Da carta de liberdade nas categorías inferiores
Esta semana chegounos unha denuncia dun pai corcubionés residente en Tenerife. Aló vive coa súa familia sempe cun ollo na nosa Costa da Morte, e cada verán volve a Corcubión, a súa terra. A típica vida de emigrante, marcada, nestes tempos, pola loita da liberdade do seu fillo.
Non é que estea preso, é que non pode xogar ao fútbol pola decisión do seu club de non outorgar a carta de liberdade a un grupo de xogadores. Unha práctica que nos pode ser coñecida pola Costa, onde máis dunha vez as disputas por xogadores, mesmo de categorías inferiores teñen esquecido que falamos de rapaces, mozos que o único que queren é xogar ao seu deporte favorito, máis alá de escudos, camisetas ou historias.
Evaristo Caamaño xa presentou unha denuncia contra o Club Atlético Chenet de Tenerife por non permitir que o seu fillo, Fran, de 16 anos, fiche por outro club. Non lle outorgan a carta de liberdade, segundo nos explican dende o club isleño, “porque a nosa política ao respecto é non autorizar o traspasdo de xogadores en bloque a outro club”. Son varios os compañeiros que como Fran, pediron marchar ao Buzanada CF, pero dende o Chenet se propuxo que tería a liberdade para ir a calquera outro club, pero que “se ínsistía en ir ao Buzanada, ao ir en bloque, ofrecíamoslle xogar ata Nadal con nós e despois podería marchar”.
Mentres, o malo que é a peor parte a paga o rapaz, que estes meses está sufrindo graves trastornos no seu comportamento. De feito, xa ten ido ao psiólogo de urencia, quen recomenda, que pola súa condición clínica, se realice unha mediación entre club e familia.
Esperemos que volva a cordura e poida volver despistarse nun campo de fútbol.
Novas relacionadas
- Farase finalmente o Curso de Adestradores Nivel 1 en Carballo.
- Comeza a carreira electoral da Federación Galega de Fútbol.
- A Escola de Tecnificación do At. Madrid volve abrir as súas portas.
- Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival.
- Lista dos pichichis da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).