foto-Fisober Ana Mouzo e Eva Lema coa Copa da Costa FSF-Foto-Fisober  

1ª Semifinal: Concello de Ponteceso FSF - AD Atletes (9-2)

Concello de Ponteceso FSF na Copa da Costa-Foto-DC Concello de Ponteceso FSF na Copa da Costa-Foto-DC
  • Concello de Ponteceso FSF: Melani, Ana, Carla, Carmen e Zeltia (cinco inicial). Tamén xogaron: Elsa, Salomé, Chus, Martina, Noa e Isa.
AD Atletes na Copa da Costa FSF-Foto-DC AD Atletes na Copa da Costa FSF-Foto-DC
  • AD Atletes: Mariña, Sara, Ana, Bárbara e Antía (cinco inicial). Tamén xogaron: Marta, Alba, Sandra, Cris.
  • Goles: 1-0 m.1: Carmen; 1-1 m.4: Carla en propia porta; 2-1 m.6: Carla; 3-1 m.12: Chus; 4-1 m.23: Elsa (p); 5-1 m.24: Martina; 6-1 m.25: Carla; 7-1 m.25: Noa; 8-1 m.33: Salomé; 8-2 m.34: Bárbara; 9-2 m.35: Ana.
Concello de Ponteceso FSF - AD Atletes na Copa da Costa-Foto-DC Concello de Ponteceso FSF - AD Atletes na Copa da Costa-Foto-DC

Superioridade clara das pontecesás ante unhas xogadores esteiranas que aguantaron metidas no partido a primeira metade. Fíxose demasiado costa arriba para as visitantes o choque na segunda metade e as anfitrionas sentenciaron pronto o seu pase á final.

 

2ª semifinal: FSF Villa de Cee - Fisober FSF (0-4)

Vila de Cee FSF na Copa da Costa-Foto-DC Vila de Cee FSF na Copa da Costa-Foto-DC
  • FSF Villa de Cee: Carla, Alba, Adriana, María Dumbría e Andrea (cinco inicial). Tamén xogaron: Vanessa, Paula, María Lijó, Marta, Lucía e Serena.
Fisober FSF na Copa da Costa-Foto-DC Fisober FSF na Copa da Costa-Foto-DC
  • Fisober FSF: Leti, Ana, Fandiño, Mai e Inés (cinco inicial). Tamén xogaron: Noelia, Tamar, Nuria, Ale, Andrea Piroja e Antía.
  • Goles: 0-1 m.7: Fandiño; 0-2 m.16: Marta en propia porta; 0-3 m.22: Noe; 0-4 m.25: Noe.
FSF Villa de Cee - Fisober FSF na I COpa da Costa-Foto-DC FSF Villa de Cee - Fisober FSF na I COpa da Costa-Foto-DC

Pode que o ano que vén, tal e como van as cousas nas Ligas, estes dous equipos se enfronten na Liga Galega. E a igualdade foi total, máis do que demostra o marcador. Comezou o partido con moita intensidade por ambas partes pero as ocasións brillarían pola súa ausencia. Nestes primeiros minutos ningún dos dous equipos era quen de facerse co dominio do encontro, ata que no primeiro achegamento de perigo, Fandiño poñía o 0-1 ao transformar un libre directo.

O gol deulle ás ás vimiancesas que marcaron antes o descanso, e malia que as ceenses avisaron, non conseguirían empatar, e nada máis volver dos vestiarios, Noe sentenciaba con dous gole.

 

Final: Concello de Ponteceso FSF Fisober FSF (1-3)

  • Concello de Ponteceso FSF: Melani, Ana, Sandra, Carmen e Zeltia (cinco inicial). Tamén xogaron: Elsa, Noa, Chus, Martina e Carla.
  • Fisober FSF: Leti, Ana, Mai, Noe e Inés (cinco inicial). Tamén xogaron: Fandiño, Andrea Piroja, Tamara, Ale e Antía.
  • Goles: 0-1 m.9: Elsa en propia porta; 0-2 m.24: Noe; 0-3 m.31: Fandiño; 1-3 m.39: Chus.
Concello de Ponteceso FSF -Fisober FSF na final da Copa da Costa FSF-Foto-DC Concello de Ponteceso FSF -Fisober FSF na final da Copa da Costa FSF-Foto-DC

Ambientazo o que se puido vivir no pavillón municipal de Corme para vivir a primeira final da Copa da Costa de fútbol sala feminino. Ponteceso e Fisober saltaron a pista en busca do primeiro título de campión da Copa da Costa de fútbol sala feminino e fixérono ante uns 250 espectadores que abarrotaron as bancadas do pavillón cormelán. Ambas afeccións acudiron cos seus respectivos bombos e fixéronse escoitar nos corenta minutos do partido sen deixar de animar aos seus nin un segundo.

No que respecta ao futbolístico, a igualdade foi a tónica predominante nos primeiros instantes do encontro a pesares de que ambos conxuntos tiveron ocasións para poñerse por diante. Avisaba primeiro o Ponteceso pero pronto respostaba o Fisober cun pouco de fortuna. De novo o gol sentoulles ben ás de Fran Toba, que puideron ampliar a renda antes do descanso. Pero reaccionaron as locais e fixeron esforzarse a Leti para evitar o empate nuns minutos finais do primeiro tempo que eran de ida e volta.

Comezaba a segunda metade con outro gol de Noe, que fixo dano ás pontecesás. Baixou o ritmo ata que as de Curro subiron unha marcha e tiveron o 1-2 moi preto de non ser porque Ana salvou na liña de gol. E do posible 1-2 pasaríase ao 0-3 logo de que Fandiño salvase a saída de Melani para marcar a pracer. Ese tanto e un par de intervecións de Leti permitiron ás do Fisober erguer o título de campión da I Copa da Costa de fútbol sala feminino, coa espectacular Peña Marea Nejra, que non deixou de animar ás súas en ningún momento.

Ademáis, a A.D. Vidú anunciou a creación da selección da Costa de fútbol sala feminino e dende a ente organizadora intentará que este combinado se enfronte a equipos de Primeira División coma o Burela Pescados Rubén, o Cidade das Burgas, ou o Ourense Envialia, entre outros.

O Fisober campionas da I Copa da Costa de FSF 2016 O Fisober campionas da I Copa da Costa de FSF 2016  

Máis información

Crónicas da temporada

Outras novas do FSF

Fonte

Comentarios